"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Conxunto de variedades lingüísticas galorrománicas que se falan nunha rexión extensa ao redor de Lyon, Roanne, Saint-Étienne, Bourg, Pontarlier, Grenoble, Chambéry, Val de Aosta, Xenebra, Lausanne e Neuchâtel. A denominación de francoprovenzal foille dada por G. I. Ascoli en 1873. Entre os seus trazos lingüísticos cómpre dicir que o vocalismo é moi afín ao provenzal e o consonantismo máis acorde co francés. Así, no vocalismo destaca que o a tónico se conserva coma no provenzal, pero convértese en ie por influencia de palatal (pra ‘prado’ < lat PRATU); e o -u e -o finais permanecen como -o (desiro ‘quero’). No consonantismo son características as palatalizacións. Con respecto á morfoloxía cómpre destacar os posesivos (notron, votron) e a desinencia de copretérito (purt?avo ‘eu levaba’, mdøzivo ‘eu comía’). O léxico é moi conservador e mesmo se poden atopar voces...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baralla baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Guntín baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Outeiro de Rei baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Paradela baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Ourense (1769-1775). Doutor en Teoloxía pola Universidad de Salamanca, onde foi catedrático de Filosofía. Foi autor da Oración fúnebre en las solemnes exequias que la Universidad de Oviedo consagró el día 27 de noviembre de 1764 a la inmortal memoria de Fray Benito Jerónimo Feijoo y Montenegro (1765).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado en San Xoán de Calo (Teo), aséntase no alto dun pequeno outeiro. Está composto por unha pequena acrópole, que recibe o nome de Eira dos Mouros, de forma circular na que se constatan na súa parte central restos de antigas construcións (posiblemente a torre e a fortaleza). O recinto está rodeado por unha muralla de 2 m de largo na súa parte máis ancha e unha altura máxima de 3 m e mínima de 1,70 m. Entre as pedras que a constitúen, foi encontrada unha duns 50 cm de longo e uns 32 cm de ancho, onde aparecen gravados catro círculos concéntricos cunha pequena cova central e dúas amodo de raios que saen do centro da composición. A única entrada sitúase na cara N e ao pé dela foron achadas dúas pedras graníticas perforadas nos extremos, nas que talvez se encaixaban as portas. No interior do recinto encontrouse a esculturas dunha cabeza humana fóra de calquera contexto arqueóloxico, pero que segue os modelos das escultura de guerreiros castrexas; un tesouro de doce moedas e unha medalla...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Combatente que non pertence a ningún exército regular.

      2. Persoa illada que dispara con arma de fogo desde un lugar estratéxico, xeralmente desde un tellado ou outro sitio alto.

    1. Individuo que actúa de maneira illada sen someterse a ningunha disciplina de partido ou de corporación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Val-d’Oise, Francia (33.802 h [1990]). Situada ao NO da área suburbana de París, ao S do bosque de Montmorency.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido suave e fino de la ou algodón, lixeiramente cardado por unha das súas caras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Glicósido amarelo, cristalizable presente en plantas do xénero Frangula, de onde se illa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • faragullada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xudía que escribiu un diario, no que explicou as peripecias e angustias que ela e a súa familia pasaron na casa de Amsterdan onde quedaron agochados de 1942 a 1944.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Realizou o seu labor investigador, inicialmente, no eido da fotoluminescencia e da fotoquímica e, a partir de 1934, no da física nuclear. En 1946 foi nomeado membro da Academia de Ciencias da URSS. En 1958 recibiu o Premio Nobel de Física, que compartiu con P. A. Čerenkov e I. Y. Tamm, pola interpretación do efecto Čerenkov.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. Profesor na Universidade de Saarland desde 1949, estudiou as obras dos trobadores. Cómpre destacar as súas obras Repertoire métrique de la poésie des Troubadours (1953-1957), Trouvères et Minnesänger (1952) e Du rôle des troubadours dans la formation de la poésie lyrique moderne (1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e dramaturgo alemán. A súa obra comeza cun naturalismo moderado, para pasar da retórica e do freudismo ao expresionismo. Publicou, entre outras obras, Die Räubebande (1914), Die Ursache (1916), Der Mensch ist gut (1918), Karl und Anna (1927) e Links wo das herz ist (1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. En 1947 viaxou aos EE UU e comezou a traballar para Harper’s Bazaar, á vez que colaboraba con Life, Look, Fortune, Mc Call’s e The New York Times. Da súa colaboración con Werner Bischof e Pierre Berger en Perú tirou do prelo Indios non mortos (1956). Despois de traballar no eido da publicidade, conseguiu unha bolsa Guggenheim que lle permitiu percorrer os EE UU. Coas imaxes obtidas publicou The american (1957). A partir de 1958 dedicouse ao cine. Expuxo a súa obra, entre outros lugares, no MOMA de Nova York e na Kunsthaus de Zúric.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionario. En Londres coñeceu a Marx e Engels e foi membro do consello xeral da Primeira Internacional. Participou na Comuna de París e foi o inspirador dos primeiros congresos de obreiros.

    VER O DETALLE DO TERMO