"lla" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2798.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate que tivo lugar á beira do río Garigliano (Italia) o 28 de decembro de 1503 entre o exército aragonés, comandado polo Gran Capitán, e o exército francés. Esta vitoria dos exércitos de Fernando II de Aragón, xunto coa vitoria na Batalla de Cerignola (1503) e a toma de Gaeta (1504), proporcionoulle á coroa aragonesa o control definitivo sobre o Reino de Nápoles.
-
GALICIA
Xornalista, avogado e político. Dirixiu en 1895 o Boletín de la Liga para la Defensa de la Higiene e foi un dos fundadores de El Tea, editado en Ponteareas entre 1908 e 1936. Establecido en Vigo, onde rexentaba unha imprenta, presidiu o Ateneo da cidade e foi elixido alcalde. Gobernou entre decembro de 1931 e decembro de 1932, e conseguiu que o exército lle cedese definitivamente ao concello o monte do Castro. Foi apartado da corporación en 1934, pola súa adhesión aos sucesos revolucionarios de Asturias, e reposto no cargo en febreiro de 1936, trala vitoria do Frente Popular. Membro da Liga de Defensores de Vigo, apoiou o Directorio Antiforal de Teis nas súas reivindicacións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Subdirector do Instituto de Conservación e Restauración de Bens Culturais da Consellería de Cultura, Comunicación e Turismo dende 1998, foi arquitecto da Comisión de Patrimonio da Cidade e Camiño de Santiago. Dende 1992 traballou en diversos proxectos de restauración arquitectónica, entre os que destacan, a capela do Ciprés en Samos, o edificio multiusos e a antiga central eléctrica da illa de San Simón e a torre da Caldaloba. Coordinou, entre outros estudios, As Catedrais de Galicia. Descrición Gráfica (1999). Recibiu o primeiro premio do concurso para a construción da Escola de Acuicultura da Illa de Arousa en colaboración con P. Campos e A. Casares (1989), e o Premio Europa Nostra polos traballos de restauración da catedral de Santiago de Compostela, dos que foi coordinador (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar, xornalista e crítico musical. Estudiou ciencias e música en París e Londres. De regreso a España, ingresou na Academia de Caballería de Valladolid (1874) e, posteriormente, foi destinado ao rexemento real do norte. Finalizada a contenda cos carlistas, foi ascendido a tenente e recibiu a cruz vermella do mérito militar. En Madrid traballou no ministerio da Guerra e nos gabinetes de diversos ministros. Como secretario da comisión mixta das Academias de Historia e de San Fernando conseguiu que se catalogase toda a riqueza monumental e artística de España. Cómpre salientar o seu labor na creación da Cruz Vermella Española, o Teatro Nacional e o Círculo de Bellas Artes de Madrid. Colaborou en diversas publicacións, como La Ilustración Española y Americana, da que foi director; foi tamén correspondente de Le Petit Parisien e Le Journal. Escribiu o drama La segunda mujer (1906) e os libros Tratado de geografía, Topografía militar e Notas...
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situada ao O de Mérida, na marxe dereita do Guadiana (2.710 h [1996]). A súa economía baséase na agricultura e na gandería. Documentada por primeira vez no s XIII, foi señorío da orde de Santiago. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa de Nuestra Señora de la Asunción (s XV).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, situado na beira dereita do río Tajo, que forma no seu termo o pantano de Alcántara (2.557 h [1996]). Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, a ponte de Alconétar, declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 1931, os restos do convento de San Antonio de Padua (s XV), BIC desde 1991, o palacio dos condes de Alba de Aliste e a Plaza Mayor (s XV).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Conxunto de elementos moles e pequenos, como os de palla ou herba.
-
Mestura de elementos moi diferentes.
-
-
PERSOEIRO
Político. Por herdanza converteuse en propietario dos pazos de Remesil (Arzúa) e de Touro, aos que engadiu a compra do pazo de Xunqueiras, na Pobra do Caramiñal. Desde 1893 representou a Galicia como deputado polos distritos de Padrón e Betanzos e pola provincia da Coruña, da que tamén foi senador.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado, xornalista e político. Sucedeu a seu pai na dirección de El Imparcial en 1884. Foi deputado desde 1891 e, partidario do rexeneracionismo, desenvolveu campañas en prol do desenvolvemento económico, especialmente agrícola, do país. Ocupou a carteira de Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas en dúas ocasións (1900 e 1903), a de Fomento nos gobernos de Moret (1905, 1906, 1909), Canalejas (1911), Romanones (1913, 1916) e García Prieto (1922), e a el débense as leis de sindicatos agrícolas (1906) e de obras públicas (1911). Representou a Galicia en diversas ocasións como deputado polos distritos da Estrada (1893-1896), Noia (1893-1910) e Vigo (1923).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e nobre de orixe galega. Formado no Reino Unido, integrouse no rexemento español de Lisboa en 1771. Axudante do conde O’Reylly durante o sometemento de Louisiana ao poder español (1769-1790), ascendeu a xeneral de brigada en 1787. Como gobernador de Natchez entre 1789 e 1796 potenciou a creación de postos fronteirizos fronte á ameaza estadounidense, a sinatura de tratados coas tribos indias e a fundación de vilas, como San Fernando de las Barracas. Ascendido a brigadier dos Reales Ejércitos, foi designado en 1796 gobernador de Louisiana e de Florida occidental. Trala súa morte soterrárono baixo o altar da igrexa de Saint Louis de New Orleans. Escribiu Estado político de la Luisiana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Combate librado entre os tercios españois e o exército dos Estados Xerais das Provincias Unidas na proximidade da vila de Gembloux o 31 de xaneiro de 1578. A vitoria dos tercios permitiu a Xoán de Austria ocupar Bruxelas e recuperar boa parte do S de Flandres.
