"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • GALICIA

    Debuxante e escritor. Colaborou cos seus artigos en diversas publicacións periódicas e cos seus debuxos en El Pueblo Gallego, El Tea, Vida Gallega e Faro de Vigo. Parte dos seus artigos recolléronse en Ruleta de motivos puenteareanos (1964) e dos seus debuxos en Os nosos humoristas 2: Vidales Tomé (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano. Militante comunista, foi axente do Komintern en EE UU (1923-1927). Na Guerra Civil Española foi asesor militar das milicias comunistas e comisario político do Quinto Regimiento, e empregou o nome de Carlos Contreras. Foi acusado de ser o responsable do asasinato de Andreu Nin (1937). Foi deputado (1958-1963) e senador (1963-1968) polo Partito Comunista Italiano. Publicou La Quinta Columna. Cómo luchar contra la provocación y el espionaje (1937).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Foi un dos promotores da lingua galega na liturxia católica. Foi director xeral de Cultura, membro da Comisión de Lingüística e Toponimia da Xunta de Galicia, e colaborador en diversos medios de comunicación, como a revista Ínsula, ou os xornais La Noche e La Voz de Galicia. Traduciu O Cantar dos Cantares (1964), O Mito da Espenuca (1965), de Platón, A apocalipse (1966) e Misal galego (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema teleinformático en que a información, en imaxes fixas, sobre todo textos e gráficos, se transmite   a través da rede telefónica e se recibe nunha pantalla ou monitor que permite o diálogo entre o abonado e o banco de datos. Está formado basicamente por unha base de datos accesible ao usuario, unha rede de transporte da información e o aparello do abonado. OBS: ; Tamén se denomina videografía interactiva

