"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quincenario de carácter económico editado na Coruña a partir de 1902.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Lugo a partir de novembro de 1946. Cesou probablemente en febreiro de 1947. Subtitulouse “Revista de Divulgación Pecuaria. Órgano de la Veterinaria Gallega al Servicio de la Ganadería Regional”. Dirixida por Luis Escribano, o seu consello de redacción estaba integrado por veterinarios de todas as provincias de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación territorial establecida a comezos do s XVIII sobre a que exercía a súa xurisdición un capitán xeneral con sede na Coruña. A finais do s XV apareceu a figura do gobernador capitán xeneral de Galicia, coas atribucións de xefe militar e presidente da Audiencia. Os Reis Católicos nomearon a Fernando de Acuña para este posto (1480) e entre as súas atribucións destacaban levantar en armas unha ou varias comarcas e contar co apoio de toda a xente de armas do país. A Capitanía Xeneral de Galicia estivo en perigo de desaparición coa refundición das capitanías de Castela A Vella e Galicia (1893), pero a forte oposición da Asociación Regionalista Gallega levou ao goberno a retirar a proposta. Polo Real Decreto de 2 novembro de 1904 creouse a VII Rexión Militar do exército de terra, formada polas provincias de Valladolid, León, Salamanca, Oviedo, A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. O Real Decreto de 17 de xaneiro de 1907 reorganizou a Capitanía Xeneral de Galicia da que formaron parte...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Programa semanal emitido por Radio Peninsular de Barcelona a principios dos anos setenta do s XX. Presentado por Luis del Olmo, partiu dunha iniciativa de Gonzalo García Cortizas e nel colaborou Esther Eiros. Contaba co patrocinio dos empresarios hostaleiros galegos instalados en Catalunya e tentaba promocionar a riqueza paisaxística de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Programa radiofónico retransmitido pola BBC de Londres entre os anos 1947 e 1956 e que se incluíu no denominado Spanish Programme. Presentouno Alexandre Reimúndez, que contou coa colaboración de Plácido Castro, e en Galicia coordinouno Fernández del Riego. Cómpre destacar a participación de numerosos xornalistas galegos no exilio e de escritores galegos, entre outros, R. Otero Pedrayo, Filgueira Valverde, Celso E. Ferreiro, Rafael Dieste e Augusto Assía.
-
-
Relativo ou pertencente a Galitsia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Galitsia.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación mensual editada en La Habana a partir de xullo de 1956. Subtitulouse “Órgano Oficial y Viril de la Asociación Cívica Juventud de Galicia (...)”. Dirixida por Arsenio Villate, converteuse en voceiro da oposición á directiva do Centro Galego. Ademais das críticas á entidade, incluíu poesías, traballos sobre a historia de Cuba e información sobre temas médicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada en Pontevedra a partir de 1884. Subtitulouse “Somanario gallego”. Dirixida inicialmente por Rufino Ribera Losada, e logo por Roxelio Lois Estévez, na súa elaboración colaboraron destacados xornalistas da época. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Millán, dos herdeiros de Madrigal e de Roxelio Quintáns. En 1884 organizou uns Xogos Florais e en xuño de 1886 un certame literario-musical co gallo das festas da Peregrina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a Galileo ou ás súas teorías.
-
PERSOEIRO
Arquitecto e matemático. As súas obras están marcadas polo Barroco tardío, case entrado no neoclasicismo; destacan a fachada de San Giovanni in Laterano, onde tamén realizou a capela Corsini, e a fachada de San Giovanni dei Fiorentini.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de transformacións que, no contexto da mecánica clásica, prerrelativista, permite transformar as coordenadas entre sistemas de referencia inerciais.
