"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Navegante francés. Conde de La Pérouse. Explorou o Pacífico e completou os descubrimentos de James Coole e de Bougainvilliers. Navegou polo mar de Xapón, onde descubriu o estreito que leva o seu nome. Despois de chegar a Australia a súa expedición desapareceu en 1788.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cabaleiro, documentado a partir de 1457. Estreitamente relacionado con Joanot Martorell, recibiu deste o orixinal de Tirant lo Blanc e interveu na súa redacción. Parece que a súa colaboración foi progresiva e que aumentou ao longo da novela. Non obstante , pénsase que aproveitou sempre un texto anterior escrito por Martorell.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falta de ganas, interese ou vontade para realizar unha actividade ou traballo que requira algún esforzo.

    2. rezadeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resina obtida do tronco e das raíces de Ferula galbaniflua, planta orixinaria de Persia, que ten propiedades expectorantes e balsámicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘preguiza’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. As súas obras caracterízanse pola gama cromática cálida e intensa, polos grandes planos de cor e pola gran luminosidade. Realizou exposicións individuais e participou, entre outras colectivas, no Salon de l’Art Libre no Palais de Beuax-Arts (París, 1966) e no VII Certame de Pintura Concello de Cambre (1990). Recibiu, entre outros galardóns, a segunda medalla no Certame de Pintura Bello Piñeiro (Ferrol, 1961) e o terceiro premio de debuxo (1988) do Certamen de Pintura Profesor Camilo Fernández.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eduardo Hughes Galeano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen ten como lingua habitual o galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (305-311). Asociado ao trono por Diocleciano (293), dentro do esquema tetrárquico, loitou contra os godos (295) e contra os persas (297-298). Invadiu Armenia e estendeu o Imperio Romano ata o Éufrates. Trala abdicación de Diocleciano (305) converteuse en emperador con poder sobre Italia e Oriente. Mantivo unha política de tolerancia cara aos cristiáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo e historiador. En 1924 fundou a Escola Blanquerna (1924-1939), onde experimentou os métodos da escola activa, que recolleu na obra Mesura objectiva del treball escolar (1928). Foi nomeado secretario xeral do Consell de Cultura da Generalitat de Catalunya, e, despois de xullo de 1936, confióuselle o negociado da lingua catalá e, máis tarde, a cátedra de metodoloxía do ensino de lingua na Universitat de Barcelona. Despois de estar exiliado (1939-1943), volveu a Barcelona e dedicouse, sobre todo, á historia da cultura. Cómpre destacar as súas obras Per la llengua e per la escola (1931), Lliçons de llenguatge (1931) e Activitat i llibertat en educació (1932), e, en colaboración con Josepa Herrera, Introdució a la Gramàtica I e II (1935 e 1937), Una hipotètica revolta d’uns mestres hipotètics (1964) e Mirades al món actual (1967). Foi membro do Institut d’Estudis Catalans (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral da parroquia de Vilanova de Santixo, no concello de Malpica de Bergantiños, que pecha polo L a enseada de Esteiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso, economista e diplomático italiano. As súas principais achegas sitúanse no campo da teoría do valor, a teoría monetaria e do interese e a política económica. Escribiu Della moneta (1750) e Dialogues sur le commerce des blés (1769), onde criticaba os argumentos dos fisiócratas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina política e relixiosa francesa pola que o poder do papa queda limitado e se somete a concilio e aos costumes das igrexas locais. Politicamente, a igrexa local depende da autoridade civil, sobre todo do rei. Xa nas loitas entre Filipe o Fermoso e Bonifacio VIII adiantábase esta dependencia da Igrexa. En 1438 a Asemblea do Clericato proclamou a Pragmática de Bourges, que despois Carlos VII converteu en lei, e pola que a autoridade do papa en Francia só se limitaba ás tradicións da Igrexa francesa. A cabalo entre os ss XVI e XVII foron Pierre Pithou e Edmund Richer os grandes teóricos do galicanismo, que atopou na Déclaration de 1682 a formulación dos catro artigos básicos: o recoñecemento do poder estritamente espiritual do papa, a validez dos principios conciliaristas decretados en Constanza, a limitación do poder pontificio polos canons e os costumes galicanos e a convicción de que unicamente o consentimento da Igrexa universal converte en irreformables as decisións papais....

