"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
GALICIA
Arquitecto. Formouse na Escuela de Arquitectura de Madrid (1910). A súa obra evolucionou desde o eclecticismo, influenciado por Antonio Palacios, e o modernismo vienés cara ás formas racionalistas. De características modernistas son obras como o chalé Rialeda en Oleiros (1912), o edificio Castromil de Santiago de Compostela (1922-1929), destruído en 1975, e o sanatorio antituberculoso de Cesuras (1927). Acadou a simplificación formal na vila Molina da Cidade Xardín da Coruña. Adoptou o racionalismo no cine Avenida da Coruña (1937-1941). Foi colaborador literario e artístico en Acción Coruñesa e presidente da Asociación de Arquitectos de Galicia (1914), do coro Cantigas da Terra (1919), do Círculo de Artesanos (1923) da Academia Provincial de Bellas Artes. Foi membro da Real Academia Galega. Recibiu unha medalla da Exposición Nacional de Bellas Artes, unha mención honorífica no concurso de proxectos do Chicago Tribune (1922) e un premio polo proxecto de monumento a Curros...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar. Foi correxidor en Chiquimula de la Sierra e Casablastran (Guatemala) desde 1730. Nomeado gobernador de Nicaragua (1748) ascendeu a coronel de Infantería (1751).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e político. Alcalde de Pontevedra durante o Trienio Liberal e en 1844-1845, foi deputado pola provincia de Pontevedra na lexislatura 1840-1841. Publicou unha Historia de Pontevedra (1846) e unha Descripción Geográfica, estadística, económica e histórica de la ciudad capital de Pontevedra (1848), en que defendeu a capitalidade desta cidade fronte a Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Despois das primeiras funcións co TEU, comezou a traballar no Teatro Español e no Teatro Beatriz, e participou en espectáculos como Tres sombreros de copa, Luces de bohemia, Todos eran mis hijos, Escuadra hacia la muerte ou Las bicicletas son para el verano. Tamén tivo unha importante traxectoria no cine, onde traballou con Berlanga, Garci ou Camus.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Tipógrafo e xornalista. Fundou os periódicos La Gaceta del Sur, El Barrio, El Satírico, El Independiente, Letras Patagónicas e La Voz del Pueblo. Ademais, exerceu como redactor e colaborador de La Opinión Española, La Fronda, La Argentina, El Diario Español, La Batalla e La Nueva Provincia. Publicou, entre outras obras, El espíritu obrero en la Patagonia (1921) e Huerto azul (1940).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Licenciado en Dereito e Xornalismo. Pertencente á Xeración do 50, publicou, entre outras obras, Áspero mundo (1956), Sin esperanza con convencimiento (1961), Grado elemental (Premio Antonio Machado 1962), Tratado de urbanismo (1967), Breves acotaciones para una biografía (1971), Prosemas y menos (1985), Antonio Machado (1986), A todo amor (1997), 101 + 19= 120 poemas (2000) e Otoños y otras luces (2001). Membro da Real Academia Española (1996), entre outros galardóns recibiu o Premio Príncipe de Asturias (1985) e o Premio Reina Sofía de Poesía Hispanoamericana (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e xornalista. Foi redactor e subdirector do semanario Galicia, ademais de colaborador en diversas revistas de emigrantes galegos. Escribiu as pezas teatrais Mala semilla, Por la pendiente (1932), Esfolla na eira, Terra nosa e Adiós ríos (1944-1948), que logo se representaron. Coa peza Mal ollo (1954) gañou o premio Castelao de obras teatrais convocado polo Centro Galego de Bos Aires.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Promotor e realizador cinematográfico. En 1929 chegou a Bos Aires, onde traballou como porteiro e como fotógrafo retratista. A comezos da década de 1930 fundou a produtora Celta Films, empresa coa que realizou numerosas películas desde 1931 ata a súa morte. Especializouse no xénero documental, xa que era o que máis se axustaba aos seus obxectivos: retratar a comunidade de emigrantes e exiliados galegos en Bos Aires. Da súa produción destacan Galicia en Buenos Aires (1933), que foi utilizada en 1936 con motivo da campaña polo Estatuto de Autonomía de Galicia, e Imaxes de Castelao en Bos Aires (1972), restaurada en 1995, unha montaxe de todas as filmacións que Elixio fixera de Castelao dende a súa chegada a Bos Aires ata a súa morte. En 1978 o Centro Galego de Bos Aires encargoulle a Antonio Pérez Prado e a Jorge Prelorán un guión baseado no documental, o resultado foi a longametraxe Castelao (J. Prelorán, 1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e ensaísta. Colaborou en revistas como Asonante, El mundo, El Imparcial, Ahora e The daily worker. Da súa produción destacan En la sombra (1943), Cinco cuentos de sangre (1945), El hombre de la calle (1948), El paisa (1950), Mambrú se fue a la guerra (1972), La luna no era de queso (memorias de mi infancia) (1988) e La galería y otros cuentos (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. En Santa María a Grande de Pontevedra pintou a capela da confraría de San Miguel (1546) e as claves das tres capelas da nave maior (1559); e na catedral de Ourense, a capela e o retablo de san Fructuoso (1549). En 1548 contratou a obra de pintura da fachada do colexio de Fonseca. Ademais pintou a imaxe da Concepción na Pobra do Deán (1549), o retablo de Santa María de Belvís (1549), o túmulo das exequias de Carlos I na catedral de Santiago de Compostela (1558) e as paredes e o retablo do hospital de San Miguel do Camiño (1560).