"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Teólogo. Bispo de Ruspe (507) foi desterrado por Trasimundo, rei dos vándalos, pero volveu do exilio no 523. Escribiu numerosas obras, entre as que destacan, Contra Arianos e Ad Thrasamundum regem, contra os arrianos. A súa festividade celébrase o 1 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo hispano, irmán dos bispos de Sevilla, san Leandro e san Isidoro. Bispo de Écija e logo de Cartagena, interveu no II Concilio de Sevilla (619). Na iconografía leva vestiduras de pontífice, sen o palio sagrado e, como atributo, un báculo. A súa festividade celébrase o 1 ou 16 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
fumegante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
fumegante.
-
-
Que fumea.
-
Aplícase ao ácido que, en contacto coa humidade do aire, desprende vapores.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das substancias empregadas na fase gasosa para eliminar unha forma de vida non desexada.
-
FILOSOFOS
Filósofo e sociólogo. Formado en dereito, medicina e filosofía, foi profesor de dereito internacional na École des Sciences Politiques. Entre as súas obras destaca Les sophistes allemands et les nihilistes russes (Os sofistas alemáns e os nihilistas rusos, 1887).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución portuguesa de dereito privado e utilidade pública, con sede en Lisboa, creada polo testamento de Calouste Sarkis Gulbenkian (18.6.1953). Confirmada pola aprobación dos estatutos en 1956, entre os seus fins inclúense a educación, a ciencia, a beneficencia e as artes. As súas instalacións, situadas no Parque Gulbenkian, inclúen a sede da fundación, o Museu Gulbenkian, a biblioteca de arte e o Centro de Arte Moderna. Ademais, conta co Instituto Gulbenkian de Ciencia instalado en Oeiras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación creada polo pintor Antoni Tàpies en 1984 para o estudo da arte contemporánea. En 1990 inaugurouse a súa sede no edificio da antiga editorial Montaner i Simon de Barcelona. As súas actividades céntranse na investigación artística e na organización de exposicións, seminarios, conferencias, concertos e actividades culturais de arte contemporánea. A biblioteca está especializada en arte de culturas non occidentais e arte do s XX e ten un arquivo exhaustivo sobre o pintor Tàpies.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada en Pontevedra a partir de abril de 1993. Exerceu como voceiro informativo da devandita entidade e contaba co apoio da Consellería de Cultura. No seu consello editorial figuraban Guillermo Campos, Xosé Mª García, Ramón Latas e Xosé Castro, quen se encargaba da coordinación e deseño. Ademais de datos culturais, centraba os seus artigos en aspectos biográficos do político ourensán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro constituída por Amancio Ortega, presidente do grupo Inditex, cun capital inicial de 10.000 millóns de pesetas o 10 de xullo do 2001. Entre os seus obxectivos destacan o desenvolvemento e modernización dos procesos de ensino e aprendizaxe mediante a incorporación de tecnoloxías avanzadas nos centros escolares. Os seus proxectos comezaron co apoio á educación primaria e infantil no Centro de Ensino Infantil e Primaria Ponte dos Brozos, de Arteixo (A Coruña). Está prevista a súa extensión aos campos da educación, da cultura, da investigación e da ciencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro que se constituíu o 9 de agosto de 1999 trala firma dun protocolo entre o conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, o alcalde de Santiago de Compostela e Antonio Fraguas Fraguas. Ten como espazo e referencia o Museo do Pobo Galego e o seu patrimonio está constituído polas achegas dos patróns e socios do Museo. Entre os seus obxectivos inclúense a conservación e dinamización do legado patrimonial que Antonio Fraguas reuniu ao longo da súa carreira, para incrementar a investigación, a divulgación e a conservación dos lugares da memoria de Galicia, así como asegurar que o Museo do Pobo Galego poida cumprir adecuadamente os seus fins.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro creada en 1989 por Caixa Galicia coa finalidade de promover as actividades culturais en calquera das súas posibles manifestacións. Ten a súa sede principal na Coruña. Centrouse no eido da investigación, das belas artes e da promoción cultural e na concesión de bolsas. Convoca diversas actividades de índole cultural. O interese polas artes plásticas deu lugar á creación da Colección Caixa Galicia (1996), con sede na Coruña, constituída por fondos xa existentes e enmarcada nunca política de novas adquisicións que ten en conta as achegas da arte máis nova en Galicia. Pintura, escultura, instalacións e fotografía constitúen os fondos da colección. Posúe varias salas de exposicións e participa así mesmo, en mostras de arte contemporánea. Conta cun servizo pedagóxico para estudiantes e realiza talleres para os mais novos. Dende o curso 1997-1998 concede diversas bolsas de estudios no estranxeiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro con sede en Betanzos creada en 1997 coa finalidade de promover e difundir as artes plásticas, en xeral, e a arte gráfica, en particular. A súa orixe está nos Cursos Internacionales de Gráfica, organizados dende 1985 polo artista Jesús Núñez, presidente da fundación. Ten a súa sede na casa Núñez, edificio modernista situado no centro histórico da vila que ofrece amplos espacios dedicados ás artes gráficas e que está concibido como un lugar de exposición, de traballo, de ensino e de encontro. Organiza cursos prácticos e teóricos sobre técnicas tradicionais, como o gravado calcográfico, a litografía, a xilografía e a serigrafía, e sobre novas tecnoloxías artísticas e industriais aplicadas á estampa. Conta cunha biblioteca e cunha colección de gravados coa que se formou en 2002 o Museo de la Estampa Contemporánea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro con sede en Pontevedra creada en 1991 coa finalidade de promover actividades culturais e deportivas que contribúan ao coñecemento do patrimonio cultural, histórico e artístico de Galicia e da realidade cultural española. Naceu co propósito de dar continuidade e impulso ao labor que desenvolveron as Rutas Cicloturísticas del Románico-Internacionales. Das súas actividades destacan, ademais da organización das Rutas Cicloturísticas, a celebración de conferencias, concertos, exposicións e cursos, e a edición de libros sobre poesía, arte e historia. Concede un premio de escultura e pintura para alumnos da facultade de Belas Artes de Pontevedra, e colabora en actividades análogas con outras fundacións, asociacións e particulares.
-
-
Principio ou razón fundamental na que se basea ou sobre a que se constrúe algo inmaterial.
-
Sentimento de confianza que se ten cando se cre que algo vai acontecer.
-
-
SERRAS
Serra de China, situada no sheng de Henan. Forma parte dos últimos contrafortes tibetanos e ao S está limitada polo val do río Bai He.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Ciclón tropical caracterizado pola alta velocidade coa que se despraza. O centro de acción ten presións moi baixas, que poden chegar aos 965 mb. Os ventos poden acadar velocidades de ata 200 km/h e deixan ao seu paso precipitacións torrenciais. Fórmanse en latitudes subecuatoriais.
-
Cousa ou persoa que causa destrución por onde pasa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten a violencia dun furacán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Casa particular ou calquera outro lugar, acondionado coma se fose unha taberna, onde se vende viño da propia colleita.