contraposición
(
-
s
f
Acción e efecto de contrapoñer ou contrapoñerse.
Ex: Existe unha clara contraposición entre as ideas propostas polos dous candidatos.
Sinónimos: comparación, confrontación. -
s
f
Relación entre cousas contrapostas.
Ex: A contraposición de ideais é unha práctica habitual en democracia.
Confrontacións: contraste, diverxencia, oposición. -
s
f
[FILOS]
Procedemento indirecto para efectuar a conversión dunha proposición particular negativa. Un exemplo sería: Algúns animais non son capaces de voar; algúns animais son incapaces de voar; logo algúns seres incapaces de voar son animais.
-
s
f
[PINT]
Oposición de tons de cor para conseguir unha diferenciación entre as figuras, os planos ou outros elementos compositivos dunha representación pitórica. Empregouse moito na pintura dos ss XVII e XVIII.
-
[HERÁLD]
-
s
f
Nunha representación heráldica, alteración dalgunha das características dunha peza, escudo ou figura, respecto das consideradas como simples ou primitivas, coa finalidade de crear cos elementos resultantes unha determinada oposición.
-
contraposición de medias figuras
Nunha partición dun campo, oposición obtida colocando cada unha das metades dunha figura desprazadas tanxencialmente respecto da liña do partido, o cortado, o trinchado ou o truncado, unha nunha partición e a outra na oposta (contrapartido, contracortado, contratrinchado e contratruncado).
-
contraposición por desprazamento
Oposición que resulta de desprazar lonxitudinalmente un dos dous perfís dunha peza. A finalidade é que resulten simetricamente opostos, se orixinariamente eran asimétricos (contraentado, contrafloronado, contraamosegado, contranubrado, contraondeado e contrapotenzado), ou viceversa (contraacanalado, contrabretesado, contraengrelado e contrademoucado).
-
contraposición por desprazamento de esmaltes
Nos forros heráldicos potenzados veiro e veirado, oposición das potenzas de igual esmalte ou das pezas de veiro, respectivamente, dúas a dúas, polas súas bases (contrapotenzado e contraveirado).
-
contraposición por inversión
Oposición que resulta de invertir a colocación de esmaltes (contraarmiños), de elementos (contraflordelisada, contrapalmado) ou do sentido de paso (contrapasante).
-
contraposición por iteración
Operación que resulta de duplicar o cuarteado dun campo nun ou en máis dos seus cuarteis (contracuarteado) ou de duplicar o reberetado dunha peza e, xeralmente, alternando os esmaltes (contrarreberetado).
-
contraposición por oposición de esmaltes
Nun escudo de faixas ou paos, con bordo componado ou escacado, oposición dos seus esmaltes cos contidos do bordo respectivos (contracomponado e contraescaqueado ou contraaxadrezado). Pódese dividir unha peza en dúas metades, unha de metal e a outra de cor (contrabanda, contrabarra, contrabarriña, contrabastón, contracinta, contracotiza, contrafaixa, contralista, contrapao, contraverxa, contrachevrón e contrachevronado), ou ben cubrir un campo, dunha peza ou dunha figura con algunha das contraposicións do grupo anterior (contrabandado, contrabarrado, contracintado, contracotizado, contrafaixado, contralistado, contrapaoado, contraverxado e contracabriado). Pódese dividir tamén, pola metade, os escudos abrazado, calzado e capado, alternando os compartimentos resultantes (contrabrazado, contracalzado e contracapado).
-
s
f
Refráns
- Cando a carballeira zoa, ao pe do lume sabe ben a boroa.