"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Baleira. Ten planta de nave única coa capela maior, cuberta a catro augas, á que se lle engadiu un corpo que funciona de sancristía. O arco de triunfo é de medio punto. Na fachada destaca a espadana dun só van.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1926), promoveu e divulgou a cultura musical. Formou parte da Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra e fundou en 1931 o Cuarteto de Cuerda Clásico de Pontevedra, que en 1936 ampliou ao crear a Orquesta de Cámara de Pontevedra. Socio fundador e directivo da Sociedad Filarmónica de Pontevedra e cofundador da Agrupación Guitarrística Pontevedresa, entre outros galardóns recibiu a Medalla de Ouro do Círculo Mercantil e Industrial de Pontevedra (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na de Madrid. Tras especializarse en pediatría, puericultura, radioloxía infantil e paidopsiquiatría, volveu a Pontevedra onde exerceu a profesión. Foi deputado provincial, vicepresidente e presidente da Deputación de Pontevedra. Ocupou tamén a presidencia do Padroado do Museo Provincial de Pontevedra, da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Academia Médico-Cirúrxica de Pontevedra. Publicou artigos científicos en distintas revistas médicas e foi membro do consello de dirección da Revista Médica de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que provén de fóra ou é alleo a algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe mítico. Fillo do deus río Ínaco e da ninfa Melia, pronunciouse a favor de Hera na disputa entre a deusa e Posidón pola posesión do Peloponeso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Estudiou nas universidades de Berlín e Mainz. Traballou nos hospitais de Dresde e Düsseldorf. Dedicouse primeiramente ao estudo da cardioloxía e máis tarde ao estudo da uroloxía. Desenvolveu unha técnica para a exploración do corazón, a cateterización cardíaca, que consiste en introducir un catéter por unha vea do codo e desprazalo ata o corazón. En 1956 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, que compartiu con D. W. Richards e A. F. Cournand, polo desenvolvemento de novas técnicas para o estudo das enfermidades do corazón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de métodos que permiten obter, a partir das fotografías aéreas, datos sobre a xeoloxía dunha rexión (estereofotogrametría, fotogrametría). As fotografías aéreas mostran, en ocasións, detalles xeolóxicos difíciles de detectar sobre o terreo e son empregadas para facer cartografías xeolóxicas de zonas pouco accesibles. Para a interpretación dos fenómenos xeolóxicos a grande escala utilízanse fotografías realizadas dende satélites.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Estudiou medicina e física experimental. Traballou no Observatorio de París e na Oficina de Pesos e Medidas. Determinou a velocidade da luz, demostrou que esta é maior no aire que na auga, e construíu o péndulo que leva o seu nome para demostrar o movemento de rotación da Terra. Inventou o xiroscopio para coñecer a dirección do meridiano do sitio sen necesidade de observacións magnéticas (1852). Construíu un prisma, denominado de Foucault, e un sistema óptico de superficies esféricas moi simples para telescopios de reflexión con espello de vidro prateado. Perfeccionou un regulador automático para luces de arco voltaico. Foi membro das academias de París e Berlín e da Royal Society de Londres. En 1855 recibiu a medalla Copley pola demostración experimental do movemento de rotación da Terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Predicador. Fundou a Sociedade dos Amigos (cuáqueros). A súa doutrina sostiña o valor da iluminación interior e o principio da tolerancia e opúñase ás inxustizas sociais. Aínda que foi perseguido e apresado, cando morreu tiña uns 50.000 seguidores. Postumamente publicáronse os seus escritos Journal (1694), A collection of...Espistles (1698) e Gospel Truth (1706).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Licenciado en Dereito, foi alcalde de Ortigueira (1979-1985) e deputado provincial (1979-1983). Como membro do Partido Demócrata Popular (PDP), foi deputado da Coalición Popular pola Coruña no Parlamento galego, durante as lexislaturas II, III e parte da IV (1985-30.6.1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e dramaturgo alemán. A súa obra comeza cun naturalismo moderado, para pasar da retórica e do freudismo ao expresionismo. Publicou, entre outras obras, Die Räubebande (1914), Die Ursache (1916), Der Mensch ist gut (1918), Karl und Anna (1927) e Links wo das herz ist (1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionario. En Londres coñeceu a Marx e Engels e foi membro do consello xeral da Primeira Internacional. Participou na Comuna de París e foi o inspirador dos primeiros congresos de obreiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de franquear unha carta ou un paquete que se envía por correo.

