"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

    1. Calidade de dandi ou comportamento propio dun dandi.

    2. Actitude estética cultivada entre o s XIX e comezos do s XX e vinculada ao romanticismo e ao modernismo. Iniciouse en Inglaterra no seo da aristocracia, como reacción contra o ascenso da burguesía e a imposición do capitalismo. Supón unha fuxida cara a un mundo ideal, afastado do vulgar da realidade. Considérase que o primeiro dandi foi George Bryan Brummel (1778-1840), a quen seguiron Lord Byron e, posteriormente, Oscar Wilde. O fenómeno estendeuse a Francia, baixo a influencia do conde d’Orsay, a través de escritores, como A. de Musset, Honoré de Balzac, Barbey d’Aurevilly e Ch. Baudelaire. Co tempo introduciuse noutros países, aínda que a súa pegada foi menor. A súa máxima fundamental é facer da vida unha obra de arte, deste xeito, o individuo convértese en autor da súa vida persoal, que desenvolve e planifica conscientemente, e en actor do seu propio drama, que monta para os demais. A súa posta en escena defínese pola imperturbabilidade ante as peripecias da vida, que combina coa forza...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe dunha familia patricia veneciana que protagonizou a vida política da República entre os ss XIII-XV. Proporcionou varios dux á República: Enrico Dandolo (1107-1205), Giovanni Dandolo (?-1289), Francesco Dandolo (?-1339) e Andrea Dandolo (1307-1354). Anna Dandolo , neta do dux Enrico, foi raíña de Serbia tralo seu casamento co Rei Estevo II de Serbia (?-1228).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de China, drenada polo río Yalu, na baía de Corea (523.699 h [1990]). A base da súa economía é a industria, na que destacan os sectores téxtil, de maquinaria e de fabricación de compoñentes electrónicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor inglés. Cultivou o retrato e especializouse nos cadros de conversación, entre os que destaca A familia Price (1728).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jean-François d’ Andrieu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e político. De orixe obreira, denunciou as desigualdades sociais en Suecia. Dirixiu o movemento obreiro do sur de Suecia e foi o ideólogo do partido socialdemócrata. Fundou o diario Arbetet en Malmö.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo francés. Director do Observatorio Astronómico de París e presidente da Unión Astronómica Internacional, tamén foi membro da Académie des Sciences. Destacou polos seus estudios fotométricos de Venus e de Mercurio e polo descubrimento da influencia que o grao de actividade solar ten sobre o aspecto da Lúa. Ideou diversos instrumentos de precisión, entre os que cómpre salientar o astrolabio impersoal. Entre as súas obras destacan Description du ciel (Descrición do ceo, 1926) e Astronomie Générale (Astronomía xeral, 1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor ruso. Realizou estudios musicais en San Petersburgo e foi profesor de canto. Autor de numerosas cancións, iniciou xunto con Glinka unha tradición operística rusa baseada na canción popular. Influíu en Mursorgskij cos seus estudios sobre a adaptación da lingua rusa á música. Da súa produción destacan as óperas Esmeralda (1841) e Rusalka (1855), e as fantasías Baba-Yaga (1862) e Kazochok (1864).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Persia (521-486 a C), fillo de Histaspes, sátrapa de Partia. Participou no asasinato de Bardiya e sucedeu o seu irmán Cambises II, morto na campaña de Exipto, despois de lle dar morte ao usurpador Gaumata. Enfrontouse aos aspirantes ao trono e, coa sublevación dalgúns dos gobernadores das provincias e despois de cinco anos de batallas, fíxose co poder. Logo organizou o seu imperio, que se estendía entre o Mediterráneo, a India e o Mar Caspio, e dividiuno en vinte satrapías; estableceu vías de comunicacións entre as capitais das satrapías e dotounas de certa autonomía. Unificou tamén a moeda en todo o seu imperio e cuñou os dáricos de ouro. Emprendeu unha campaña en Europa na que se enfrontou aos escitas (512 a C) ao redor do Danubio, adquiriu o dominio sobre o Bósforo e someteu Tracia e Macedonia. Os enfrontamentos coas polis gregas, as Guerras Médicas, iniciáronse coa conquista de Sardes polos habitantes de de Mileto (498 a C). Malia a conquista desta cidade (490...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta bengalí. Dedicouse ao ensaio e ao xornalismo. Publicou Dhusar Pandulipi (A escritura gris, 1936) e Banalata Sen (1942).