Pople, John

Pople, John

Matemático. Doutor en Matemáticas pola University of Cambridge (1951). A súa tese versou sobre as estruturas de enlace da auga. Desenvolveu a metodoloxía computacional aplicada no campo da química cuántica e unha das súas principais contribucións foi unha teoría de cálculo aproximado de orbitais moleculares en sistemas de pi electróns (1953), idéntica á desenvolvida por R. Pariser e R. G. Parr, nese mesmo ano, e que se coñece como método Pariser-Parr-Pople (PPP).

Recibiu o Premio Nobel de Química en 1998, xunto con Walter Kohn.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Burnham

  • Falecemento