"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • PERSOEIRO

    Dominicano. Exerceu tarefas de evanxelización en Exipto, onde sufriu persecucións e cadea. Foi bispo de Marrocos. Escribiu Vida de San Macario e Contra los malos médicos, e traduciu do árabe a Vida de Santo Antonio Abad, Historia de José e Disputa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bondade natural aliada á simplicidade de maneiras.

    2. Calma e sosego no xeito de actuar e de falar. OBS: A grafía n representa o son n velar [?].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • pataca doce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Bonifás Familia de escultores activos en Catalunya durante os ss XVII e XVIII. Lluís Bonifaç o vell (Marsella ? - Riudoms 1696), estableceuse en Barcelona xunto co seu pai Francisco. É o autor do sant Pau do patio da Casa da Convalescéncia (1678) e das imaxes do retablo de Santa Magdalena da Catedral de Barcelona (1688). O seu fillo Lluís Bonifaç i Sastre (Barcelona 1683 - Valls 1765), coñecido como Bonifaci, foi discípulo de Llàtzer Tramulles o maior, tesoureiro da confraría de escultores de Barcelona. É autor de numerosos retablos entre os que destaca o de sant Marc en Valls. O seu fillo Baltasar Bonifaç i Anglés (Valls 1709-1747) foi escultor e pintor. Lluís Bonifaç i Massó (Valls 1730 - 1786), fillo do anterior, foi académico de mérito da Academia de San Fernando, moi destacado no Barroco. Entre as obras conservadas salientan a figura xacente de sant...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Bonifaz de Genua Trobador do que se conservan dezanove textos que se insiren no lirismo provenzal e dous en lingua galego-portuguesa. Malia non existir ningún tipo de documentación que proporcione datos da súa vida, a crítica especializada identifícao co xenovés Bonifaci Calvo que estivo na corte castelá de Afonso X o Sabio nos primeiros anos do seu reinado e que chegou á Península Ibérica co embaixador Nicolao Calvo, diplomático coñecido porque en 1251 conseguiu que o Rei Fernando III consentise o asentamento dunha colonia de xenoveses en Sevilla. Esta identificación vén confirmada por algunhas das composicións transmitidas nos cancioneiros provenzais: en catro dos seus poemas menciona con eloxio a figura de Afonso X e, ademais, na corte deste Rei escribe, entre 1253 e 1254, tres sirventeses que teñen como tema os asuntos políticos do monarca con Navarra e Gascoña. Da relación do trobador coa lírica galego-portuguesa dan conta unha serie de feitos. En primeiro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador occitano. Señor de Castellana (Bonifaci VI) e un dos máis poderosos nobres occitanos. Escribiu tres sirventeses contra Carlos de Anjou entre o 1250 e o 1262. Neste mesmo ano (1262) promoveu unha revolta contra o dominio francés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome masculino procedente do latín Bonifacius, derivado de bonum facio ‘fago ben’; xa que logo, ‘benfeitor’. Algúns investigadores din, pola contra, que procede de Bonifatius, nome derivado de bonum fatum ‘bo fado, bo destino’. San Bonifacio de Maguncia (672-754), o apóstolo da Xermania, foi arcebispo de Utrecht e Maguncia; e san Bonifacio de Tarso (s III) foi, segundo a Lenda dourada, martirizado e decapitado nesta cidade asiática baixo Diocleciano (300), ao ser denunciado por cristián logo de ter mantido relacións cunha dama nobre. Nove papas levaron tamén este nome, desde Bonifacio I (418-422) a Bonifacio IX (1389-1404), inda que só un deles, Bonifacio IV (608-615), chegou a santo. A festa de san Bonifacio de Maguncia celébrase o 5 de xuño. A reforma litúrxica posterior ao concilio Vaticano II eliminou un san Bonifacio, que se celebraba o 14 de maio, do calendario litúrxico universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe bieito, bispo e misioneiro, chamado o apóstolo de Alemaña. No ano 719 mudou o verdadeiro nome, Winfrith, polo latino de Bonifatius. No 722 foi nomeado bispo de Turinxia. É patrón de Alemaña, sobre todo das cidades de Maguncia, Fulda e Erfurt. En Holanda considérano patrón de Utrech e apóstolo do pobo frisón. O Papa Gregorio III consagrouno vicario episcopal de toda Xermania e no 745 foi nomeado arcebispo de Maguncia. Morreu asasinado polos pagáns frisóns nunha das campañas de evanxelización. Fundou o mosteiro de Fulda, onde está enterrado. Foi canonizado en 1874 e a súa festa celébrase o 5 de xuño. Na iconografía leva vestidura de bispo con mitra e cruz e, como atributos persoais, un evanxeliario atravesado por unha espada ou un machado cravado no tronco dunha árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (530-532). Elixido polo partido filogótico. Aprobou o segundo Concilio de Orange, que puxo fin á controversia do pelaxianismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (19.2.607-12.11.607) Elixido no 606 non puido ocupar o solio pontificio ata que regresou de Constantinopla. Durante o seu pontificado determinou as regras da elección pontificia, prohibindo a campaña electoral durante a vida do Papa, e prohibindo que ningún bispo foxe canónico sen a confirmación da Santa Sé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (608-615). Recibiu de Focas, Emperador de Oriente, o Panteón de Agripa e o transformou en igrexa cristiá co nome de Santa María dos Mártires. Foi canonizado e a súa festa celébrase o 25 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (619-625). Dedicouse á propagación do Cristianismo en Inglaterra. Converteu en lei o costume de non apresar os criminais cando se refuxiasen nunha igrexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1294-1303), de nome Benedetto Gaetani. De formación xurídica, efectuou importantes contribucións ao Dereito canónico con obras como o Liber Sextus, no que analiza os avances neste eido desde 1234. Enfrontouse ás monarquías inglesa e francesa ao defender a teocracia pontificia, tanto no espiritual como no secular. Reflexo destas teorías é a proclamación das súas bulas Clericis Laicos (1296), nas que defende a necesidade do asentimento pontificio para a imposición de tributos eclesiásticos, e Unam Sanctam (1302), onde defendía criterios teocráticos, motivada pola detención dun bispo francés por Filipe IV, Rei de Francia, ao que ameazou coa excomuñón. O Rei francés mandou apresar ao Papa, que foi maltratado, morrendo pouco máis tarde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canle situada entre a punta de Pertusato (Córsega) e as de Testa e Falcona (Sardeña).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño e militar. No 1246 preparou por encargo de Fernando III a escuadra que participou na conquista de Sevilla (1248).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de bonificar.