-
PERSOEIRO
Poeta e mercador. Interesado polo lulismo compuxo uns Canti, a imitación de Dante, nos que Ramón Llull acompañaba ao poeta. Dezaoito sonetos seus figuran no Cancionero General de Hernando del Castillo a partir da edición de 1520.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre italiano, conde de Donoratico. Abandonou o partido xibelino e fíxose co poder na cidade de Pisa, na que instaurou un réxime de terror. Víctima dunha conspiración, foi encarcerado cos seus fillos e netos na torre de Gualandi, onde morreu de fame, despois de intentar, segundo a lenda, alimentarse dos seus propios netos. Dante inspirouse neste episodio para a composición dun dos seus cantos máis famosos (Inferno, XXXIII).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fisicoquímico e matemático norteamericano. Foi nomeado profesor de física matemática en Yale. Os seus estudios versaron sobre termodinámica química (aplicación da primeira e da segunda no estudo do equilibrio de substancias heteroxéneas). Estableceu as bases teóricas da fisicoquímica e descubriu, xunto con Helmholtz, a ecuación que leva o seu nome, así como a regra das fases. En matemáticas contribuíu á análise vectorial e á teoría dos cuaternios. A súa obra principal é On the equilibrium of heterogeneous substances, na que senta os fundamentos da regra das bases.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mariño e político. Gobernador do asentamento español nas Malvinas (1174-1779), foi vicerrei de Nova Granada (1788-1792) e do Perú (1792-1796). De ideas ilustradas, potenciou a creación dos xornais Mercurio Peruano (1791) e da Gaceta de Lima (1793), o desenvolvemento da Sociedad Cultural Amantes del País e da Tertulia Poética (1791), e a fundación, entre outras, dunha cátedra de Anatomía (1792) e da Academia de Naútica (1794). De volta a España foi elixido membro do Consejo Supremo de Guerra, director xeral da Armada (1799) e ministro de Mariña (1866). Trala chegada ao trono de Fernando VII, formou parte da Junta de Goberno que se desprazou a Baiona, que abandonou trala subida ao poder de Xosé Bonaparte.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Doutor en Xurisprudencia pola Universidad Central de Madrid, foi catedrático de diversas disciplinas na Universidade de Santiago de Compostela. Pertenceu á comisión encargada de redactar as observacións do claustro da universidade compostelá sobre o proxecto de instrución pública en 1869. Dos seus escritos destacan De los Censos en la Legislación General de España: Indicaciones (1880) e Proyecto que el vogal de la comisión constituida para emitir informe acerca del derecho foral de Galicia, o denominado así, somete como ponente de la misma comisión al juicio de sus ilustrados compañeros (1889). Foi decano do Colexio de Avogados e da facultade de Dereito, reitor da Universidade de Santiago de Compostela, senador real e membro da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (5.037 h [1996]). A industria é a principal actividade, especialmente o sector téxtil (fiados e tecidos). Outras industrias destacadas son as do sector da madeira e mobles, materiais de construción, metalúrxicas e alimentarias. Documentado en 839, foi incendiado polas tropas do conde de España durante a Guerra Carlista (1839) e reconstruído posteriormente. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa románica e gótica de Santa Eulàlia (ss XIII-XV).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Da súa produción destacan Un hombre (Premio Nadal 1946), Los cipreses creen en Dios (1953), Un millón de muertos (1961), Ha estallado la paz (1966), Condenados a vivir (Premio Planeta 1971), El escándalo de Tierra Santa (1977), El escándalo del Islam (1982), La duda inquietante (1988) e Nuevos cien españoles y Dios (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escritor. Fundou as revistas literarias Clavileño e Segrel. En 1960 recibiu o premio da Bienal de Pintura Xove de París e integrouse no grupo Phases de E. Jague. Regresou a México e en 1962 realizou a escenografía de La ópera del Orden, de Alejandro Jodorovsky. En 1968 obtivo a bolsa Guggenheim. Realizou as litografías para o libro Terra Nostra, de Carlos Fuentes (1975), e en 1980 doce tauromaquias con Pierre Alechinsky. A súa pintura é simbolista con referencias á historia de México. Das súas obras destaca a serie El sueño del caballero.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cabra que ten máis de dous meses.
-
Cabra en época de celo.
-