Do Trinque
Do Trinque
[PUBLIC]
Colección de libros de fotografía presentada a finais de abril do ano 2000, editada polo Centro de Estudos Fotográficos. Nesta colección, dirixida e deseñada por Felipe Sendón e Xosé Luís Suárez Canal, teñen cabida os novos fotógrafos galegos e outros profesionais estranxeiros cunha obra consolidada. O primeiro libro, titulado Cartas á fisgona, contén o traballo fotográfico de Rut Massó. Posteriormente, saíron outros volumes dedicados á obra de Wojciech Prazmowski, Fran Herbello, Karen Knorr, Antoine D’Agata, Marcos Vilariño e Ruth Thorne-Thompsem.