"PL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1539.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento que mide a cantidade de chuvia caída, constituído esencialmente por un recipiente, dentro do que se recolle a auga precipitada. A cantidade de chuvia mídese en milímetros de grosor de auga, é dicir, en litros por metro cadrado de superficie horizontal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pluviómetro de gran capacidade que mide a chuvia e a neve caídas en lugares deshabitados, de difícil accesibilidade, onde só se pode efectuar a lectura poucas veces ao ano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cantidade de precipitación que recibe un lugar, medida en milímetros (ou litros) de auga por m2, ou expresada polo número de días en que choveu durante o ano.
-
-
Relativo ou pertencente á chuvia ou ao clima con chuvias abundantes.
-
Quinto mes do calendario republicano francés (1792-1806), que corresponde ao intervalo do 20 ou 21 de xaneiro ao 19 ou 20 de febreiro.
-
-
CAPITAIS
Capital das illas Montserrat, situada ao S das illas (3.000 h [1988]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Massachusetts, EE UU, situada na badía homónima (80 km2; 35.913 h [1980]). Foi a primeira colonia de Nova Inglaterra, fundada o 26 de decembro de 1620 polos emigrantes do buque Mayflower.
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito unitario de Inglaterra, Reino Unido, situado na costa sur da península de Cornualla (240.720 h [2001]). É un nó de comunicacións marítimas, terrestres e aéreas, e un importante centro industrial. Cidade desde 1311, no s XVI foi o porto de refuxio de Francis Drake e en 1620 partiu del o buque Mayflower cara ao N de América. Conserva moitos edificios dos ss XVI e XVII.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do kraj de Bohemia Occidental, en Bohemia, República Checa, situada ao SO de Praga (166.274 h [2001]). Fundada en 1859 polo conde Ernst von Waldstein, constitúe un centro cultural, cunha gran tradición industrial en fábricas de papel, calzado e vidro, grandes fábricas de cervexa e unha destacada industria siderúrxica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Displasia de diversos órganos ou partes.
-
-
Relativo ou pertencente aos poliplacóforos.
-
Molusco da clase dos poliplacóforos.
-
Clase de moluscos anfineuros, constituída por animais primitivos de corpo alongado e cuncha dividida en oito placas máis ou menos articuladas. Comprende os quitóns, bentónicos e mariños.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou o que presenta poliploidía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade da célula euploide que ten un núcleo cunha dotación cromosómica que é tres ou máis veces múltipla do haploide (n), e tamén do organismo que ten células poliploides. Non é común atopar na natureza organismos con tres xogos de cromosomas (triploides), pero si son frecuentes os de catro ou máis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modificación da dotación cromosómica dunha célula.
-
PERSOEIRO
Matemático. Doutor en Matemáticas pola University of Cambridge (1951). A súa tese versou sobre as estruturas de enlace da auga. Desenvolveu a metodoloxía computacional aplicada no campo da química cuántica e unha das súas principais contribucións foi unha teoría de cálculo aproximado de orbitais moleculares en sistemas de pi electróns (1953), idéntica á desenvolvida por R. Pariser e R. G. Parr, nese mesmo ano, e que se coñece como método Pariser-Parr-Pople (PPP).
VER O DETALLE DO TERMO
Recibiu o Premio Nobel de Química en 1998, xunto con Walter Kohn. -
VER O DETALLE DO TERMO
xarrete.
-
-
Relativo ou pertencente á parte posterior do xeonllo.
-
Aplícase á arteria do músculo ou do nervio que pasan pola zona poplítea.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Armazón que contén unha ou dúas placas fotográficas, fóra da acción da luz, que serve para cargar as cámaras fotográficas de placas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mango en que se encaixa a pluma de escritura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plancto das augas correntes desprazado por un fluxo turbulento.
-
GALICIA
Debuxante, guionista, pintor e escritor. Cofundador de Xofre (1979), colaborou en El Jueves e Norma Editorial, e desde 1998 dirixiu o salón Viñetas desde o Atlántico. Autor da serie animada Men in Black (1998) e dos álbums Trazo de xiz (1990), Stratos e Tanxencias, realizou as bandas deseñadas Pedro e o lobo e El Manantial de la noche. Ademais creou o Xabarín Club (1994) e os personaxes da serie Os vixilantes do Camiño (2000), e ilustrou numerosos libros como Ameaza na Antártida (1997) e As Aventuras de Said e Sheila (2001), de Ramón Caride, e Contos de Nadal, de Manuel Rivas (2003).
VER O DETALLE DO TERMO
Recibiu, entre outros, o Premio do Salón Internacional del Cómic de Barcelona á mellor obra en 1989 e 1994, o Premio da Asociación Internacional de Ilustradores (1992), o...