"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ribadavia baixo a advocación de santa María Madanela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Capela situada en Francelos (Ribadavia). Está documentada a súa existencia no s X e puido ser mosteiro beneditino, baixo a advocación de santa María (s XI). Trátase dunha pequena construción que puido ter, en orixe (ss IX-X), tres naves. Combínanse os elementos visgodos cos asturianos. A parte máis antiga que se conserva é a fachada, aínda que o pórtico é posterior. A porta principal é de arco de ferradura visigodo cun lintel abovedado; o arco apóiase en dúas semicolumnas pegadas ás xambas, erixidas sobre un pedestal rematado e bases formadas por dúas molduras, os fustes decóranse con formas vexetais e os capiteis con follas sinxelas. Ás beiras dos capiteis atópanse dous relevos figurados que se identificaron coa Entrada en Xerusalén, o da dereita, e, coa Fuxida a Exipto, Balaán detido polo anxo ou de novo a Entrada en Xerusalén, o da esquerda. Á dereita da porta consérvase unha celosía pétrea enmarcada por unha soga que, agás na parte inferior, se combina...
-
VER O DETALLE DO TERMO
José Francisco López Noya.
-
-
Relativo ou pertencente a Francia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Francia.
-
Arte desenvolvida en Francia. As primeiras manifestacións artísticas corresponden aos restos líticos e das vivendas atopados nos xacementos acheulenses. No Paleolítico Superior desenvolveuse a pintura rupestre, especialmente na rexión de Aquitania. Destacan, entre outras, a cova de Lascaux en Montignac (Dordogne). No eido da escultura pódense salientar as venus, entre as que destacan a Venus de Lespugue atopada na Grotte des Rideaux (Alto Garona), e o relevo da Venus de Laussel realizado nunha cova próxima a Marquay (Dordogne). Na rexión de Bretaña consérvanse monumentos megalíticos, entre os que sobresaen os aliñamentos de menhires de Carnac. A arte grega, que chegou ao arco mediterráneo e remontou o Ródano, xunto con outras influencias do S, foi unha arte colonial de gran valor, aínda que importada. Tamén é de importación a arte romana que se impuxo primeiro na Narbonesa e chegou despois ata o Rin, e que deixou un gran número de monumentos, entre os que destacan os conservados...
-
Arte cinematográfica desenvolvida en Francia. Coas primeiras proxeccións dos irmáns Lumière no Salon Indien do Grand Café (1895) naceu o cine en Francia. Á cámara documentalista dos Lumière e dos seus imitadores seguiulle a fantasía de Georges Méliès. Se o abandeirado da industria cinematográfica Charles Pathé deu a coñecer a Ferdinad Zecca co seu realismo truculento; o seu competidor, León Gaumont, difundiu a obra de Louis Feuillade, ao tempo que o film d’art, teatralizado e limitado, quedaba marxinado. Paralelamente, xurdiu un cine cómico francés con Max Linder como máxima figura. Despois da Primeira Guerra Mundial, o intelectual Louis Delluc introduciu novos temas e unha linguaxe renovadora no cine francés. Ao seu redor reuníronse Marcel L’Herbier, Abel Gance, Jean Epstein e Ivan Masjoukine, grupo denominado Escola Impresionista. Inmediatamente, tivo lugar a irrupción do vangardismo. Os dadaístas Viking Eggling e Hans Richter, o cubista Fernand Léger e os surrealistas Germaine...
-
Dereito vixente en Francia. Derivado do dereito romano, que estivo vixente dunha maneira xeral dende Caracalla en todas as Galias, recibiu a influencia do dereito dos pobos xermánicos, sobre todo dos francos. Antes da recepción do dereito romanista no s XIII, xa se producira a división entre a zona norte, de dereito consuetudinario máis xermánico e feudal, onde o dereito romano só era utilizado como supletorio, e a zona sur (Occitania), cun dereito escrito e moi romanizado coa influencia das universidades de Montpellier e de Toulouse (Languedoc). A Revolución de 1789 puxo fin aos dereitos das diferentes nacionalidades e das rexións e codificou un dereito único feito a base de transaccións do dereito escrito e dos costumes. O resultado foi un dereito individualista, liberal, racionalista, lóxico e harmónico. O pensamento xurídico e político do s XVIII quedou plasmado no dereito público francés (Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán, 1789) e Napoleón promulgou a partir de...
-
Doutrinas filosóficas que se desenvolveron dentro do ámbito cultural francés a partir do s XVII. Iniciouse con R. Descartes (1596-1650), quen elaborou, tomando por base a razón, unha metafísica que proporcionou a base para as posteriores metafísicas da filosofía moderna. En xeral, a filosofía francesa foi un movemento oscilatorio entre o optimismo e o pesimismo sobre os poderes da razón. Os racionalistas, entre os que hai que destacar a N. de Malebranche (1638-1715) e B. Pascal (1623-1662), intentaron harmonizar o racionalismo cartesiano coa fe. No s XVIII, co movemento ilustrado, a filosofía francesa representada por D. Diderot (1713-1784) e J. Le Rond d’Alembert (1717-1783), F. M. A. Voltaire (1694-1778), J. J. Rousseau (1712-1778), o barón Holbach (1723-1789), F. Quesnay (1694-1774) e A. R. J. Turgot (1727-1781), caracterizouse pola desconfianza sobre os grandes sistemas precedentes e por un optimismo no poder da razón e na posibilidade de crear unha sociedade nova máis racional e xusta....
-
Literatura en lingua francesa.