    2. Cantidade coa que se bonifica.

      1. Acción de pagar ou doar algo en adición ao que é estritamente debido.

      2. Xenericamente, minoración dos ingresos públicos admitida pola Administración. Pode presentar a forma de exención ou bonificación total e a de redución ou bonificación parcial. Estritamente significa a redución parcial dos tributos. As bonificacións poden ter como causa a incitación a cumprir rapidamente os deberes fiscais, ou tamén favorecer a determinadas persoas ou actividades. Poden afectar á base impositiva, chamándose deducións, ou ás cotas, chamándose desgravacións, así como tamén aos tipos impoñibles. A súa concesión adoita estar suxeita a medidas restritivas fiscalizadoras.

      3. Minoración dunha cantidade que se debe pagar, admitida polo acredor.

      4. Descontos adicionais que os medios negocian coas axencias e centrais de compra á hora de inserir os diferentes reclamos publicitarios.

    3. Mellora ou vantaxe que se concede con carácter adicional nas condicións dun contrato de tipo económico. A máis corrente é a outorgada para promover o consumo dun produto, e abrangue a forma material (máis produto) ou a monetaria (desconto ou prima).

    4. Conxunto de melloras técnicas achegadas a un terreo agrícola improdutivo ou de débil produción. Consiste na utilización óptima do potencial agrícola dunha zona, de acordo coas necesidades alimentarias ou industriais e segundo as condicións de vida da poboación afectada.

    5. Tempo que se desconta do que se empregou para facer unha proba, como estímulo ou incentivo, principalmente nalgunhas probas deportivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aboar un banco unha cantidade de diñeiro superior aos xuros pactados con anterioridade co cliente ou deducila dos xuros que ten que pagar este, como recompensa dunha operación ou como estímulo para unha operación nova.

    2. Premiar a alguén polo seu esforzo nalgún labor, deporte ou en calquera outra actividade.

    3. Facer mellor ou máis útil algunha cousa, especialmente máis produtiva.

    4. Desecar un terreo húmido ou pantanoso para convertelo en terreo apto para a explotación agrícola. Polas súas repercusións negativas sobre os ecosistemas palustres este método quedou en entredito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, político, pintor e xornalista. Contribuíu á introdución do Romanticismo en València. Desta etapa quedan algúns dramas, un volume de poesías castelás e os artigos críticos e polémicos do Diario Mercantil. En 1837 iniciou en València a publicación de El Mole, acreditándose como agudo panfletista político e poeta de inspiración popular e satírica. Durante un exilio en Barcelona (1841-1842) escribiu para os xornais La Ley e El Popular, e participou activamente nos disturbios da Jamancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ensaísta e investigador. A súa obra máis destacada é Luis Vives y la filosofía del Renacimiento (1903), un estudo básico da obra e da vida de Luis Vives. Publicou ademais, entre outros traballos, Erasmo en España (1907), a achega máis importante de material bibliográfico sobre o tema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Dentro da corrente barroca conceptista, escribiu Peregrinos pensamientos de misterios divinos (1614) e Nuevo jardín de flores divinas (1617).

    VER O DETALLE DO TERMO