Graña González, Manuel
Xornalista e escritor. Doutorouse en Teoloxía en Roma e estudiou xornalismo na Columbia University de Nova York. En 1918 exerceu como redactor en El Debate e posteriormente traballou en Ya, España Pesquera e El Ideal Gallego, ademais doutras publicacións españolas e estranxeiras. A partir de 1921 foi correspondente da axencia News Service. Despois de fundar con Angel Herrera Oria en 1926 a escola de xornalismo El Debate, foi asesor do Sindicato Nacional de Pesca. Durante a Guerra Civil española foi cronista de guerra co grao de tenente provisional. Publicou La Escuela de Periodismo. Programas y métodos (1930), Qué debe España a los religiosos? (1932), Mares y peces (1952) e a tradución Mi conversión al catolicismo (1940), do cardeal Newman. En setembro de 1949 foi nomeado fillo predilecto da vila de Cangas e déuselle o seu nome a unha rúa.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Cangas -
Deceso
Lugar : Madrid