"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á fotoorganotrofia ou aos fotoorganótrofos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao organismo que presenta fotoorganotrofia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plano fotográfico elaborado reunindo fotografías aéreas, que foron previamente reducidas utilizando unha mesma escala (ortofotoplano).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Transistor previsto para que se accione por luz. É similar a un transistor bipolar, no que a polarización da función base-emisor se pode modificar mediante un feixe de fotóns; estes, ao incidir na rexión da base, xeran parellas electrón-buraco, que producen un aumento da polarización emisor-base; por efecto transistor, obtense un considerable aumento da corrente de colector.
-
PERSOEIRO
Físico. Estudiou medicina e física experimental. Traballou no Observatorio de París e na Oficina de Pesos e Medidas. Determinou a velocidade da luz, demostrou que esta é maior no aire que na auga, e construíu o péndulo que leva o seu nome para demostrar o movemento de rotación da Terra. Inventou o xiroscopio para coñecer a dirección do meridiano do sitio sen necesidade de observacións magnéticas (1852). Construíu un prisma, denominado de Foucault, e un sistema óptico de superficies esféricas moi simples para telescopios de reflexión con espello de vidro prateado. Perfeccionou un regulador automático para luces de arco voltaico. Foi membro das academias de París e Berlín e da Royal Society de Londres. En 1855 recibiu a medalla Copley pola demostración experimental do movemento de rotación da Terra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo. No ano 1731 ideou un novo sistema para presentar os datos que aparecen nas táboas astronómicas, moito máis práctico co sistema que se empregaba ata o seu tempo. Tamén elaborou un novo método para a observación dos pasos de Mercurio diante do Sol. Introduciu o concepto de tempo solar medio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor francés. Viviu en Roma (1443-1447), onde coñeceu a perspectiva de L. B. Alberti e pintou o retrato do Papa Uxío IV. En 1448 volveu a Tours e dende 1450 traballou para os reis Carlos VII e Luís XI e as súas cortes. Realizou pintura sobre táboa, entre as que destacan Diptyque de Melun (1450?) e Guillaume Juvénal des Ursins (1460?). Iluminou, entre outros manuscritos, Heures d’Etienne Chevalier (1450), Les Grandes Chroniques de France, Antiquités judaïques (1474?) de Flavio Xosefo, e o Status de l’Ordre de Saint-Michel.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio das funcións que ten por finalidade expresalas mediante unha serie ou unha integral na que interveñen as funcións trigonométricas. O fundamento desta técnica matemática é a que se denomina, ás veces, teorema de Fourier. Toda función periódica f(x), continua ou, como máximo, cun número finito de discontinuidades finitas, pódese expresar mediante unha serie trigonométrica, que se coñece como serie de Fourier da, ou asociada á, función f(x). O número ω é a pulsación fundamental da serie de Fourier de f e é igual á pulsación, ou frecuencia angular, de f, é dicir, ω=2π/T, onde T é o período de f. O primeiro termo da serie de Fourier de f, termo que corresponde ao valor n=1 do índice de sumatorio, chámase harmónico fundamental (ou primeiro harmónico ou harmónico de orde 1); os outros termos son os seus harmónicos (os harmónicos do fundamental); por exemplo, o termo que corresponde...
-
FILOSOFOS
Filósofo e economista francés. Encadrado na corrente do socialismo utópico, elaborou un sistema social fundado nos falansterios, comunidades de persoas en réxime de cooperativa de produción e consumo. Propugnou a creación dunha sociedade, onde os homes fosen libres de todas as forzas que lle teñen limitado o exercicio das propias posibilidades e o desenvolvemento completo da personalidade; e o amor libre, posto que consideraba que a familia e o matrimonio eran institucións oprimentes. Malia ter defendido unha reforma da sociedade, defendeu a monarquía, pois non impedía a posta en práctica de ningún dos cambios propostos. Considérase como un dos precursores do cooperativismo actual. Entre as súas obras máis importantes cómpre destacar Théorie des quatre mouvements et des destinées génerales (1808), Théorie de l’unité universelle (1822) e Le nouveau monde industriel et sociétaire (1829).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático e físico. Dedicouse á arqueoloxía durante a expedición que fixo con Napoleón a Exipto. No campo da física destacan os seus estudios sobre a propagación da calor. Froito deste traballo foi o desenvolvemento das series matemáticas que levan o seu nome e que constitúen a base da análise harmónica. Publicou Théorie analytique de la chaleur (Teoría analítica da calor, 1922).