Do Río
Do Río
[ONOM]
Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica “río” e mais a preposición de (neste caso coa forma do, resultado da contracción co artigo masculino o) indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo ao que se lle aplicou na súa orixe. Documéntase no s XIII: “Diego do Rio” (doc ano 1299 en J. I. Fernández de Viana y Vieites, Colección diplomática del monasterio de Santa María de Ferreira de Pantón, 1994, p 40).