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Coñecido como Remigio, iniciou a súa formación artística en 1964. Foi profesor de debuxo e pintura e auxiliar de modelado e talla en pedra na Escola de Artes e Oficios de Vigo (1975-1977). Empregou, entre outros materiais, a pedra, o bronce, o ferro, o cobre, o aceiro inoxidable, as resinas de poliéster e as mallas de aceiro refractario; e empregou pátinas, oxidacións, texturas e pulidos na busca dunha valoración da materia sobre a forma. Traballou con formas obxectuais máis ou menos figurativas, nas que prevaleceu máis o escultórico ca o obxecto. Realizou series temáticas que parten de materiais industriais. Entre outras destacan Moda Gallega, Complementos, Eros, Mitologías, Herramientas, Las formas del sonido e Reconversión industrial. Realizou, entre outras obras, o monumento ao músico Andrés Gaos en Vigo (1994). En 1999 coordinou o I Simposium Internacional de Escultura Monte Alba (Vigo). Participou, entre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. As súas primeiras obras foron neoclásicas, como o Ithiel Town de New Haven, despois realizou construcións historicistas gregas e góticas. Introduciu o uso do ferro na arquitectura estadounidense coa construción dunha tenda en Nova York en 1835.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo norteamericano. Comezou no mundo da fotografía en 1887 e asociouse ao Camera Club de Boston. Amigo de Oscar Wilde e de Aubrey Beardsley, foi un dos primeiros teóricos que propuxo considerar a fotografía como unha arte. Interesouse sobre todo pola obra de J. Keats, H. de Balzac e M. Maeterlinck no eido da literatura, mentres que no campo da fotografía se achegou ao pictorialismo e á obra do grupo Linked Ring Brotherhood. Nas súas imaxes reflicte vistas de montañas, nus mitolóxicos e crucifixións, non exentas de fortes críticas por mor da súa trivialidade. Dende 1897, invitado por A. Stieglitz, colaborou con artigos e fotografías na revista Camera Notes. En 1899 comezou a traballar como asesor con Herbert Copeland nunha axencia de publicidade. Organizou en 1900 unha exposición dedicada á nova escola americana na Royal Photographic Society de Londres e en París e expuxo a súa obra no estudo que posuía en Boston.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Reformador hindú. No 1875 fundou a Ārya Samāj, organización socio-relixiosa monoteísta que, dous anos máis tarde, se escindiu por un cisma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Deseñador e construtor de avións inglés. Iniciou o seu traballo na industria do automóbil, ata que en 1908 deseñou o seu primeiro enxeño voador, un aeroplano cun motor de 50 HP de potencia, que construíu e pilotou en 1910. En 1920 fundou a compañía De Havilland Aircraft, dedicada á construción de avións. Durante a Segunda Guerra Mundial creou o bimotor Mosquito. Ademais, foi un dos primeiros construtores de avións a reacción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica norteamericana. Estudiou interpretación e traballou en distintos espectáculos coa Community Players of Saratoga. Converteuse nunha estrela a mediados da década dos trinta cando comezou a traballar para os estudios Warner. Acadou unha gran popularidade artística ao formar parella con Errol Flynn en películas de aventuras, como The Charge of the Light Brigade (A carga da brigada lixeira, 1936); The Adventures of Robin Hood (As aventuras de Robin Hood, 1938); Dodge City (1939); Santa Fe Trail (Camiño de Santa Fe, 1940); ou They Died Whith Their Boots On (Morreron coas botas postas, 1941). Outros traballos da súa carreira son: Gone Whith the Wind (Foise co vento, 1939); Hold Back the Dawn (Se non amencese, 1941), co que gañou o seu primeiro Oscar; To Each His Own (A vida íntima de Julia Norris, 1946); The Snake Pit (Niño de víboras, 1948); The Heiress (A herdeira, 1949), co que acadou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva como armas, en campo de azul, unha banda de ouro, cargada do Ave María, engulida en bocas de dragante, de sinople.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de debandar.

      1. Fío de cobre que forma parte do circuíto dalgúns aparatos eléctricos.

      2. debandado primario

        Debandado na entrada dun transformador ou bobina de indución.

      3. debandado secundario

        Debandado na saída dun transformador ou bobina de indución.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Facer un nobelo co fío dunha madeixa.

      2. Facer un rolo pequeno con fío, cable, ou material similar que está nun rolo meirande.

    1. Separar as tripas unhas das outras sacándolle o tecido graxo que as mantén unidas.

    2. Andar dándolle voltas ás cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparello empregado para debandar os nobelos, construído en forma de armazón, con listóns de madeira cruzados, que xira ao redor dun eixe vertical fixo nun pé.

    2. Utensilio de forma cilíndrica das máquinas de coser que se emprega para debandar as bobinas.

    VER O DETALLE DO TERMO