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e escritor. Residiu desde pequeno en Brasil, onde entrou na Compañía de Xesús (1623) e foi ordenado sacerdote (1635). De postura proindiana, foi condenado a arresto domiciliario (1667-1668). Considerado un dos máis destacados prosistas e oradores portugueses, a súa obra está recollida en 15 volumes de sermóns (1679-1699) e 3 de cartas (1735).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Comezou fotografando os seus compañeiros de traballo e logo profesionalizouse en Catalunya, no estudo de Julio Pallí. De volta a Soutelo (1955) fíxose con numerosos clientes da comarca, desprazándose polas aldeas para facer retratos de vodas, velorios, comuñóns ou do DNI. A súa obra caracterizouse pola naturalidade e a dignidade das poses, e unha coidada escenografía no exterior, en que introducía todo tipo de elementos (coches, animais ou fondos vexetais). Con preferencia polo branco e negro, na década de 1970 introduciu a cor e fotografou escenas cotiás, labores agrícolas e actos sociais. Abandonou a fotografía en 1980. A súa obra reflicte a evolución da sociedade da época, o mundo da emigración e as súas consecuencias en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Investigador. Doutor pola Universidad de Madrid (1946), foi catedrático de Fisioloxía Vexetal da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago, e decano das facultades de Ciencias e de Bioloxía. Ocupou diversos cargos no CSIC, como o de investigador científico e director do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, e foi xefe da sección de fisioloxía vexetal da Misión Biolóxica de Galicia. Foi alcalde de Santiago de Compostela (1986-1987) por Alianza Popular, presidente da Federación Europea de Sociedades de Fisioloxía Vexetal, e desde 1978 preside a Real Academia Galega de Ciencias.Recibiu diversos premios e distincións, entre os que destaca os premios Juan de la Cierva (1947), Alonso de Herrera (1954), o Premio de Investigación Deputación Provincial de Pontevedra (1972 e 1976), o Premio de Investigación Xunta de Galicia (1992), a Cruz Alfonso X El Sabio e a Medalla de Prata ao Mérito Deportivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do prenome ou do apelido galego Bieito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Coñecido como Xan Vieito, emprega unhas tonalidades cromáticas cálidas en ocasións e frías e mornas noutras, nunhas obras que se sitúan entre a figuración e a abstracción. Destacan Foliada (2005) e Ocaso (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e gravador de nome artístico Xan Vieito, realizou a súa primeira exposición individual no mosteiro de Poio (1998). Dende entón ten participado en numerosas exposicións individuales e colectivas galegas e portuguesas, destacando a súa participación como artista estranxeiro invitado en Goisarte, Gois, Portugal (2001 e 2005). As súas viaxes fora da península ibérica o levan a expoñer en Québec, Canadá (2001) e Bolsano, Italia (2007). Socio fundador de GALUART (Asociación Galaico Lusa de Artistas Plásticos e Visuais), tamén é membro da Asociación española de médicos escritores e artistas. Entre os seus premios destaca a medalla do 5ème Salon International de Nantes, Francia (2005). Na súa obra explora o mundo onírico e da infancia, utilizando gradacións de cores cálidas e figuras humanas entre a figuración e a abstracción. Da súa obra destacan Almas sin rumbo (2009) e Universo 1 (2009).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Juan M. Vieito Fuentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago de Suíza (114 km2) situado a 434 m de altitude, na zona de contacto da Suíza alpina e a Suíza media. Atravésao o Reuss, afluente do Aare. A cidade máis importante da súa ribeira é Lucerna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, urbanista e teórico. Realizou o plano do desenvolvemento da paisaxe de Lombardia, coñecido co nome de Studio Verde (1963-1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta francés, conde de Vigny. O seu primeiro poema, Éloa ou la soeur des anges (1824), foi simbólico. Dentro das súas novelas destaca a histórica Cinc-Mars (1826), Stello (1832), que o consolidou como novelista, e o drama Chatterton (1835). Algunhas outras obras foron Servitude et grandeur militaires (1835) e Jounal d´un poète (1867).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porto da beira meridional da ría de Vigo, no litoral da cidade homónima. As instalacións portuarias esténdense sen solución de continuidade ao longo de 10 km entre Teis e Bouzas. Altérnanse os peiraos dedicados ao tráfico de mercadorías (Guixar, Areal, Transversal, do Comercio e Bouzas), cos pesqueiros (O Berbés, Beiramar e Bouzas), cos reservados ao transporte de viaxeiros (Transatlánticos e Estación de Ría) e cos deportivos (Náutico e Bouzas). A actividade pesqueira, intimamente relacionada coa industria transformadora localizada na cidade, converteuno no principal porto a escala mundial de descarga de peixe para consumo humano. En 2003 movéronse no porto 673.874 t de peixe, das que 82.604 t corresponderon a peixe fresco e 585.784 t a peixe conxelado. No tráfico mercante tamén é un porto destacado nas grandes rutas internacionais, mantén liñas regulares con todos os continentes; destacan pola súa importancia as da África Austral, Extremo Oriente, Oriente Medio e América; entre as europeas,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiadora da arte. Os seus estudos centráronse na arquitectura e escultura renacentista e barroca en Galicia. Destacan as súas obras La escultura del Renacimiento en Galicia: el manierismo (1983), Lugo barroco (1983), Francisco de Moure (1991) e La arquitectura barroca en Galicia (1991); e coordinou O antigo retablo maior da catedral de Lugo (1995) e O patrimonio histórico da Universidade de Santiago de Compostela (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro e escritor. Fundador da Casa de Galicia Celso Emilio Ferreiro de Pasaia e presidente da Casa de Galicia en Gipuzkoa (1995-1999), é autor de El aguardiente y la queimada (1995), Lareiras de Galicia (1998), La gastronomía en los caminos de Santiago por Gipuzkoa (1999) e Gallegos en Sestao: 50 años (1952-2002) (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porto da beira meridional da ría de Arousa, no litoral da parroquia de Vilagarcía, concello de Vilagarcía de Arousa. As instalacións portuarias esténdense ao longo de máis de 2 km e inclúen peiraos comerciais, de viaxeiros, pesqueiros e deportivos. Ocupan unha superficie de 431.086 m2. O volume de tráfico descargado en 2002 foi de 1.154.000 toneladas. O porto tivo a súa orixe no do Carril, que foi o primeiro en Galicia que contou con servizo de ferrocarril (1873). A súa expansión obrigouno a situarse na parroquia limítrofe de Vilagarcía, que ofrecía maior calado. Alí construíuse a partir de 1878 un peirao de 400 m. Declarado porto de interese xeral do estado en 1888, xestiónao a Autoridade Portuaria de Vilagarcía. En 1982 as instalacións de Vilaxoán e do Carril, que ata entón dependían da Xunta de Obras do Porto de Vilagarcía, foron transferidas á administración autonómica, mentres que as de Vilagarcía mantiveron o seu carácter estatal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo convento situado en Mondoñedo. Fundouse en 1378 e pertenceu á Orde Terceira de San Francisco. Remodelouse no s XVIII e estivo ocupado polos irmáns pasionistas (1884-1964). A igrexa ten unha soa nave con tres tramos con cuberta gótica e cúpula con lanterna do s XVIII. A fachada é barroca e nela destaca a torre lateral con dous corpos e rematada nunha cúpula. Ten un claustro de planta rectangular con dous pisos, o inferior con arcos e o superior con ventás. Conserva tamén a antiga cociña e a escaleira principal do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porto pesqueiro situado na ría de Arousa no concello de Vilanova de Arousa. Ten un calado de 2 m e conta con pequenas instalacións náutico-deportivas.

    VER O DETALLE DO TERMO