-
PERSOEIRO
Xograr de orixe probablemente galega. Activo entre o segundo e o derradeiro cuarto do s XIII, as súas composicións aparecen recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana. Consérvanse da súa autoría catro cantigas de amigo, unha delas dialogada, e dúas cantigas de amor, unha delas fragmentaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fisiólogo alemán. Os seus estudios baseáronse no sistema nervioso e creou a frenoloxía. Traballou en Viena, Berlín e París.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e erudito. Estivo en prisión e viviu no exilio debido á súa actividade política como liberal. Das súas obras, que critican os preceptos neoclásicos e basean a literatura en fundamentos historicistas, destacan Dicionario criticoburlesco (1811), Letras de cambio a los mercachifles literarios (1834) e Ensayo de una biblioteca española de libros raros y curiosos (1863-1869).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante. As súas historietas e ilustracións foron publicadas en diferentes revistas, entre outras, La Víbora, da que foi un dos seus fundadores en 1979. Creou, entre outros, o personaxe Makoki con J. Mediavilla e en 1982 unha revista co mesmo nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Agrónomo e xenetista. Estudiou agronomía na Universität Hohenheim (Stuttgart), onde obtivo en 1914 un título equivalente ao de enxeñeiro agrónomo. En 1917 marchou a EE UU para ampliar os seus estudios en xenética agraria, de mans de Th. Morgan, en química analítica e en patoloxía vexetal. En 1921 converteuse no primeiro director da Misión Biolóxica de Galicia e, instalado na Escola de Veterinaria de Santiago, iniciou os seus primeiros traballos co obxectivo de abordar problemas de aplicación inmediata á agricultura e á economía rexional. Centrouse nas enfermidades do castiñeiro, na mellora da produción de millo mediante hibridación e na busca da variedade de pataca máis axeitada ao medio físico galego. Tamén se dedicou á gandería, primeiro coa realización de estudios sobre gando vacún e porcino. Fundou con Daniel de la Sota o Sindicato de Productores de Semillas e realizou traballos e conferencias nos que falaba de cooperativismo e créditos agrarios. Pertenceu ao Seminario de Estudos Galegos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo alemán. Estudiou na Universität Berlin, onde se doutorou en 1845. Descubriu o planeta Neptuno en 1846 e foi director do observatorio de Breslau desde 1851. Elaborou un método para determinar a paralaxe do Sol.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Veterinario. En 1903 obtivo a cátedra de Patoloxía Médica e Terapéutica da Escola de Veterinaria de Santiago de Compostela e en 1921 a de Histoloxía na de Madrid. Deseñou un aparato para proxectar as preparacións con obxectivo de inmersión, co que se obtiñan unhas imaxes de calidade suficiente, que utilizou nas súas clases. Descubriu un método de tinguidura histolóxica específico para determinadas estruturas como as fibras elásticas ou os bacilos de Koch. Realizou tamén traballos sobre histoloxía normal e patolóxica de diversas enfermidades de animais domésticos e sobre o cancro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora. Formouse con María Corredoyra. As súas obras, realizadas ao óleo, caracterízanse polo realismo e pola experimentación da perspectiva, a cor e os elementos pitóricos. Cultiva a paisaxe, o bodegón e as escenas de interior inspiradas no mundo galego. Realizou exposicións en Galicia e Catalunya e participou, entre outras mostras colectivas, na Semana da Galiza no Gran Casino de Estoril (1981) e no Salón de Arte Contemporánea dos Países Celtas no Festival Interceltique de Lorient (1992). A súa obra está, entre outras coleccións, no Museo de Pontevedra e no Museo das Mariñas de Betanzos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Doutor en Arquitectura pola Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (1968), foi bolseiro en Oslo, onde traballou con Erlin Vuksjo, e en 1968 en París para realizar o Cours des Techniques d’Urbanisme. Profesor de urbanismo na Escola Superior de Arquitectura da Coruña dende 1984, foi arquitecto xefe dos servicios provinciais de urbanismo da Coruña. Realizou, entre outras obras, as casas da cultura de Valdoviño e Chantada, a rehabilitación do Teatro Rosalía de Castro na Coruña, os Institutos Universitarios de Investigación do campus sur da Universidade de Santiago de Compostela e o Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. Colaborador de Obradoiro, Boletín Académico da ETSA da Coruña, Dársena, On diseño e, entre outras obras, en A Galicia rural na encrucillada (1975), Testemuñas e perspectivas en homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos (1978), Isaac Díaz Pardo: un proxecto socio-cultural para Galicia (1990)...
VER O DETALLE DO TERMO