"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cálculo urinario.
-
PERSOEIRO
Militar e político. Deputado (1826), apoiou o goberno de J. M. Rosas, a quen se enfrontou despois ao combater o centralismo e o monopolio comercial de Bos Aires. Gobernador de Entre Ríos (1842; 1861-1864 e 1868-1870), acadou a presidencia en 1853 e instaurou unha confederación de estados e un réxime autoritario e conservador. Derrotado en Pavón (1861) por B. Mitre, foi asasinado durante unha revolta federal (1866-1867).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz. Fundou a compañía de monicreques Teatro Buratini (1996), coa que representou os espectáculos para nenos Pazo de papel (2002), Palabras de caramelo (2003) ou Contos para todo o ano (2000). Destacan tamén as representacións de Xoguetes ou Pinocho, co Teatro Cachirulo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal fundado por A. H. Neuharth o 15 de setembro de 1982 dentro do grupo de comunicación Gannet Company. Combinou información e entretemento, incluíu cor, gráficos explicativos e artigos máis breves, establecendo un modelo de éxito mundial que o levou a ser o xornal de maior difusión no país.
-
GALICIA
Relixioso. Misioneiro en América e Asia, especializouse en relixións comparadas. Perseguido pola Congregación do Santo Oficio por modernista e liberal, abandonou a Igrexa. Militou no PSOE e foi vicepresidente do Comité Municipal de Unión Republicana e da Fraternidad de Cultura Ferrolana, e director da Escuela Racionalista de Ferrol, de carácter anarquista. Escribiu Democracia y cristianismo (1930), El peligro religioso (1932) e La Iglesia y su política (1934). Foi excomungado e as súas obras foron incluídas no índice de libros prohibidos. Fusilárono en 1936, durante o levantamento militar.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Okrug autónomo da oblast’ de Irkutsk, Rusia (22.400 km2; 143.800 h [estim 1999]). A súa capital é Ust’-Ordynskij (10.693 h [1970]). Está atravesado polo río Angara e destaca na súa economía a extracción de carbón e de xiz, o cultivo de cereais e a gandaría bovina e ovina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dereito real de gozo sobre as cousas doutros, que lle outorga ao usufrutuario as facultades de posuír a cousa, usala e percibir todos os seus froitos, coa obriga de conservarlle a forma e a substancia. Pode orixinarse por disposición da lei ou por vontade dos particulares, manifestada a través do testamento. Xeralmente é vitalicio e considérase universal cando comprende a totalidade dos bens do testador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
metroptose.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de linguas do phylum amerindio de América do Norte, que pertence á familia azteca-tanoano e que se estende desde os estados de Montana e Oregón ata México. Divídese nos subgrupos shoshone, ute, hopi, pima, tarahumara e astecoide, á súa vez divididos en diversas linguas, das que destaca a nahua.
-
-
Concepción dunha idea irrealizable.
-
Concepción imaxinaria dun goberno ideal. O seu uso remontouse ao humanista inglés Tomas More, que en Utopía (1516) describiu unha situación ideal e imaxinaria, mais cunha forte intencionalidade crítica da sociedade do seu tempo. O termo serviu tamén para indicar o carácter falso, imaxinario e ilusorio de moitas afirmacións que se basean no sentido común e non na ciencia. Neste sentido, os marxistas falan do socialismo utópico, contraposto ao socialismo científico.
-
-
-
Relativo ou pertencente á utopía.
-
Que é propio da utopía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que concibe utopías.
-
PERSOEIRO
Emperatriz consorte de Francia, muller de Napoleón III e filla dos condes de Montijo. Coñecida como Uxía de Montijo, foi condesa de Mora e Baños e grande de España. Seguidora do partido ultramontano e oposta á política italiana do emperador, durante as súas ausencias fíxose cargo da rexencia. Incitou a Napoleón III a declarar a guerra a Prusia. Coa caída do Segundo Imperio, despois da Batalla de Sedan (1870), tivo que exiliarse en Reino Unido.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arcebispo de Toledo (646-657). Fundou a sé toledana e presidiu os concilios VIII, IX e X de Toledo. Escribiu 102 poemas recollidos no Libellus diversi caminis metro. Iconograficamente representouse con vestiduras episcopais, co plano dunha igrexa na man e pezas de cantaría ao seu carón. A súa festividade celébrase o 15 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Funcionario colonial. Enviado a pacificar Perú (1540), foi recoñecido gobernador por Lima e Quito. Revisou os privilexios dos encomendeiros e esforzouse por aplicar as novas leis de Indias de 1542, feito que o enfrontou con aqueles e provocou a revolta de Gonzalo Pizarro. O novo vicerrei, Blasco Núñez de Vela, fixo que o prendesen, pero fuxiu a Panamá (1544) e despois a Castela, onde foi prendido. Rehabilitado logo de tres anos, presidiu o Consello de Indias (1557-1561).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sección cirúrxica, torácica ou abdominal, do nervio vago.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Vicenzo de Vigo (Carral). Ten planta rectangular e dúas alturas con cuberta de tellas a tres augas. Sobre a porta de entrada atópase un escudo que alude aos Pardiñas e Villardefrancos. Foi declarada BIC en 1994.
-
GALICIA
Xurista. Doutor en Dereito Mercantil, Economía e Estatística, foi secretario do Consello Superior das cámaras de comercio. Foi candidato a Cortes polas Irmandades da Fala (1918). Publicou Poesías (1917), O municipio galego (1917) e Cámaras de comercio, industria y navegación (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor. Articulista prolífico, destacou polo seu interese polo sistema métrico decimal que se observa en Cuadro de equivalencia de las antiguas medidas españolas con las del nuevo sistema métrico decimal (1852), ademais dun estudo sobre navegación aérea.
VER O DETALLE DO TERMO