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militante da CNT e da FAI. Tras participar na represión da Revolución de Asturias (1934) como membro da Lexión, integrouse no anarquismo. Formou parte do grupo editor do periódico Brazo y Cerebro, e do grupo anarquista Nervio, desde o que defendeu a acción directa na conflitividade laboral e social. Foi detido, xulgado e fusilado en xullo de 1937 xunto co seu irmán Roxelio, cando exercía o cargo de secretario da Federación Local da FAI da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e avogado. Licenciado en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, fundou e dirixiu a revista Alba. Da súa produción destacan obras como Raíz de las horas (1951), Os namoros (1961), El ágape de Dios. Historias para un cántico (1964), Poesía gallega contemporánea (1954), Antología de la poesía gallega contemporánea (1959), Por entre el arpa y la saudade (1965) e Teatro galego (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1884). Afiliado ao Partido Conservador, ocupou varios cargos como gobernador de Pontevedra e da provincia da Coruña, subsecretario de Facenda, conselleiro de Instrución Pública e deputado, representando o distrito de Cambados (1899-1907, 1918-1919) e o de Lugo (1916-1918). Foi nomeado por R. Fernández-Villaverde ministro de Facenda (1903) e ministro de Gobernación (1905), e co goberno de A. Maura ocupouse dos ministerios de Fomento (1907-1908) e Facenda (1908-1909, 1918). Colaborou en prensa e publicou estudios sobre temas literarios e económico-políticos, como Cuadro de la literatura gallega en los siglos XIII y XIV (1886), Historia crítica de la Literatura Gallega. Edad Antigua (2 volumes, 1887) e Memoria sobre el proyecto de Ley de Colonización Interior (1919). Foi membro da Real Academia de la Lengua Española, da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas e da Real Academia de...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Catedrático de Urbanismo e Ordenación do Territorio na Escola Superior de Arquitectura da Coruña. Foi arquitecto municipal de urbanismo da Coruña e realizou diversos traballos con Julia Fernández Caleya Blankemeyer, como a reordenación da praza de Galicia de Santiago de Compostela. Colaborador de Obradoiro, Ciudad y territorio, estudios territoriales e o Boletín Académico da ETSA, das súas obras destacan La Enseñanza de la arquitectura en USA: posibles aplicaciones a una Escuela de Arquitectura en La Coruña (1973) e La Coruña a través de su plano (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Formouse na Academia de Infantería de Toledo e foi destinado a Marrocos como alférez. En 1920 ingresou na Escuela de Aviación Militar, participou en campañas no N de África e foi un dos pilotos do voo Madrid-Manila (1926), polo que ascendeu a comandante. Ascendeu a xeneral de brigada (1941) e a xeneral de división (1945), e foi xefe do Estado Maior. Como ministro do Aire (1945-1957) preocupouse pola creación e modernización das infraestruturas aéreas. Foi condecorado coa Cruz Laureada de San Fernando.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico literario e escritor. Doutor en Filoloxía Hispánica, foi profesor de literatura hispánica no Hunter College e na Graduate School and University Center-Cuny de Nova York, e coordinador da cátedra de Estudios Galegos deste último centro. Dirixiu o Anuario de Estudios Literarios Galegos e foi presidente da Asociación Internacional de Estudios Galegos. Colaborador en publicacións como A Trabe de Ouro, Madrygal ou Grial, publicou Álvaro Cunqueiro e Merlín e familia (1991), Álvaro Cunqueiro: os artificios da fabulación (1991), Silencio, parodia e subversión. Cinco ensaios sobre narrativa galega contemporánea (1991), Literatura e sociedade en Galicia 1975-1990 (1994), Fantasía e desintegración na narrativa de Álvaro Cunqueiro (1996), A narrativa galega actual (1975-1984): unha historia social (1996) e Dicionario enciclopédico de Eladio Rodríguez: a canonización lexicográfica da literatura galega...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Estatístico inglés. Coñecido como Student, traballou na destilería Guiness, onde desenvolveu procedementos estatísticos novos como a lei de Student.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Desde 1619 pertenceu á orde dos xesuítas, estudiou filosofía e teoloxía e foi catedrático de Filosofía na Universidad de Gandía e de Sagrada Escritura na Universidad de Zaragoza. Representante do conceptismo barroco, empregou os pseudónimos de Lorenzo Gracián e García de Marlones. Publicou, entre outras obras, El héroe (1637), El político (1640), Agudeza o Arte de ingenio (1642), El discreto (1646), El oráculo manual y arte de prudencia (1647), El Criticón (1651-1657), novela alegórica costumista que amosa o desengano e escepticismo ante a vida, nun estilo perfeccionista e conciso, típico do conceptismo, e El comulgatorio (1655).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Doutorouse en Teoloxía en Roma e estudiou xornalismo na Columbia University de Nova York. En 1918 exerceu como redactor en El Debate e posteriormente traballou en Ya, España Pesquera e El Ideal Gallego, ademais doutras publicacións españolas e estranxeiras. A partir de 1921 foi correspondente da axencia News Service. Despois de fundar con Angel Herrera Oria en 1926 a escola de xornalismo El Debate, foi asesor do Sindicato Nacional de Pesca. Durante a Guerra Civil española foi cronista de guerra co grao de tenente provisional. Publicou La Escuela de Periodismo. Programas y métodos (1930), Qué debe España a los religiosos? (1932), Mares y peces (1952) e a tradución Mi conversión al catolicismo (1940), do cardeal Newman. En setembro de 1949 foi nomeado fillo predilecto da vila de Cangas e déuselle o seu nome a unha rúa.
VER O DETALLE DO TERMO -
SERRAS
Sistema montañoso da Península Ibérica que constitúe o extremo occidental das Cordilleiras Béticas, ao NL da provincia de Cádiz. Culmina a 1.654 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO