Plzeň
Plzeň
Capital do kraj de Bohemia Occidental, en Bohemia, República Checa, situada ao SO de Praga (166.274 h [2001]). Fundada en 1859 polo conde Ernst von Waldstein, constitúe un centro cultural, cunha gran tradición industrial en fábricas de papel, calzado e vidro, grandes fábricas de cervexa e unha destacada industria siderúrxica.