Fontán Rodríguez, Domingo
Xeógrafo, matemático e político. Na Universidade de Santiago de Compostela doutorouse en Teoloxía en 1812 e en Artes en 1814; tamén obtivo o grao de bacharel en leis e canons. Na universidade compostelá foi profesor de retórica, lóxica e matemáticas, ata que en 1818 gañou a cátedra desta última especialidade. En 1817 comezou a traballar na Carta Geométrica de Galicia, que rematou en 1834 (aínda que a impresión do mapa demorouse ata 1845). A súa actividade política liberal levouno a ser procesado pola Real Audiencia en 1814; en 1815 restituíronlle os seus dereitos. Adherido ao levatamento de 1820, foi secretario da Deputación Provincial de Galicia. En 1825 sufriu novas represalias políticas, que cesaron en 1826. En 1834 obtivo a cátedra de Física, Mecánica e Delineación na Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago. Co cambio de réxime foi nomeado director do Observatorio Astronómico de Madrid e catedrático da Escuela de Ingenieros Geógrafos. Entre 1836 e 1844 foi deputado en Cortes. Retirado da actividade política, regresou a Galicia e presidiu a Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago. Os seus restos están sepultados no Panteón de Galegos Ilustres.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Porta do Conde, Portas -
Deceso
Lugar : Cuntis