"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colección de libros de fotografía presentada a finais de abril do ano 2000, editada polo Centro de Estudos Fotográficos. Nesta colección, dirixida e deseñada por Felipe Sendón e Xosé Luís Suárez Canal, teñen cabida os novos fotógrafos galegos e outros profesionais estranxeiros cunha obra consolidada. O primeiro libro, titulado Cartas á fisgona, contén o traballo fotográfico de Rut Massó. Posteriormente, saíron outros volumes dedicados á obra de Wojciech Prazmowski, Fran Herbello, Karen Knorr, Antoine D’Agata, Marcos Vilariño e Ruth Thorne-Thompsem.
-
GALICIA
Artista plástico. Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (1996), realizou cursos de especialización en pintura e escultura na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo (1996). Dende 1998, residiu en Italia, onde traballou para as galerías de Padua e Perugia, e na organización de exposicións. Dirixiu as súas investigacións aos temas relacionados coa morte e a maternidade. Seleccionárono para a Exposición Internacional de Pintura, I Salón de Outono da Cidade da Coruña (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga rexión da Baixa Nubia que se estendía desde Elefantina ata Hierasykaminos. Formaba un tapón entre os estados meroíticos e o Exipto dos Ptolemeos, que a conservaron case sempre no seu poder. Pasou ás mans dos romanos ata que Diocleciano renunciou a ela por causa dos ataques do pobo nubio dos blemios (297).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte do verso, con máis de cinco sílabas de extensión, que se separa do resto mediante dúas pausas.
-
PERSOEIRO
Pintor. Estudiou na escola de Sant Carles de València e na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1864). Con unha pensión outorgada pola deputación valenciana (1868), trasladouse a Roma onde pintou La destrució de Sagunto (A destrución de Sagunto). Mestre na escola de Sant Carles, en 1875 trasladouse a París onde residiu ata 1914. Realizou cadros anecdóticos de ambiente histórico, e retratos. Entre outros galardóns, recibiu a primeira medalla na Exposición Nacional de Bellas Artes de 1871 polo cadro Santa Clara (1870) e foi membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1917). O seu fillo Roberto Domingo Fallola (París 1833 - Madrid 1956), tamén pintor, especializouse en escenas de touros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Adoptou o apelido familiar Bécquer, aínda que o seu verdadeiro nome era Gustavo Adolfo Claudio Domínguez Bastida. Ao morrer seu pai ingresou no colexio San Telmo para seguir estudios de náutica, que abandonou para formarse como pintor con Cabral Bejarano e máis tarde no estudo do seu tío Joaquín Domínguez Insausti. Por estes anos escribiu Oda a la muerte de Don Alberto Lista (1848), Oda a la señorita Lenona en su partida, publicou os seus primeiros traballos no xornal La Aurora e algúns poemas (“La plegaria y la corona”, “A Quintana”). En 1854 trasladouse a Madrid e colaborou en diversos xornais da época (El Contemporáneo, El Museo Universal, El Porvenir, La España Artística y Literaria e La Iberia). Escribiu a comedia La novia y el pantalón (1856), en colaboración con García Luna. Un ano máis tarde rematou a primeira entrega de Historia de los templos de España (1857-1858),...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Membro dunha familia de pintores, adoptou o apelido familiar Bécquer, aínda que o seu verdadeiro nome foi Valeriano Domínguez Bastida. Formouse co seu tío Joaquín Domínguez Insausti. Cunha pensión outorgada por Alcalá Galiano en 1865, viaxou por España para pintar e debuxar os tipos populares cun realismo matizado polo romanticismo. Trala Revolución de 1868 retiróuselle a pensión e comezou a realizar ilustracións en xornais como El Museo Universal e La Ilustración de Madrid. Entre as súas obras destacan El Presente, El leñador, La fuente de la ermita ou Retrato del conde de Ibarra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo e político liberal. Cursou estudios en Santiago de Compostela e ingresou no convento de San Lourenzo, aínda que antes de profesar trasladouse a Madrid, onde ensinou francés. Participou na política activa e en numerosas sociedades secretas de corte liberal existentes en Madrid, e formou parte da insurrección contra Narváez (1848). Cómpre destacar as súas obras Nueva gramática francesa (1844), Reglas de ortografía francesa (1844), Dicionario nacional o gran dicionario clásico de la lengua española (1846), Dicionario de bolsillo francés-español y español-francés (1846) e Compendio do dicionario nacional de la lengua española (1852).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Joaquín Domínguez Bécquer, foi tío e mestre de Valeriano Bécquer. Dirixiu as obras dos Reales Alcázares e foi pintor de cámara honorario de Isabel II. Cultivou o retrato e a pintura costumista andaluza. Entre outras obras destacan Feria de Sevilla, Baile de Gitanos e La lonja en día de carnaval.