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á antiga Igrexa da Galia ou ao galicanismo.

    2. Que ou quen é partidario do galicanismo.

    3. Que ten influencia francesa.

    4. Liturxia que se practicaba na Galia nos reinos precarolinxios. Os seus ritos eran diferentes aos romanos. A literatura que fala desta liturxia apareceu nos ss VI, VII, VIII en abundantes obras como: misas de Mone, Missale Gothicum, Missale Gallicanum Vetus, Missale Francorum (con moitos elementos romanos), Leccionari de Luxeuil, Benedicional de Freising, os Statuta Ecclesiae antiqua, as cartas do Pseudo-Xermano de París (Expositio brevis antiquae liturgiae Gallicanae) e moitos fragmentos. É unha literatura máis rica ca a romana, tanto nos formularios coma nos rituais. Non obstante , non se conservaron manuscritos con pneumas de canto galicano. Carlomagno impuxo o canto e o rito romano pero Ludovico Pío consolidou a liturxia galicana. No s XVI apareceu o neogalicanismo como reacción nacionalista á supremacía de Roma. Cara o 1839 retomouse o rito romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bianual da Federación Coral Galega que comezou a súa edición en outono de 1985. Dirixida por Vicente Rodríguez Abeijón, tentaba servir como canle de comunicación entre os diferentes membros das corais de Galicia. Incluíu información sobre a historia das corais e sobre o movemento coral na comunidade galega e en xeral do resto da Península. Ademais, inseriu partituras e artigos de opinión de destacados expertos en música.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista mensual editada en Bos Aires a partir de xuño de 1954. Cesou a súa edición en maio de 1959 (nº 37). Dirixida por Luís Seoane, na súa elaboración participaron destacados intelectuais galegos, a maior parte deles exiliados, como D. García Sabell, Ánxel Fole, Xulio Camba, E. Blanco Amor, Florentino Cuevillas, I. Díaz Pardo e R. Otero Pedrayo, entre outros. Trátase dunha das publicacións máis relevantes da prensa galega no exterior na que se incluíron crónicas sobre Galicia, biografías, noticias e reportaxes, xunto cunha sección para textos, poemas e recensións literarias. Atendeu tamén aos autores non galegos que escribiron sobre Galicia e engadiu artigos críticos sobre a realidade teatral e cinematográfica en Arxentina. En moitos dos seus artigos defendeu a República española e o Estatuto de Autonomía de Galicia aprobado en 1936. No apartado gráfico, cómpre subliñar os debuxos de Seoane, Maside, Castelao, Cebreiro, Xohán Ledo, Leopoldo Nóvoa e Curtis, ademais das fotografías de Xosé...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico de tendencia nacionalista editado a partir de 1974. Subtitulouse “Voceiro da Unión do Povo Galego” e estaba dirixido aos emigrantes galegos no exterior. Foi o substituto de Terra e Tempo e Denuncia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa radiofónico que comezou a súa emisión o 10 de outubro de 1954 en LS-10-Radio Libertad, de Bos aires. Deixou de emitirse o 18 de abril de 1971. Dirixido polo propio Luís Seoane, máximo responsable da revista homónima, contaba co apoio de Xosé A. Fernández. No programa tiñan cabida as crónicas de feitos galegos en América e servía de canle de comunicación coa Península para coñecer a realidade que se estaba a desenvolver en Galicia. Para estas audicións, Seoane escribiu máis de 850 crónicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista trimestral aparecida en París a partir de xuño de 1959. Cesou en breve tempo. Editada pola Casa de Galicia da capital francesa, trátase dunha das primeiras publicacións galegas creadas en Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO