"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos da orde dos dermópteros que comprende dúas especies (C. volans e C. variegatus), que acadan uns 40 cm e se caracterizan pola presenza de pataxio. Habita no SL de Asia e en Indonesia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Embarcación semellante á galera, pero de menor tonelaxe. Tiña entre dezaseis e vinte remos por banda e un só home en cada remo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Preso condenado a remar en galeras.
-
PERSOEIRO
Astrónomo, matemático e físico italiano. Estudiou medicina na Universidade de Pisa, pero en 1589 abandonou os estudios médicos e aceptou unha praza de profesor de matemáticas na mesma universidade. As súas ideas, (como a de que todos os corpos, sexa cal sexa o seu peso, caen á mesma velocidade) contrarias á física aristotélica, e os seus experimentos sobre mecánica ocasionáronlle problemas cos seus compatriotas. Refuxiouse en Venecia, e entre 1592 e 1610 deu clases de matemáticas na Universidade de Padua. Tivo noticia do invento do telescopio e el mesmo construíu un e comezou a observación do espacio. Descubriu os cráteres da Lúa, que a Vía Láctea é un conxunto de estrelas, os catro maiores satélites de Xúpiter e tamén observou as manchas solares. Expuxo estes descubrimentos en Sidereus Nuntius (1610), entre outras obras. Todos estes descubrimentos convenceron a Galileo das teorías de Copérnico, que afirmaban que a Terra é un planeta que xira ao redor do Sol. A defensa do sistema...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Galileo Galilei.
-
-
Relativo ou pertencente a Galilea ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Galilea.
-
Nome co que se chamaba de forma despectiva a Xesús de Nazaret.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín editado a partir de marzo de 1988 en Vigo pola Asociación de Amigos de la Astronomía Galileo Galilei. Contou coa colaboración da concellería de Xuventude do concello vigués. Coordinada por J. M. Chacón Benítez, incluíu artigos de carácter técnico, información sobre estrelas e constelacións, referencias a científicos destacados e novas breves.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de transformacións que, no contexto da mecánica clásica, prerrelativista, permite transformar as coordenadas entre sistemas de referencia inerciais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Principio que establece que as leis que gobernan os fenómenos mecánicos en dous sistemas de referencia S e S’, provistos dun movemento relativo rectilíneo e uniforme, teñen a mesma forma. Para comprobar este principio, considerado por Galileo como o principio fundamental da mecánica, cómpre establecer as fórmulas de transformación para pasar dun sistema de referencia inercial S (denominado tamén sistema ou eixes de Galileo) a outro S’ que teña un movemento rectilíneo e uniforme respecto ao primeiro. No caso de que o sistema S’ (de coordenadas espacio-temporais x’, y’, z’, t’) se mova con velocidade v rectilínea e uniforme, segundo o eixe x de S (de coordenadas espacio-temporais x, y, z, t), as fórmulas de transformación, chamadas de Galileo, son: x’=x-vt, y’=y, z’=z e t’=t. A relatividade de Einstein levou a substituílas polas fórmulas de transformación de Lorentz.
-
-
Relativo ou pertencente á familia dos galináceos ou o que é semellante aos galos.
-
Familia de aves da orde dos galiformes que presentan ás curtas, con patas tamén curtas e fortes, e con dedos unidos por unha membrana. O seu peteiro é curvado e curto. Son aves que voan pouco e de costumes terrestres.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura. Está situado na confluencia dos ríos Jerte e Alagón (2.008 h [1996]). Posúe unha economía agrícola e gandeira. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, a muralla almohade (ss IX-XIV), as portas da cidade (ss XII-XIII), a torre da homenaxe (s XIV) e a ábsida mudéxar da igrexa parroquial. O conxunto histórico-artístico da vila foi declarado Ben de Interese Cultural en 1991.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Técnico estatístico estadounidense. Formouse en Iowa. Dirixiu o departamento de periodismo na Drake University e foi profesor de publicidade na Northwestern University. Fundou o American Institute of Public Opinion, que realizou sondaxes de opinión tanto en EE UU como en Gran Bretaña. É autor de Public Opinion in a Democracy (1939) e Guide to Public Opinion Polls (1944).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Foi un dos artífices do golpe militar arxentino de 1976 e sucedeu o xeneral Viola na presidencia da República en 1981. Ordenou a ocupación das Illas Malvinas e foi cesado trala derrota fronte aos ingleses (1982). Foi procesado e condenado a prisión en 1986 e indultado en 1990.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e avogado. Foi elixido deputado en 1869 e dirixiu os republicanos radicais, opoñéndose a Napoleón III. Formulou o denominado “programa de Belleville”, no que reivindicaba a liberdade individual, a liberdade de prensa e de reunión e a separación Igrexa-Estado. Proclamou a Terceira República (1870), presidiu a cámara de deputados (1879) e asumiu a dirección política de Francia durante uns meses (1881). Fundou o xornal La République Française, no que defendeu as ideas republicanas e rexeitou os intentos de restauración monárquica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico ucraíno. Elaborou un modelo de núcleo atómico que se denominou de fluído nuclear, e enunciou a regra de Gamow-Teller. Estudiou as reaccións termonucleares que teñen lugar no interior das estrelas, elaborou unha teoría neutrínica das supernovas e construíu o modelo das capas para as estrelas xigantes vermellas. Publicou, xunto con Ralph Alpher, o artigo “The origin of chemical elements” (1948), onde desenvolveu a teoría do big bang. Escribiu diversos libros de divulgación entre os que destacan A planet called Earth (1963) ou A star called the Sun (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos ganoideos.
-
Peixe da orde dos ganoideos.
-
Orde de peixes fósiles da subclase dos osteitios que se caracterizan por ter o corpo recuberto con escamas ganoideas (formadas por un estrato óseo e un de ganoína) ou con placas óseas e raramente espido.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de pasear para distraerse ou descansar.
-
PERSOEIRO
Relixioso e xornalista. Catedrático de Teoloxía Fundamental e Historia Eclesiástica do seminario de Tui e promotor do movemento social-católico en Galicia, empregou nos seus escritos o pseudónimo de Isaac Rego Arce. Colaborou inicialmente no Noticiero de Vigo, onde se amosou contrario ao socialismo. Amigo de Basilio Álvarez, na fase máis radical de Acción Gallega dedicouse a combatela. A través da dirección de La Voz del Condado (1913) promoveu a organización social e cooperativista identificada coa Igrexa católica. Posteriormente, dirixiu La Integridad (1914-1923). Publicou Marianismo (1915) e La prensa periódica, instrumento apologético (1916).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor de cine, televisión e dobraxe. Iniciou a súa carreira teatral coa Escola Dramática Galega, para despois participar como actor en diversos traballos da Compañía Luís Seoane, como A noite dourada de Mimí da Cora (1983) ou Fausto (1984), con dirección de Manuel Lourenzo. Tamén traballou con Teatro do Atlántico en Liberdade Brenana (1989) e Historia de Neera (1991), con dirección de Xulio Lago. Director de dobraxe, cunha ampla e dilatada experiencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Militou no Partido Conservador e no ano 1922 foi nomeado director xeral de prisións. Deputado desde 1914, representou o distrito do Carballiño entre 1918-1923.
VER O DETALLE DO TERMO