"RL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1468.
-
PERSOEIRO
Mariscal de aviación alemán. Xefe dunha escuadrilla aérea durante a Primeira Guerra Mundial, ascendeu a xeneral (1919). Durante a Guerra Civil Española dirixiu a lexión Cóndor (1936-1937). Mandou as forzas aéreas contra Francia (1939-1940) e dirixiu a defensa da fronte occidental (1944-1945).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta suízo. Coñecido como Carl Felix Tandem, foi un poeta épico de tipo místico e autor de obras en prosa rimada, narracións e ensaios. Destacan Prometheus und Epimetheus (1881) e Olympischer Frühling (Primavera olímpica, 1900-1906). En 1919 recibiu o Premio Nobel de Literatura.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor alemán, fillo de J. W. A. Stamitz. Educado polos compositores da escola de Mannheim, sobresaíu como violinista. Compuxo concertos para clarinete, música de cámara, concertos para piano, sinfonías e un concerto para viola e orquestra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e pedagogo musical. Profesor no Royal College of Music, compuxo a ópera The Canterbury Pilgrims (1884), a obra coral The Revenge (1886) e numerosas cancións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político alemán. Federico Guillerme III de Prusia nomeouno ministro de Economía e Finanzas (1804) e primeiro ministro (1807). Partidario do despotismo ilustrado, impulsou a igualdade perante a lei de todos os cidadáns. Destituído por influxo de Napoleón I, pasou ao servizo de Alexandre I de Rusia como conselleiro persoal (1812-1815).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo alemán. Introduciu o daguerrotipo en Alemaña, xunto co seu socio Hermann Biow (1810-1850). En 1842 retrataron as ruínas do distrito de Alster (Hamburgo) despois dun incendio de tres días, o que supuxo a primeira reportaxe fotográfica da historia.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Michigan, EE UU, situada 12 km ao O do lago Saint Clair, ao N da aglomeración urbana de Detroit (124.471 h [2000]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Baxkiria, Rusia (259.000 h [estim 1997]). Situada na rexión económica do petróleo, é un porto fluvial á beira do Belaja e importante centro de industria química.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Experimento que foi efectuado por O. Stern e W. Gerlach en 1922, que confirmou a cuantificación do espazo e fixo posible a medición dos momentos magnéticos dos átomos neutros no estado fundamental. Observaron que, ao pasar un feixe de átomos de prata a través dun campo magnético non uniforme, este se divíde en dúas compoñentes: unha na dirección e no sentido do campo magnético e outra na oposta. A técnica deste experimento foi ampliada por Rabi en 1939.
-
PERSOEIRO
Escritor alemán. Da súa produción destacan as comedias satíricas Die Hose (Os pantalóns, 1911) e Bürger Schippel (O cidadán Schippel, 1913), a novela Fairfax (1921), e o ensaio Tasso oder die Kunst des Juste Milieu (Tasso ou a arte dos juste milieu, 1920).
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito unitario de Escocia, Reino Unido, (2.196km2 ; 41.211 h [2000]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ciclo termodinámico teórico dunha máquina térmica reversible, que está formado pola sucesión das catro fases polas que evoluciona un gas perfecto, entre dúas fontes de calor a temperatura constante, separadas por un intercambiador adiabático.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión matemática que permite calcular, aproximadamente, o factorial dun número n, se é moito maior que 1. A exactitude do resultado é moito mellor canto maior é n. Escríbese n! ~√----2πn nn e-n. Pódese dicir que, para calquera valor de n, cúmprese √----2πn nn e-n < n! < √----2πn nn e-n (1+1/12n).
-
PERSOEIRO
Matemático escocés. Estudou a obra de Newton e fixo diversas achegas ao cálculo infinitesimal e ás series infinitas, como a coñecida fórmula que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Formado en Liverpool, partiu dos principios racionalistas, enriquecidos con recursos baseados na tecnoloxía e nas tradicións autóctonas e populares. Realizou vivendas, arquitectura industrial para a firma Olivetti, museos, como a ampliación da Tate Gallery (1980-1985), e edificios universitarios como a escola de arquitectura da Rice University en EE UU (1979-1981). Recibiu o Premio Prizker en 1981.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor alemán. Orientouse cara ao serialismo e posteriormente cara á música electrónica. Das súas obras destacan a serie das Klavierstücke (I-XI) (1952-1956), Kontakte (1959-1960), para piano, percusión e música electrónica, Mantra (1970), para dous pianos e música electrónica, e Harlekin (1975), para clarinete.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo e matemático noruegués. Estudou a alta atmosfera, o campo magnético terrestre e os raios cósmicos, onde estableceu o denominado cono de Störmer. Fotografou as auroras boreais, que estudou teoricamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Comezou na fotografía (1908) da man de C. White, quen o introduciu na Photo Secession (1912). Influído por Stieglitz, seguiu o pictorialismo nos seus traballos, en que empregou lentes da súa creación (Struss Pitorial lens). Abriu o seu estudo (1917) e traballou para Vanity Fair, Vogue ou Harper‘s Bazaar. Despois da Primeira Guerra Mundial reorientou a súa carreira cara ao cine, onde foi director de fotografía de Ben Hur (1926), The Great Ditator (1940) ou Limelight (1952).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei titular de Inglaterra e de Escocia (Carlos III, 1766-1768), fillo de Xaime de Inglaterra, o Vello Pretendente. Este nomeouno, ao nacer, príncipe de Gales, título que levou ata 1766. Nomeado rexente polo pai, que estaba doente, foi enviado a París en 1744 para planear a invasión de Escocia. Desembarcou en Escocia, e en Edimburgo proclamou o seu pai rei e invadiu Inglaterra, pero tivo que se retirar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Estudou con B. West en Londres, onde recibiu a influencia de J. R. Reynolds e T. Gainsborough. Destacan os seus retratos de Washington, Reynolds e Matilde Stoughton.
VER O DETALLE DO TERMO