Fontán, pazo de

Fontán, pazo de

Construción situada en San Vicente de Mañufe (Gondomar). Ten planta en forma de L, produto dos sucesivos engadidos, e dúas alturas. Conserva unha solaina á que se accede por unha escaleira e un patín sen varanda nin tellado. Mantén unha capela de planta rectangular. Está rodeado dun muro. Pegada á capela sitúase a porta de acceso, onde destaca un brasón partido cos escudos de armas dos Acuña e Castro.