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Doutor en Dereito, colaborou en El Porvenir, El Eco de Galicia, El Heraldo Gallego, La Perseverancia e La Joven Galicia, e foi redactor de El Recreo Compostelano, El Eco Compostelano e El Miño. Dirixiu a Corona fúnebre a la memoria del distinguido poeta gallego Aurelio Aguirre Galarraga (1859). Entre as súas publicacións destacan “Fisionomía del médico gallego rural” (1851), “Outra carta procrama en pro do País en contra de canto se opoña ao engrandecemento do antigo reino gallego” (1858), baixo o pseudónimo Pepe de Mingos Esquerdo, e “Estonces e agora ou coroas e cadeas do fidalgo povo galicián” (1859), que destacaron por formar parte dos primeiros textos en prosa escritos en galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e comerciante. Colaborou en diversas revistas e xornais galegos. É autor de varias narracións breves. A súa peza dramática, A tola xuiciosa, recibiu o Premio de Teatro Abrente de Ribadavia en 1974.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico que se editou en Vigo entre os anos 1910 e 1915.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación bilingüe editada en Ponteareas a partir do 30 de abril de 1921 e que cesou o 31 de agosto de 1925. Subtitulouse “Quincenario de la guasa. No pertenece al trust”, “Quincenario satírico”, “Quincenario conservador” e “Quincenario político”. Contou coas seccións “Menudencias”, “Nuestras dulcineas”, “Quixotescas”, “Xeringazos” e “Paliques”, entre outras. Tivo unha interrupción de dous anos, dende xullo de 1922 ata xullo de 1924; nesta segunda época incluíu unha nova sección titulada “Página femenina”. Dirixiuna Prudencio Medal. No terreo literario, publicou contos e poemas satíricos asinados por Vidales Tomé, contos en galego de Roxelio Rivero e Manuel Lugrís Freire, quen asinaba co pseudónimo de Asieumedre, Labarta Pose, Xosé Fernández López, Fernández Otero, e ademais cos asinados cos alcumes Xan de Pilonia, Xan d’Outeiro, Xan da Crus, Somorrostro, Farruco, Alrivraros e San Benito. Reproducíronse tamén poesías de Rosalía de Castro, Xavier Prado, B. Pesqueira...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espacio natural protexido que ocupa unha superficie de 50.720 ha -das que 10.000 son de propiedade pública- no golfo de Cádiz, na marxe dereita e na desembocadura do río Guadalquivir, dividido entre as provincias de Huelva, Cádiz e Sevilla. Propiedade entre 1309 e 1897 da Casa de Medina-Sidonia, que a obtivo logo da conquista aos árabes, empregouse fundamentalmente como couto de caza e débelle o nome a doña Ana de Silva y Pantoja, que viviu nun pazo no interior do coto a finais do s XVI. Foi declarado parque nacional en 1969. Alberga fundamentalmente tres ecosistemas relacionados: os complexos litorais de praia e dunas, as matogueiras ou cotos, e as marismas. Limita ao N co parque natural de Doñana (54.250 ha), declarado en 1989 e xestionado polo Goberno de Andalucía; nel pódense encontrar matogueiras mediterráneas, áreas húmidas estacionais e arrozais. A marisma forma unha gran planicie semiacuática e lamacenta de 22.000 ha atravesada por correntes de auga -denominadas caños-,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘repousar’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cadeliño’.
-
PERSOEIRO
Político francés. Obreiro da metalurxia e membro do Partido Comunista (1921), foi deputado (1924) e, a partir de 1927, secretario xeral das xuventudes do partido. En 1934 declarouse partidario da unión cos socialistas e foi expulsado do seu partido. Foi alcalde de Saint-Denis e mantívose en disidencia ata que fundou un grupo fascista, o Partido Popular Francés (PPF), en xuño de 1936. Colaboracionista a partir de 1940, liderou a Lexión dos Voluntarios Franceses contra o Bolxevismo (LVF) de Vichy.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Libro de relatos da autoría de Rafael Dieste, o único que publicou en lingua galega. Os vinte relatos que o conforman escribíronse ao longo de case trinta anos e publicáronse por separado en circunstancias diversas ata que, tras numerosas modificacións, se recolleron en libro. A primeira edición imprimiuse nos talleres do xornal El Pueblo Gallego en 1926 co subtítulo Contos do monte e do mar, desaparecido en posteriores edicións, e incluía oito contos: “Encol da morte do Bieito”, “De cómo se condanóu o Ramires”, “A lenda da vella Lusca” (titulado na segunda edición “O regreso” e na terceira “A volta”), “A luz en silenzo”, “Hestoria dun xoguete”, “O vello moreno”, “O vagamundo” e “O vello que quería vélo tren”. A segunda edición apareceu en 1962 da man de Galaxia e incorporou dez novos relatos, catro deles constituíran o apéndice da peza teatral A fiestra valdeira (1927) -“O neno suicida”, “Na morte de Estreliña”, “Espanto de nenos” e “O grandor do mundo”- e cinco publicáronse en El Pueblo...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Home travestido que viste roupas rechamantes e estrafalarias, perrucas coloristas, zapatos de plataforma e maquillaxe sofisticada.