"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Compositor e teórico musical austríaco. En 1698 foi nomeado compositor da corte de Viena, e o Emperador Carlos VI fíxoo mestre da capela imperial (1715). Da súa produción destaca a ópera Costanza e Fortezza (1723) e as obras relixiosas. Publicou o tratado teórico Gradus ad Parnasum (1725).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo musical creado en Lugo en 1972 que emprega a voz como canle de expresión fundamental. No seu repertorio combinan temas de autoría propia con outros de tradición popular e adaptacións de textos poéticos de Manuel María, Darío Xohán Cabana, Marica Campo ou Celso Emilio Ferreiro, entre outros. Moitas das súas cancións céntranse na denuncia da problemática social e cultural galega, con alusións ao mundo do caciquismo, a emigración, etc. Ademais de Galicia, a súa proxección artística estendeuse a outros puntos do estado español, a Portugal e a diversas cidades europeas, como París, Londres, Bruxelas ou Lorient. A súa produción discográfica comezou en 1976, coa edición do disco Fuxan os Ventos; posteriormente gravaron O tequeletequele (1977), Sementeira (1979), Galicia canta ao neno (1978) e Quen a soubera cantar (1981). Os seus compoñentes foron variando e a comezos de 1983 produciuse a última modificación do grupo, coa incorporación dun trío...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Zhejiang, China, situada no inicio do esteiro de Fu-chunjiang, preto de Hangzhou (179.572 h [1990]). Coñecida na Antigüidade co nome de Fuchun, as súas orixes remóntanse á dinastía Qin (221 a C-206 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta islámico. Xiíta de educación refinada, escribiu obras en turco como matnawi Beng-ü-Bade e Leyla wü-Megnun, a colección de poemas en árabe Matla ‘al-i’tiqad e numerosas obras en persa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mineraloxista. As súas investigacións centráronse na xeometría, na petrografía, na mineraloxía e, especialmente, na cristalografía. Nesta última utilizou métodos novos para estudar a estrutura dos cristais, a clasificación dos grupos de simetría espacial e a análise química dos cristais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de vestir semellante a unha capa con mangas e ás veces con capucha.

    2. Peza de vestir que se pon por riba doutra roupa para abrigarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se gaba ou presume de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte segada dun prado.

    2. Cantidade de herba que queda cortada ao longo dunha porción de terreo que se segou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de gabar ou gabarse palabras coas que se gaba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista alemán. Dedicouse á lingüística comparada e investigou as linguas indonesias e polinesias. Destacan as súas obras Élémens de la grammaire mandchoue (1832), en colaboración con Julius Loebe, Ulfilas. Veteris et novi testamenti versionis gothicae fragmenta quae supersunt (1836-1843), Grundzüge der syrjänischen Grammatik (1841) e Beiträge zur Sprachenkunde (I: Grammatik der Dajak-Sprache; II: Grammatik der Dakota-Sprache; III: Grammatik der Kiriri-Sprache, 1852).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista alemán. En 1881 escribiu unha gramática do chinés, distinguida tanto pola súa sinoloxía como pola súa metodoloxía (Chinesische Grammatik mit Ausschuluss der niederen Stiles und der heutigen Umgangssprache). En 1891 publicou a súa obra fundamental Die Sprachwissenschaft, ihre Aufgaben, Methoden und bisherigen Ergebnisse, que se divide en catro partes: terminoloxía e obxecto do estudo lingüístico, principios para a descrición da lingua, problemas tradicionais na historia lingüística e filoloxía en xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave rapaz de entre 28 e 38 cm de lonxitude e 60 e 80 cm de envergadura, de alas relativamente curtas e redondadas e cola longa. Teñen a plumaxe das partes superiores de cor cinsenta escura e as inferiores claras con manchas castañas transversais. As femias son de maior tamaño. Aliméntanse principalmente de pequenas aves. Aniñan en plataformas en árbores. Habitan zonas forestadas onde sorprenden as presas cun voo áxil e rápido.

    2. Órgano vexetal con aspecto de talo moi delgado, de orixe foliar ou caulinar, que grazas ao seu acusado haptotropismo agárrase a calquera soporte e enróscase en hélice sobre el, de xeito que permite que a planta gabee.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jean-Alexis Moncorgé Gabin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación política de tendencia ideolóxica teoricamente centrista fundada en xullo de 1975. Foi creada á marxe da nova Lei de Asociacións Políticas e inscribiuse como unha sociedade anónima, aínda que tiña obxectivos políticos. O seu presidente foi Rafael Pérez Escolar mentres, Manuel Fraga Iribarne permaneceu no goberno de Carlos Arias Navarro. Xunto á Federación de Estudios Independientes integrou o partido político Reforma Democrática en 1976.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Alquimista árabe. Fóronlle atribuídas numerosas obras, algunhas delas circularon por Europa baixo o nome occidentalizado de Geber.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pedagogo. A súa investigación está centrada en historia da educación, sobre a que ten publicado A orientación agropecuaria da escola primaria en Galicia (1980), Escolarización y sociedad en Galicia, 1875-1900 (1987), Agricultura e escola. Contra a rutina e o éxodo rural (1989), Leer, escribir y contar. Escolarización popular y sociedad en Galicia (1875-1900) (1990), Escolantes e escolas de ferrado (2001, Premio á Investigación Pedagóxica María Barbeito, 2001; Premio Anual á Investigación Antón Losada Diéguez, 2002 e Premio da Crítica Galicia á Investigación, 2002) e Arximiro Rico, luz dos humildes (2001), este último en colaboración con Xosé Manuel Sarille, así como diversos artigos en revistas especializadas e colaboracións en libros colectivos. É membro do comité de redacción de Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación, do consello de redacción de Historia de la Educación. Revista Interuniversitaria (Salamanca), do consello editorial da Revista Galega de Educación e vogal da...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Da súa produción destacan Extremeñas (1902), en dialecto estremeño, Castellanas (1902), onde se incluíu o poema “El ama” (1901), Nuevas castellanas (1905), Religiosas (1906), Epistolario (1918) e Cartas y poesías inéditas (1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PANTANOS

    Pantano do río Alagón, situado ao N da provincia de Cáceres, Extremadura. Foi construído en 1960 e ten unha capacidade de 198 h/m3. Aprovéitase para o rego e para a produción de enerxía eléctrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Integrante da escola da Haia, especializouse nas paisaxes de pradeiras, canles e muíños de vento. Entre as súas obras destaca Nos pólderes de Vreenland.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter comercial editada na Coruña a partir de 1888.

    VER O DETALLE DO TERMO