"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • Cada un dos derivados haloxenados, con cloro e fluor, do metano e do etano. Caracterízanse pola súa elevada volatilidade e estabilidade. A causa da súa fácil licuación empréganse como refrixerantes nas industrias frigoríficas, e como propulsores de aerosois na fabricación de espumas e na astronáutica. Os máis importantes son o triclorofluorometano (freon 11) e diclorodifluorometano (freon 12).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo. Foi autor de numerosos traballos sobre socioloxía industrial e das ocupacións, como Problèmes humains du machinisme (1947), Où va le travail humain? (1950) e, en colaboración con Pierre Naville, Traité de sociologie du travail (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Foi profesor na Universidade de Berlín. Investigou nas ramas máis elevadas da álxebra, en conexión coa teoría das funcións e dos grupos. Os numerosos teoremas que levan o seu nome representan un enriquecemento da álxebra clásica e constitúen un dos puntos de partida da álxebra moderna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo e etnólogo. Especializouse en arte prehistórica e culturas africanas. Investigou centros de arte prehistórico nos Alpes, Noruega, España e no N de África, e organizou 12 expedicións a África (1904-1935). No 1922 fundou o Frobenius Institut for Cultural Morphology en Frankfurt, onde estableceu unha colección de facsímiles de pinturas e grabados prehistóricos. Ademais, mantivo contactos coas culturas actuais africanas e o seu folklore. Escribiu, entre outras obras, Atlantis: Volksmärchen und Volksdichtungen Afrikas (Atlántida: contos e poemas populares de África, 1922) e Kulturgeschichte Afrikas (Historia cultural de África, 1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao trigo ou aos outros cereais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non produce o resultado esperado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás fucáceas.

    2. Alga da familia das fucáceas.

    3. Familia de algas mariñas, da orde das fucais, de talos brandos, grosos, aplanados e moi subdivididos e diferenciados. Contan cun disco basal en ventosa co que se adhire ás rochas e frecuentemente presentan aerocistos no extremo dos talos que manteñen a alga en posición vertical co corpo mergullado. O estípite está provisto lateralmente de dúas partes aplanadas a xeito de alas e a fronde aparece dividida dicotomicamente cunha nervación máis ou menos marcada. A reprodución é preferentemente sexual, mediante oogamia, aínda que en condicións adversas reprodúcese por fragmentación do talo. É unha familia moi difundida, especialmente, en mares fríos. Os xéneros máis comúns son Ascophyllum, Fucus e Pelvetia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e botánico alemán. É o autor de Historia Stirpium (1542), que é a primeira obra que tentou establecer unha nomenclatura botánica fixa e uniforme. Carlos V concedeulle diversos títulos de nobreza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado no sector sueste da provincia, no límite coa de Huelva (2.851 h [1996]). O territorio é moi accidentado por Serra Morena. Hai agricultura, gandería e industrias alimentarias (bebidas e embutidos). Do seu patrimonio cultural destacan o castelo del Cuerno e a igrexa de Nuestra Señora de los Ángeles (s XVI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten as propiedades do raio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Remuíño de vento que se produce no mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e sociólogo. Formado en dereito, medicina e filosofía, foi profesor de dereito internacional na École des Sciences Politiques. Entre as súas obras destaca Les sophistes allemands et les nihilistes russes (Os sofistas alemáns e os nihilistas rusos, 1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro crada en 2002 en Artes (Ribeira). Naceu coa finalidade de xestionar e organizar as actividades do Museo do Gravado e da Estampa Dixital de Artes. O seu presidente fundador é o promotor do museo, Javier Expósito. Na súa creación participaron, entre outras institucións, a Consellería de Cultura, a Deputación da Coruña, o concello de Ribeira, o Museo del Prado, a Calcografía Nacional e a Universidade de Santiago de Compostela. Entre as súas actividades está a organización de exposicións e outros actos arredor da arte gráfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten aparencia de farelo.

      1. Que produce escamas que semellan o farelo.

      2. Aplícase á escamadura propia do sarampelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista alemán. En 1881 escribiu unha gramática do chinés, distinguida tanto pola súa sinoloxía como pola súa metodoloxía (Chinesische Grammatik mit Ausschuluss der niederen Stiles und der heutigen Umgangssprache). En 1891 publicou a súa obra fundamental Die Sprachwissenschaft, ihre Aufgaben, Methoden und bisherigen Ergebnisse, que se divide en catro partes: terminoloxía e obxecto do estudo lingüístico, principios para a descrición da lingua, problemas tradicionais na historia lingüística e filoloxía en xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán. Centrou os seus estudios nos métodos das ciencias humanas e buscou harmonizar a verdade e a historia. Das súas obras destacan Wahrheit und Methode (Verdade e método, 1960), Dialogue and Dialectic (1980) e Plato’s dialectical ethics: phenomenological interpretations relating to the Philebus (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría que considera a superficie da Terra como un sistema integrado, no que os organismos vivos e os factores xeolóxicos e climáticos están interrelacionados e se inflúen mutuamente. Foi unha idea proposta na década de 1970 polo bioquímico británico J. E. Lovelock e complementada pola bióloga estadounidense L. Margulis. Tamén se coñece como hipótese de Gaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de galantear.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Buque da carga ou de guerra, propio dos séculos XV, XVI e XVII, ao que se lle atribúe unha orixe hispánica. Arboraba tres ou catro paos con velas xeralmente cadradas, aínda que tamén tiñan algunhas latinas. No s XII asemellábase a unha pequena galera no seu corte e obra morta, aínda que eran menos longos e máis veloces, cunha soa fila de remos; entre os ss XV e XVII designaba os grandes navíos de alto bordo que se dedicaban ao comercio entre España e Portugal con América, especialmente ao transporte de ouro desde México e Perú. Adoitaban formar grandes convois de ata trinta ou corenta navíos para protexerse dos piratas. Conforme foi evolucionando a súa construción, chegou a acadar un desprazamento dunhas 1000 t.

    2. Embarcación de cabotaxe, construída en Galicia, duns 13 m de eslora e dunhas 15-20 t, que se empregou especialmente nas Rías Baixas desde comezos do s XX ata a década dos 60. A adaptacion ao medio condicionaba o seu tamaño e características de funcionalidade: barrigudos de proa, con moita manga, cuberta ocupada en gran parte pola adega, popa redonda, fasquía mariñeira de proa levemente lanzada e aparello de balandro complementábase polos catro grandes remos que suplían a falta de vento. Calaba pouco e tiña a obra viva moi plana e leme con dúas posicións, unha máis baixa ca a quilla e outra ao mesmo nivel. Construíase con madeira de carballo e piñeiro. Dedicábase, basicamente, ao transporte da sardiña, dende a boca das rías ata as fábricas de salgadura, e mesmo de tellas e ladrillos na ría de Arousa, ou doutros produtos como madeira, sal, barro ou millo. A súa tripulación estaba composta por un patrón e dous mariñeiros; tiña rancho para os tripulantes a proa e cámara para o patrón a popa....

    VER O DETALLE DO TERMO