"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

    1. En dirección oposta á inclinación natural do pelo.

    2. En contra da tendencia xeral ou do desenvolvemento normal dunha acción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • No encaixamento de caixa e espiga, moldura inversa tallada na base da espiga que, ao axustala coa da peza que leva a caixa, resulta unha unión perfecta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tallar unha madeira de xeito que o seu perfil en baleiro se corresponda exactamente co perfil en relevo da madeira na que vai ser encaixada, para que a moldura non perda continuidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conseguir que algo manteña o equilibrio usando un ou varios contrapesos.

    2. Pesar algunha cousa por segunda vez para ratificar o seu peso.

    3. Contrarrestar un efecto producindo outro en sentido contrario.

    4. Facer de contrapeso.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Peso aplicado en oposición a outro e obxecto que exerce esa oposición.

      2. Masa destinada a diminuír ou anular a acción dunha forza sobre un elemento mecánico. Ten aplicación, por exemplo, nos ascensores para equilibrar o peso da cabina e aforrar potencia do motor.

      3. Exceso de materia que se deixa ou se engade ao mecanizar certas pezas oscilantes ou xiratorias, para fixar a posición do seu centro de gravidade en estado de repouso ou en movemento, ou para contrarrestar a acción de certos órganos.

      4. Acción coa que a tripulación dunha embarcación se posiciona, colocando o corpo o máis ao exterior posible, coa intención de contrarrestar unha inclinación do barco demasiado pronunciada. Para tal efecto, os tripulantes pódense axudar dunha táboa de contrapeso, dun trapecio ou dunhas correas. Existen embarcacións de competición provistas duns asentos articulados sobre un brazo longo e destinados a que o tripulante poida colgarse cara ao exterior. Nas embarcacións deportivas de regatas de altura está prohibido e os tripulantes deben permanecer no interior da borda.

    1. Aquilo que compensa unha carencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento cinematográfico que consiste en colocar a cámara a un nivel máis baixo ca o obxecto filmado, dirixíndoa cara a arriba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saínte que se fai no paramento dun muro a ambos os dous lados dunha pilastra ou dunha columna pegada a el.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situar unha peza de madeira enriba doutra de xeito que queden cruzadas as súas fibras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento cinematográfico que consiste en mostrar un plano de dimensións iguais e simetricamente oposto ao anterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polea que xira de forma independente da árbore sobre a que está montada e que se emprega para guiar ou tensar unha correa ou un cable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Opoñer unha cousa a outra para evitar a súa acción.

    2. Examinar á vez dúas cousas diversas para confrontalas ou establecer as súas diferencias.

    3. Ser opostas dúas ou máis cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porca de reforzo que se coloca sobre outra para evitar que se solte o parafuso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Segunda porta que se coloca diante da xa existente, por exemplo na entrada dunha casa ou nun cuarto, que se emprega como protección fronte ao frío exterior.

    2. Porta interior dunha fortaleza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte posterior dunha publicación.

    2. Páxina seguinte á portada, na que se imprimen xeralmente os requisitos legais dun libro, o copyright, o pé de imprenta ou outros datos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de contrapoñer ou contrapoñerse.

    2. Relación entre cousas contrapostas.

    3. Procedemento indirecto para efectuar a conversión dunha proposición particular negativa. Un exemplo sería: Algúns animais non son capaces de voar; algúns animais son incapaces de voar; logo algúns seres incapaces de voar son animais.

    4. Oposición de tons de cor para conseguir unha diferenciación entre as figuras, os planos ou outros elementos compositivos dunha representación pitórica. Empregouse moito na pintura dos ss XVII e XVIII.

      1. Nunha representación heráldica, alteración dalgunha das características dunha peza, escudo ou figura, respecto das consideradas como simples ou primitivas, coa finalidade de crear cos elementos resultantes unha determinada oposición.

      2. contraposición de medias figuras

        Nunha partición dun campo, oposición obtida colocando cada unha das metades dunha figura desprazadas tanxencialmente respecto da liña do partido, o cortado, o trinchado ou o truncado, unha nunha partición e a outra na oposta (contrapartido, contracortado, contratrinchado e contratruncado).

      3. contraposición por desprazamento

        Oposición que resulta de desprazar lonxitudinalmente un dos dous perfís dunha peza. A finalidade é que resulten simetricamente opostos, se orixinariamente eran asimétricos (contraentado, contrafloronado, contraamosegado, contranubrado, contraondeado e contrapotenzado), ou viceversa (contraacanalado, contrabretesado, contraengrelado e contrademoucado).

      4. contraposición por desprazamento de esmaltes

        Nos forros heráldicos potenzados veiro e veirado, oposición das potenzas de igual esmalte ou das pezas de veiro, respectivamente, dúas a dúas, polas súas bases (contrapotenzado e contraveirado).

      5. contraposición por inversión

        Oposición que resulta de invertir a colocación de esmaltes (contraarmiños), de elementos (contraflordelisada, contrapalmado) ou do sentido de paso (contrapasante).

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de contrapoñer ou contrapoñerse e contrapor ou contraporse.

    2. Aplícase á representación de dous mobles iguais que se colocan opostos e invertidos un respecto do outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oposición harmónica das partes do corpo, en especial das que se atopan en movemento ou tensión mentres as simétricas están en repouso. Michelangelo Buonarroti foi un dos seus máximos cultivadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presión superior á atmosférica mantida á saída de certas máquinas de vapor destinadas a producir simultaneamente forza motriz e calefacción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prestación coa que cada parte contratante corresponde á outra parte.

    VER O DETALLE DO TERMO