"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo uitoto ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo uitoto.
-
Pobo do grupo étnico-lingüístico da Amazonia colombiana que habita nos bosques situadas entre as concas do Putumayo e o Yapura. En constante regresión, non excede o milleiro.
-
Lingua do phylum amerindio que fala o pobo uitoto.
-
-
CAPITAIS
Capital de Mongolia e ajmag independente (4.700 km2; 773.700 h [2000]). Situada ao N do país, xunto ao río Tuul, preto dun importante xacemento de lignito, medrou rapidamente grazas á modernización e á industrialización. É o único centro industrial do país organizado segundo o sistema soviético de combinados industriais. Primitivo centro de migración estacional, en 1639 converteuse en capital relixiosa grazas á construción do mosteiro Da Khure, residencia do bodgo-gegen (gran sacerdote do budismo tibetano). Os rusos chamárona Urga. Coa independencia de Mongolia exterior (1911), converteuse en capital, co nome de Niislel Khureheh, e despois da ocupación das tropas revolucionarias e soviéticas (1921) foi capital da nova república (1924) co nome actual.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e político. Ministro de Comercio (1957-1965), presidiu o período de estabilización económica e os intentos de adaptar a economía da España de Franco ás esixencias da CEE, ante a que foi embaixador (1965-1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado, xornalista e político. Afiliouse á Unión Liberal e, tras o triunfo da Revolución de 1854, foi elixido deputado en varias ocasións, pola Coruña, Mondoñedo, e A Fonsagrada. Foi director xeral de Ultramar (1858-1863), subsecretario de Estado (1856) e ministro de Mariña (1863), de Fomento (1864) e de Estado (1874) ata a Restauración. Colaborou con distintos xornais como El Tribuno, El Clamor Público e El Voto Nacional (que tamén dirixiu) e publicou Revista de Indias (1868). Foi membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e poeta. Publicou os poemarios Pluma y alma (1913), Ecos de la tragedia (1914) e De la vida (1919).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Fundou o xornal Noticiero Gallego e a revista ilustrada Galicia cómica e publicou Arlequinada (1894).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariño e científico. Participou na expedición que, promovida pola Académie des Sciencies de París, se encargou de medir o arco de meridiano terrestre en Perú. Ocupou cargos importantes na armada. Escribiu Noticias americanas (1772).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e produtor cinematográfico. Coñecido como Douglas Fairbanks. Sobresaíu como protagonista de filmes de acción, caracterizado polos seus personaxes atléticos, bronceados e sorrintes. Destacan The Mark of Zorro (1920), Robin Hood (1922), The Thief of Bagdad (1924), Mr. Robinson Crusoe (1932) ou The Private Life of Don Juan (1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Augsburgo. Sen darse conta, ofreceulle carne a un mandado do duque de Baviera un venres santo. Aquel, ofendido, acusouno, pero entón a coxa de ganso converteuse milagrosamente nun peixe. Represéntase coa mitra e a cruz de bispo e cun peixe na man. A súa festividade celébrase o 29 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Conxunto de condicións e esixencias non adiables e definitivas que un estado pon a outro nunha negociación diplomática, e cuxo rexeitamento implica a ruptura das negociacións, a miúdo represalias de tipo bélico e a declaración de guerra. A convención da Haia de 1907 denominouno “declaración de guerra condicional”.
-
Proposta ou requirimento que non admite obxección.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á onda cuxa lonxitude é da orde do centímetro (de 1 a 10 cm). OBS: Tamén se denominan, de xeito máis correcto, ondas centimétricas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Micrótomo de alta precisión que se emprega en microscopia electrónica, e que pode chegar a facer cortes de Å.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo alemán. Coñecido como Umbo, estudou na Bauhaus (1921-1923). Abriu un estudo fotográfico en Berlín (1926), onde fixo fotomontaxes políticas e sociais con técnicas e perspectivas inusuais. Foi cofundador da axencia fotográfica Dephot (1928-1933). A maior parte do seu traballo foi destruído na Segunda Guerra Mundial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Científico e político peruano. Introdutor da vacina antivariólica no Perú (1802), fundou o anfiteatro anatómico de Lima e a escola de medicina de San Fernando. Partidario da independencia, foi deputado nas Cortes de Cádiz (1821) e presidente do Consello de Ministros de Perú (1826-1827).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sal do ácido undecilénico. En farmacia emprégase o undecilenato de cinc, que é un funxicida empregado nas dermatoses fúnxicas superficiais en forma de pos ao 20%.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia constituída por unha mestura de graxas, de consistencia branda semellante á da manteiga, que pode levar algún produto activo e que se aplica sobre a pel para o tratamento local dalgunhas dermatoses ou como cosmético. Semellante á pomada, non é tan fluído como o linimento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido que xurdiu en 1966 da escisión da Frente Nacional de Libertação de Angola (FNLA) como un organismo armado destinado á loita contra o colonialismo portugués en Angola. Despois da independencia do país, pasou a facer oposición armada ao Movimento Popular de Libertação de Angola (MPLA). Liderado por Jonas Malheiro Savimbi, á súa morte (2002) abandonou a loita armada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido ultraconservador fundado en España por Alejandro Pidal Mon e o arcebispo de Santiago de Compostela, Miquel Payá i Rico. Creouse como unha alternativa ao carlismo e estivo apoiado desde o Vaticano por León XIII, que o aprobou en 1881. Respectuoso coa legalidade restauracionista, conseguiu atraer a moitos militantes carlistas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa española creada en 1969 ao fusionarse a Compañía Española de Minas de Río Tinto e a empresa química Unión Española de Explosivos (fundada en 1896). Desenvolveu as súas actividades en varios campos, como a petroquímica, os fertilizantes, as refinarías de petróleo, os explosivos, a química inorgánica, a minaría do cobre ou a recuperación de piritas. Foi a primeira empresa química española polo seu volume de vendas en 1986, pero viuse moi afectada pola crise do sector químico e en 1988 pasou á órbita do grupo KIO. En 1992 tivo que presentar suspensión de pagos, e en 1994 foi adquirida polo grupo holandés Pallas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo monetario establecido en 1950 polos países integrantes da OECE, para facilitar as relacións comerciais entre eles. Tivo como obxectivo a substitución do sistema bilateral de pagos pola multilateralidade, así como remediar a escaseza de dólares fronte ás crecentes transaccións. Con este fin estableceu a compensación de pagos internacionais, no espazo e no tempo, e a concesión de créditos aos países deficitarios. O retorno á convertibilidade das moedas supuxo a substitución da UEP polo Acordo Monetario Europeo (1958).