Fontoira Peón, Manuel
Fontoira Peón, Manuel
Médico e político. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na de Madrid. Tras especializarse en pediatría, puericultura, radioloxía infantil e paidopsiquiatría, volveu a Pontevedra onde exerceu a profesión. Foi deputado provincial, vicepresidente e presidente da Deputación de Pontevedra. Ocupou tamén a presidencia do Padroado do Museo Provincial de Pontevedra, da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Academia Médico-Cirúrxica de Pontevedra. Publicou artigos científicos en distintas revistas médicas e foi membro do consello de dirección da Revista Médica de Galicia.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Pontevedra -
Deceso