"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Símbolo ou conxunto de símbolos con que se representa un son ou unha palabra. Por exemplo, o son [¥] represéntase coa grafía ll.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación por medio dunha ou varias liñas de datos numéricos que fan visible a relación que teñen entre si eses datos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de tendencia galeguista editada na Coruña a partir do 20 de agosto de 1922. Subtitulouse “Revista quincenal ilustrada”. Cesou a súa edición o 1 de outubro de 1922 (nº 3). Os seus colaboradores coincidiron cos do semanario Luz, que deixara de publicarse apenas un mes antes. Ademais, compartiu a súa edición coa aparición da revista Alfar, o que provocou a súa desaparición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada pola Asociación Galega de Deseñadores Gráficos, Ilustradores e Directores de Arte (AGG) na Coruña a partir de xaneiro de 1987. Subtitulouse “Publicación de Deseño Gráfico e Comunicación Visual”. Trátase dunha revista informativa, cun formato novidoso en forma de triángulo, que incluía diversas seccións relacionadas con proxectos, concursos e normativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á grafía e á imprenta.

    2. Que se representa ou fai por medio de figuras, liñas ou signos.

    3. Que expresa con moita claridade algo, como se o debuxase.

      1. Representación de algo por medio dun debuxo.

      2. Debuxo representativo dun conxunto de datos estatísticos.

      3. Subconxunto do produto cartesiano A x B de dous subconxuntos; trátase, polo tanto, dun grupo de parellas de elementos (a, b), onde a? A e b? B. No caso de que A e B sigan, respectivamente, o dominio de definición e a imaxe dunha función, o gráfico correspondente denomínase tamén gráfica funcional ou curva asociada á función.

      4. gráfico de control

        Representación cronolóxica de observacións relativas a mostras dun proceso industrial para controlar as características do produto e corrixir, se cadra, o funcionamento do proceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico de tendencia esquerdista editado en Ferrol en 1932, como resultado dunha folga dos tipógrafos do xornal El Correo Gallego. Nel participaron sinalados militantes do obreirismo departamental como o sindicalista Mario Rico e os socialistas Antonio Filgueira Vieites e Pedro Guimarey, amais do ex-crego e integrante da masonería, Matías Usero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orla ou cordón que presentaban algunhas moedas preto do bordo para evitar o seu desgaste e a práctica fraudulenta do retallamento. Existían diferentes tipos, como a de perlas, de puntos, de liña ou liñas e follas. Antigamente, gravábase nunha operación diferente da cuñación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Decoración que consiste en dar a unha superficie un perfil ondulado mediante incisións paralelas a xeito de molduras convexas xustapostas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento punzante que serve para facer os debuxos e as incisións de pinturas esgrafiadas ou estufadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especialidade das artes gráficas na que se atende dunha maneira particular ás técnicas e á composición de elementos gráficos que interveñen na páxina impresa e en todos os procesos de reprodución e estampación directamente relacionados. Ten a súa orixe no debuxo litográfico, o retoque e a ilustración publicitaria. No eido das belas artes aplícase ao predominio da liña e do ton sobre a cor nos debuxos e nos distintos tipos de estampas gravadas. Despois do cubismo, foron o construtivismo, o dadaísmo, De Stijl, a Bauhaus e a escola de Basilea os movementos que, entre 1920 e 1930, fixeron triunfar un novo grafismo caracterizado polas composicións macizas, as letras en pau seco, a revalorización dos espacios brancos e a manipulación fotográfica da ilustración. En EE UU naceu unha corrente gráfica en que a fotografía e a ilustración acadan o primeiro termo. Tamén se denomina deseño gráfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especialista en grafismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de grafitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Converter en grafito.

    2. Revestir algunha superficie con grafito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao grafito.

    2. Que deriva ou está feito de grafito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Descomposición da cementita en grafito e ferro, segundo a reacción Fe3C S C + 3Fe, que se pode desprazar á dereita polo arrefriamento lento do metal ou por medio de elementos grafitizadores. Coa grafitización aumenta a mecanizabilidade e a tenacidade da aliaxe e diminúe a dureza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á substancia que favorece a reacción da grafitización. Normalmente, emprégase o silicio, o níquel e o bismuto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mineral que cristaliza no sistema hexagonal. Ten un hábito tabular e tamén aparece como grans illados e formacións terrosas. É de cor negra, cun brillo metálico mate e opaco. Ten unha dureza de 1-2, unha densidade de 2,09-2,23 e unha perfecta exfoliación. Emprégase para fabricar as minas dos lapis e a súa alta temperatura de fusión (3000°C) e a súa insolubilidade nos ácidos fan que teña moitas outras aplicacións industriais. Denomínase tamén chumbo negro.

    2. graffiti.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é semellante ao grafito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que contén grafito.

    2. Que se parece ao grafito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Par (C, S) que se constitúe por un conxunto S de elementos e por un conxunto C de liñas que unen os elementos de S (manifestando unha correspondencia de S en si mesma).

    2. Gráfica dunha función.

    3. Teoría que permite tratar graficamente problemas formalmente complexos, e que se  aplica en numerosas ramas das matemáticas (álxebra, combinatoria, topoloxía, alxébrica ou lóxica matemática).

    VER O DETALLE DO TERMO