    2. Cantidade que se paga en selos por esta operación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de frasear.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de modos de expresión característicos dunha lingua, dunha época, dunha actividade, dun grupo ou dunha persoa.

    2. Maneira peculiar en que un individuo, grupo ou lingua constrúe e ordena as oracións.

    3. Conxunto de expresións fixas, como frases feitas, refráns e modismos, dunha lingua ou fala. En Galicia, os primeiros traballos fraseolóxicos recóllense en obras que non son especificamente fraseolóxicas, como poden ser vocabularios, dicionarios e gramáticas, e son produto do esforzo individual e do interese persoal dos seus autores. A falta de normalización da lingua galega fixo que ata o s XVIII non aparecesen as primeiras achegas á fraseoloxía galega: o traballo do Padre Sobreira (Papeletas de un Dicionario Gallego) e os de frei Martín Sarmiento (Colección de voces y frases gallegas, Catálogo de voces y frases de la lengua gallega e Catálogo de voces vulgares y en especial de voces gallegas de diferentes vegetables), publicados todos eles por X. L. Pensado no s XX. No s XIX cómpre destacar o labor de Manuel Leiras Pulpeiro, primeiro en recoller sistematicamente frases feitas; o Compendio de gramática-gallega-castellana (1864), de Francisco Mirás, con...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á fraseoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de palabras fixo ou permanente que posúen un significado conxunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo e historiador das relixións. Foi un dos primeiros autores en desenvolver grandes estudios recompilatorios de antropoloxía. Entre as súas obras destacan The Golden Bough (1890-1915), unha obra en doce volumes sobre mitos, rituais, maxia e tabúes na que formulou a idea de que a cultura humana evoluciona a partir da crenza na maxia, que precede á relixión e desemboca na ciencia; Totemism and Exogamy (1910), e Folklore in the Old Testament (1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Cultivou unha pintura social incluída na corrente do naturalismo do s XIX (Serventa vella) e unha pintura simbolista de tipo idealista (Arroio).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Dispositivo capaz de absorber a enerxía cinética dun sistema mecánico en movemento para producir unha diminución da velocidade, provocar a parada completa ou impedir a aceleración. Segundo o principio de funcionamento distínguense tres clases: de rozamento, de fluído e eléctricos. Os freos de rozamento transforman a enerxía cinética en enerxía calorífica por rozamento entre dúas superficies, unha fixa e outra móbil. Os máis simples están formados por unha ou dúas zapatas ou unha cinta que roza cos elementos móbiles (na roda, nun tambor, nun eixe, etc). O de tambor, empregado principalmente nos automóbiles, consta de dúas partes: unha, o tambor, que vai fixado á roda, e outra, solidaria ao eixe fixo, está formada por dúas pezas articuladas recubertas de forro de freo, que fan presión sobre a cara interna do tambor cando se acciona o freo. No de disco, a parte móbil, o disco, é pinzado por unhas mandíbulas recubertas dunhas pastillas de freo que exercen presión sobre ambas as dúas caras do...

      2. Peza metálica que se coloca na boca das cabalerías para suxeitalas e gobernalas.

      1. Dobramento membranoso que, a xeito de brida, limita o movemento dun órgano ou dunha parte del. Son exemplos desta estrutura o freo da lingua, que se atopa na cara ventral da lingua, ou o freo do prepucio, que une o prepucio ao glande.

      2. Sistema de unión das alas das bolboretas que fai que a ala anterior se mova conxuntamente coa posterior.

    1. Cousa que impide ou limita o desenvolvemento de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO