"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa norteamericana fundada en 1901 en Nova York como resultado da fusión de 65 empresas. O seu obxectivo era monopolizar toda a actividade norteamericana da embalaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade de químicos dos EE UU convertida na máis importante do mundo polo número de membros e pola calidade e difusión das súas publicacións (entre outras: Analytical Chemistry, Journal of the ACS e Chemical Abstracts).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa norteamericana fundada en 1908, dedicada á obtención de cianamida cálcica e, dende 1916, á fabricación de produtos químicos derivados. Situada nas cataratas do Niágara, utiliza a súa forza motriz como fonte de enerxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade de investigación económica fundada nos EE UU en 1885 por un grupo de economistas novos (entre os máis destacados figuran R.T. Ely, E. Seligman e H.C. Adams), decididos a renovar o pensamento económico do país, estancado nos tempos finais da ortodoxia clásica. Influída pola escola histórica alemana, adoptou nunha primeira etapa unha tónica vagamente socialista e reformista, que perdeu rapidamente ante a influencia do denominado Marxinalismo, representado por John Bates Clark, e adoptou posteriormente unha oposición ecléctica e aberta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista norteamericana de periocidade trimestral fundada en 1911 como voceira da American Economic Association.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Axencia de viaxes norteamericana fundada en 1850. En 1890 iniciou a fórmula de cheque de viaxes. Exerceu un papel importante na Primeira e na Segunda Guerra Mundial coa repartición de paquetes destinados ás frontes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación de sindicatos obreiros norteamericanos fundada en 1955 ao se fusionaren o AFL, fundado no 1886 por Samuel Gompers, e o CIO, escisión (1935) do AFL dirixida por John Lewis. É a central sindical norteamericana máis importante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución norteamericana fundada en 1852 en Nova York como centro de investigacións e que ten como obxecto recompilar e distribuír os coñecementos xeográficos. Entre as súas publicacións cabe mencionar Geographical Review, Focus e Current Geographical Publications, ademais de coleccións de mapas e atlas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terras altas do altiplano Antártico que flanquean parte do L do continente (2.286 m).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade de científicos e técnicos dedicados á tecnoloxía aeroespacial e materias afíns, con sede en Nova York. Fundada no ano 1963 como resultado da fusión da American Rocket Society e do Institute of Aerospace Sciences. É a asociación máis importante dedicada á astronáutica. Entre as súas publicacións destacan: Astronautics and Aeronautics, AIAA Journal, Journal of Aircraft e Journal of Spacecraft and Rockets.
-
VER O DETALLE DO TERMO
American Rocket Society.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación profesional de bibliotecarios fundada no ano 1876 coa finalidade de promover o movemento de bibliotecarios nos EE UU. Publica gran parte da bibliografía profesional mundial e un gran número de publicacións periódicas, entre elas o ALA Bulletin.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en 1743 en Filadelfia (EE UU) por Benjamin Franklin “para a promoción dos coñecementos útiles”. É a academia máis antiga dos EE UU e está dividida nas seccións de ciencias exactas, ciencias naturais, ciencias sociais e ciencias humanas en xeral. Concede o Magellanic Premium.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade norteamericana dedicada a fomentar a propulsión por foguetes espaciais, a astronáutica e as ciencias afíns. Fundouse no ano 1930 en Nova York co nome de American Interplanetary Society. O nome de American Rocket Society adoptouse oficialmente no ano 1934 e mantívose ata o comezo de 1963 ao se fusionar co Institute of Aerospace Sciencies e crear a American Institute of Aeronautics and Astronautics.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Código empregado para representar todos os caracteres alfanuméricos, signos de puntuación e outros caracteres de control, por medio de 8 díxitos binarios. A táboa, empregada nos ordenadores persoais, dispón de 256 caracteres.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade norteamericana fundada en 1885, con domicilio en Nova York. Está especializada no campo da electrónica e das súas aplicacións industriais.
-
CIDADES
Cidade do estado de San Paulo, no Brasil, á beira do río Piracicaba, ao N de San Paulo (121.794 h [1980]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Afecto ás cousas de América.
-
Costume ou maneira de pensar característico de América.
-
Movemento propagado ao final do s XIX entre os católicos americanos con vistas a adaptar a vida da igrexa aos ideais da cultura do tempo. O seu iniciador, Isaak Thomas Hecker (1819-1888), poñía énfase nas virtudes activas sobre as pasivas. O Papa León XIII condenou esta tendencia, logo desaparecida, na Carta Apostólica Testem benevolentiae ao Xeneral Gibbons (1890).
-
-
Palabra ou expresión orixinaria dunha lingua indíxena de América que se introduce noutra lingua. O arauaco, o caribe, o nahuatl e o quechua son as linguas prehispánicas que, a través do castelán, forneceron máis palabras ás linguas europeas occidentais. No galego, por exemplo, introducimos americanismos como hamaca e caoba que coinciden graficamente co catalán e co castelán; noutros casos, adaptamos eses americanismos ao noso sistema fonético: furacán e enaguas.
-
Palabra ou expresión que se introduciu nas linguas europeas faladas en América sobre todo cando trascenden á lingua culta local ou mesmo ao uso do país europeo orixinario.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa versada en cousas relativas a América, como a historia, a arqueoloxía, a etnoloxía, etc.