Das orixes ata finais da Guerra dos Cen Anos
O interese das obras máis antigas en lingua d’oïl, que os clérigos compuñan para a edificación dos fieis, é máis filolóxico ca literario, con exemplos como Cantilène de Sainte-Eulalie (IX), Vie de Saint-Léger (s X) e Vie de Saint-Aléxis (s XI). A poesía épica primitiva coñeceuse grazas á Chanson de Roland, á Chanson de Guillem e, máis tarde, a Li coronemenz Loois. Durante o período clásico da literatura francesa medieval (1120-1270) a epopea tiña un carácter de simplicidade e de enerxía ligado ás estruturas feudais; pero a partir de 1165, aproximadamente, perdeu importancia sobre a literatura novelesca e de marabillas (a materia da Bretaña, que ten como representante principal a Chrétien des Troyes). Cómpre facer referencia ás novelas chamadas antigas: Énéas, Roman de Thèbes, ambas anónimas, e Roman de Troie,... -
Música desenvolvida dentro do ámbito da cultura francesa. A orixe medieval da música, en Francia, vai ligada á cultura clerical. É nos mosteiros onde se elaboraron os tipos musicais descoñecidos anteriormente que foron, no principio, xéneros cantados. Dous destes tipos, o versus e a sequentia, serviron de base, nas abadías lemosinas, para a canción dos trobadores occitanos, imitados en Francia no decurso do s XII coa escola dos trouvéres. No s XIV, grazas a Guillaume de Machault, a canción profana francesa pasou a ser polifónica, xénero que non parou de desenvolverse no norte de Francia e en Flandres ata o s XVI co apoxeo do renacemento. Contra o ornamentismo barroco dos flamengos, os franceses reaccionaron favorecendo a claridade e a submisión da melodía ao texto. Os poetas da Pléiade colaboraron con músicos na Académie de Poésie et de Musique, fundada por Antoine de Baïf (1570). Simultaneamente a Reforma, co canto dos salmos, e a Contrarreforma influíron sobre...
-
-
CABOS
Cabo da costa SO de Cuba, na provincia de Pinar del Río, punto occidental que limita a baía de Cortés e o golfo de Batabanó.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Invasión levada a cabo polos franceses en España en 1808.
-
Dito ou feito propio dos franceses.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Roma 1384 - 1440) Realizou numerosas obras de caridade e, trala morte do seu marido, fundou a congregación das Oblatas Olivetanas de Santa Maria Nuova, chamadas, máis tarde, de Tor de’Specchi (1425). A súa festividade celébrase o 9 de marzo.
-
PERSOEIRO
Escultor. Coñecido como Francesco Ferruci, traballou na corte dos Medici e especializouse no traballo do pórfido. Entre as súas obras destaca a Fontana del Carciofo no Giardino di Boboli e a base da fonte do patio do Palazzo Vecchio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Franciabigio, colaborou con Andrea del Sarto nos frescos do claustro dos Scalzi de Florencia. Entre as súas obras destacan os frescos de Santa Maria Novella e da Annunziata (1513) e a Madonna del pozzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Coñecido como Ferruci, foi discípulo de Desiderio da Settignano. Entre as súas obras destaca o monumento fúnebre de Barbara Manfredi en Forlì (1467-1480) e a tumba Tartagni na igrexa de San Domenico en Boloña (1477).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao escudo formado polas liñas do fendido e do tallado.
-
PERSOEIRO
Compositor italiano. Influído por Wagner, quedou, sen embargo, relativamente vinculado á escola verista de Ópera. Da súa produción destaca Germania (1902), La figlia di lorio (1906) e música de cámara.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado de Europa Occidental que limita ao NL con Bélxica e Luxemburgo, ao N co mar do Norte e co Canal da Mancha, ao O co Océano Atlántico, ao S con España e o Mar Mediterráneo e ao L con Suíza, Italia e Alemaña, onde o Rin constitúe parcialmente a fronteira (543.965 km2; 58.735.000 [estim 2000]). A Francia metropolitana, que se estende entre os 51° e 42° de latitude N e os 5° de lonxitude O e 8° de lonxitude L, tamén inclúe a illa de Córsega, no Mar Mediterráneo. Ademais posúe a soberanía sobre territorios de ultramar (Guyana Francesa, Martinica, Guadalupe, Wallis-et-Futuna e a Illa Reunión), dependencias territoriais (Saint-Pierre et Miquelon, Mayotte, Nova Caledonia, Polinesia Francesa), e terras antárticas. A capital é París.
Xeografía físicaRelevo e xeoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
Francia é sobre todo un país de chairas, de baixos altiplanos e de serras medianas. As catro quintas partes do territorio non sobrepasan os 500 m de altitude e menos... -
VER O DETALLE DO TERMO
Francesco Raibolini.
-
VER O DETALLE DO TERMO
José Gaspar Rodríguez Francia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Francesco di Cristofano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dialecto de oïl, falado na Île-de-France, base do francés literario moderno.
-
-
Relativo ou pertencente ao fráncico.
-
Lingua do xermánico occidental, falada polos francos. Os seus dialectos antigos eran o ripuario, o do Mosela, o renano, o meridional e o do leste. No dominio galorrománico influíu, segundo algúns romanistas, sobre a diferenciación do francés respecto ao occitano, na ditongación en sílaba libre, na aspiración do h- ou en certas palabras, entre outros trazos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elemento químico radioactivo pertencente ao grupo I da táboa periódica. O número atómico é 87 e a masa atómica do isótopo máis estable é 223. É o máis pesado e o máis activo dos metais alcalinos. Presenta 21 nucleidos, ningún deles estable. É o máis electropositivo de todos os elementos. Foi descuberto en 1939 pola química francesa Marguerite Perey.
-
PERSOEIRO
Escritor escocés. Da súa produción, en esperanto, destacan Kvaopo (1952), volume de poesía colectivo, Vitralo (1960), La granda Kaldono (1978) e Tri rakontoj pri la Miljara Paco (1998).
VER O DETALLE DO TERMO