"RG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2188.
-
PERSOEIRO
Raíña de Francia, filla de Ramón Berenguer V, conde de Provenza. Casou con Luís IX de Francia. En 1258 Xaime I de Aragón fíxolle doazón dos seus eventuais dereitos sobre o territorio de Provenza, agás Montpellier e o seu señorío, no Tratado de Corbeil.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Margarida I de Acaia.
-
PERSOEIRO
Duquesa de Alençon, raíña de Navarra, condesa de Armagnac e escritora, filla do conde Carlos de Angulema e de Luísa de Savoia, e irmá do Rei Francisco I de Francia. Casou en 1509 co duque Carlos de Alençon e en 1527 co Rei Enrique II de Navarra. Escribiu o Heptaméron e varios poemas que foron recollidos en Miroir de l’âme pécheresse (1531).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Princesa de Acaia (1373-1374), de Tarento (1373-1380) e emperatriz titular de Constantinopla (1373-1380), filla do príncipe Filipe II de Acaia (Filipe I de Tarento). Herdou, á morte do seu irmán Filipe III de Acaia, o título imperial e os principados de Tarento e de Acaia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Dinamarca e Noruega (1387-1396) e de Suecia (1389-1396), filla de Valdemar IV de Dinamarca. Casada en 1363 con Haakon VI de Noruega, foi rexente durante a minoría de idade do seu fillo Olavo II de Dinamarca e derrotou a Alberte I de Suecia, país do que se fixo proclamar raíña. Impuxo a Unión de Kalmar (1397) aos reinos de Noruega, Suecia e Dinamarca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Dinamarca desde 1972, filla de Federico IX de Dinamarca e Noruega. De nome Margrette Alexandrine Thorhildur Ingrid, puido ser elixida como herdeira en 1953 pola abolición da lei sálica. Casou en 1967 co aristócrata francés Henri de Laborde de Monpezat, de quen tivo dous fillos, Federico, príncipe herdeiro, e Xoaquín.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Verosvres, Charolais 1647 - Paray-le-Monial 1690) Mística francesa. Profesou (1672) no convento da Visitación e manifestou que recibira de Xesús Cristo o encargo de propagar a devoción ao Sagrado Corazón. Na iconografía represéntase case anciá, con hábito escuro, en éxtase e axeonllada cos ollos cara ao ceo, e o seu atributo persoal é un corazón ou unha coroa de espiños na man. Canonizada en 1920, a súa festividade celébrase o 16 de outubro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Emulsión plástica de graxas e aceites ideada polo francés Mège-Mouriès que non proceden do leite ou que só proceden en parte. É un produto fundamentalmente graxo que, polas súas propiedades físicas e sensoriais, pode empregarse para os mesmos fins ca a manteiga. O seu consumo é moi elevado, xa que é máis barato ca a manteiga. Para obtela empréganse graxas animais refinadas e transesterificadas (oleomargarina, lardo, aceite de balea), aínda que predominan as graxas vexetais (de coco, algodón, soia, cacahuete, palma) refinadas e hidroxenadas. En moitos casos faise con mestura de graxas, diversas proporcións de leite pasteurizado, ou de nata. Outros compoñentes son: sal (conservador e intensificador do gusto), lecitina (tensioactivo), monoglicéridos e diglicéridos (emulsionantes), conservantes (ácido sórbico, ácido benzoico), vitaminas (A e D), colorantes (naturais), aromatizantes (diacetil, que permite evitar o emprego de leite cultivado), ácido cítrico e citratos (substratos dos microorganismos...
-
-
margarida.
-
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘teta’.
-
-
ILLAS
Illa das Antillas, situada ao NL de Venezuela. Forma, coas illas de Coche e Cubagua, o estado de Nueva Esparta. Nela sitúase La Asunción, capital de Nueva Esparta. É moi importante na súa economía a pesca e o cultivo de perlas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cóctel que se fai a base de ron, xenebra, brandy ou outro licor, con limón e, en xeral, un pouco de granadina, que se serve en copa xeada. Adoitan engadirse un pouco de sifón e dúas ou tres guindas.
-
CIDADES
Cidade situada no condado de Kent, Inglaterra, Reino Unido (53.280 h [1981]). É un lugar de veraneo, no esteiro do Támesis, e un pequeno porto de pesca. A súas principais actividades económicas derivan do turismo estival.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mamífero carnívoro que mide 40 cm ata a cruz e 85 cm de lonxitude, e mais 40 cm de cola. A súa cor varía da pardo amarelenta á pardo escura e presenta manchas ovais e raias lonxitudinais negras. De costumes nocturnos, é bo trepador e áxil nas árbores, onde pasa a maior parte do tempo e descende das copas de cabeza, ao contrario ca a maioría dos felinos. Aliméntase de pequenos mamíferos, réptiles, insectos e aves que comparten a cima das árbores. Habita en altiplanos de densa vexetación desde o N de México ata o N de Arxentina.
-
PERSOEIRO
Xeólogo e xeomorfólogo. Membro da Societé Géologique de France, está considerado un dos fundadores da xeografía física. Escribiu, entre outras obras, Les formes du terrain (1888), en colaboración con G. de la Noë, e Le Jura (1936).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico. Foi un dos iniciadores da análise química e introduciu o uso do microscopio nos estudios químicos. Empregou o ensaio á chama para diferenciar o sodio do potasio e obter o P2O2 por combustión do elemento; e tamén demostrou en1946 que o cinc era un elemento, cando conseguiu illalo en estado puro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que contén marga.
-
Que é semellante á marga.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coeficiente adimensional que se emprega nos cálculos termodinámicos dun fluído sometido a convección forzada, que representa a relación entre a calor transferida e a capacidade técnica do fluído. É igual ao número de Nusselt dividido polo produto do número de Reynolds e o número de Prandtl. OBS: Tamén se denomina número de Stanton.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título outorgado aos funcionarios ou condes que se encargan de comandar as tropas e administrar xustiza nunha marca ou provincia fronteiriza do Imperio Carolinxio e o Sacro Imperio. Xerarquicamente inferior ao duque, acadou un poder similar a este, e gozou dunha situación de semiindependencia respecto do emperador cando o margraviato se fixo hereditario. No s XIX este título desapareceu ao acceder a dignidades superiores, como gran duque, elector ou rei.