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Anarquista. Directivo da Asociación Continental Americana de Trabajadores (ACAT), foi expulsado de diversos países americanos, aos que emigrara, polas súas actividades sindicais. Recalou na Coruña a finais de 1933, coincidindo coa folga da construción para a que acadou numerosos apoios en América. Reorganizador da FAI coruñesa e fundador do seu voceiro Brazo y Cerebro, exerceu unha considerable influencia sobre as Juventudes Libertarias herculinas. Agochado tralo golpe militar de 1936, foi descuberto e asasinado polos franquistas cando tentaba a reorganización dos grupos anarquistas na clandestinidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Brazo da badía de Hudson, entre a península de Melville e a illa Southampton, no O, e a península de Foxe, situada na illa de Baffin, ao L.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Foz. Construída no s XVIII, as remodelacións que sufriu modificaron a planta de tres naves con cruceiro. A nave principal ten tres tramos e as laterais dous; a capela maior ten cuberta de madeira decorada con pinturas do s XIX. No interior destacan o retablo maior, construído en estilo rococó a finais do s XVIII con imaxes e escenas referidas á vida do Apóstolo Santiago, e a mesa do altar, feita en granito coa representación de Cristo cos apóstolos nunha barca vestidos con traxes mariñeiros. Na fachada destaca o pórtico, formado por tres arcadas e cuberto cunha bóveda de aresta, sobre o que se erixiu a torre, composta por tres corpos: o inferior é macizo e acolle o reloxo, o central ten unha balaustrada e acolle as campás e o superior adopta a forma dunha pequena cúpula.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Fradelo (Viana do Bolo). Ten planta rectangular. Na fachada principal sobresae a fornela coa imaxe dun santo enmarcada entre dúas pedras de armas que aluden aos Salgado, Blancos e Noboas, por unha banda, e aos López Gayoso, pola outra.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Estrada. Doada polo arcebispo Xelmírez ao mosteiro de San Martiño de Santiago no s XII, ten planta dunha soa nave dividida en tres tramos e ábsida rectangular, cubertas as dúas con bóveda de canón reforzadas por arcos. O arco triunfal é semicircular e dobrado e de sección rectangular; apóiase en columnas con capiteis decorados: no esquerdo represéntase unha figura humana de pé sobre o astrágalo e o dereito ten decoración vexetal. No tímpano da porta N consérvase unha inscrición coa data de 1171.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Fillo de galego e de vasco-francesa, pasou un breve período da súa infancia en Cuba, de onde regresou aos catro anos. Iniciou os estudios de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1939 e continuounos na Universidad Complutense de Madrid. Acadou a licenciatura en 1944 e doutorouse coa tese Luis de Molina y el derecho de guerra. Tamén se licenciou en Ciencias Políticas e Económicas pola Universidad de Madrid. Rematados os seus estudios universitarios optou por presentarse a oposicións, nas que acadou o número un da súa promoción; no ano 1945 ingresou no Corpo de Letrados das Cortes Españolas e dous anos máis tarde na Escuela Diplomática; posteriormente gañou a cátedra de Dereito Político da Universitat de València (1948) e a de Teoría do Estado e Dereito Constitucional da Universidad Complutense de Madrid (1953), que ocupou ata a súa xubilación como docente en 1987. Principiou a súa actividade política oficial en 1951 como secretario xeral do Instituto de...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Biólogo e historiador das ciencias. Catedrático de Bioloxía e Xeoloxía de Ensino Secundario. Pioneiro do movemento ecoloxista en Galicia na década de 1970. Dende principios da década de 1980 céntrase no estudo da Historia das Ciencias, e coordina o Grupo de Traballo Interdisciplinar Ramón María Aller de Historia das Ciencias e das Técnicas dende 1987. En 1994 pasa a dirixir, e posteriormente codirixir, a publicación Ingenium, do Seminario de Estudos Galegos, e en 1995 entra no consello de redacción da revista Llull, publicada pola Sociedad Española de Historia de las Ciencias y de las Técnicas. Publicou numerosos artigos sobre ensino e historia das ciencias e coordinou o Dicionario Histórico das ciencias e das técnicas de Galicia (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Albeos (Crecente). Tivo dereito de asilo. Ten planta en forma de U con dúas alturas. Nunha das ás laterais consérvase a torre cunha garita na esquina. O patio é rectangular e péchase por unha porta que conserva un escudo e unha inscrición coa data de 1706.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada pola asociación Hijas de Galicia de La Habana entre o 1 e o 31 de xullo de 1931. Incluíu información societaria, artigos e traballos dirixidos ás mulleres e colaboracións literarias.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Campo Lameiro. De orixe románica (s XII), só conserva a fachada pois o resto da construción foi remodelada. A portada principal está formada por unha dobre arquivolta sostida por columnas cos capiteis decorados: un home loitando cun animal, un home en crequenas, un animal atacando unha serpe e unha cesta con motivos vexetais. No tímpano represéntase a un bispo, que sostén na man esquerda un báculo mentres bendí coa dereita, flanqueado por dous cegos que portan un libro e unha cruz.
VER O DETALLE DO TERMO