"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Conseguir alguén algo con traballo e esforzo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Moito ganou o que noutro escarmentou. Nada ganou o que non escarmentou. Non se gana o pan sin afán. O bo ganar fai o bo gastar. Onde non se perde nada, sempre algo se gana. Onde se gana gástase, e onde se gasta gánase. O que sementa e cría, tanto gana de noite como de día. Pouco vale ganar sen gardar. Ten coidado de ganar, que tempo che queda para gastar”.

    2. Percibir un soldo por un traballo realizado.

    3. Obter un premio.

    4. encer nun xogo, competición ou confrontación.

    5. Captar ou atraer a vontade de alguén.

    6. Merecer alguén algo.

    7. Chegar a un lugar algo ou alguén.

    8. Conquistar ou alcanzar algo nunha confrontación bélica.

    9. Mellorar en calquera aspecto ou con certa cousa.

    10. Ser superior a alguén ou a algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘augardente’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. En 1926 con Napoleón ensaiou as posibilidades da tripla pantalla. En 1934 provou, nunha nova versión de Napoleón, o sistema sonoro coñecido como son estereofónico. Outras películas súas son J’acuse (1919), La fin du monde (1931), J’acuse (nova versión, 1937) e Cyrano et d’Artagnan (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Salas en Lobios. Trátase dunha ponte dos ss XV-XVI cun van de medio punto e rasante horizontal. Pertenceu ao antigo trazado da vía XVIII do Itinerario de Antonino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ferramenta con varios dentes curvos e delgados.

    2. Instrumento con forma de Y co que se suxeita algo.

    3. Gancho do que se colgan as troitas para transportalas.

    4. Arte de pesca consistente nunha especie de endeño con copo formado por variñas metálicas para capturar mariscos como as ameixas ou os berberechos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe mítico que habita as pozas do río Tea, que atrapa cunha gancha os nenos que andan preto do río para afogalos. Ten a función de lles meter medo aos rapaces e evitar así que corran riscos na proximidade do río. Do mesmo curso fluvial cóntase que “o río Tea, se non almorza, cea”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de cousas unidas por un cordel ou vara co fin de colgalas.

    2. Cantidade dalgunha cousa que se colle cunha gancha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de ganchos que se utilizan para colgar a carne ou os chourizos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Navalla pequena coa punta curvada que se usa para vendimar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. 2 guincho.

    2. Trunfo pequeno no xogo das cartas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Collidos do brazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Peza de metal ou dunha materia dura, de forma curvada que acaba en punta e que serve para coller cousas ou para agarrar algo.

      2. Instrumento empregado en cirurxía e en prácticas anatómicas que consta dun mango, unha variña e unha extremidade curvada, e que serve para exercer unha tracción sobre unha parte do corpo.

      3. agulla de gancho TÉXT

        Agulla de labor de metal, de óso, de madeira, etc, coa punta dobrada formando un pequeno gancho ou garfo, que serve para facer á man traballos de punto e malla.

    1. Labor de punto que se fai coa agulla de gancho.

      1. Golpe que un boxeador dá co brazo dobrado en ángulo recto.

      2. Lanzamento, en baloncesto, que se adoita facer á canastra arqueando o brazo por enriba da cabeza.

    2. Persoa ou cousa que atrae a outras para algún fin, normalmente nunha trampa ou engano.

    3. Engado ou capacidade de atraer que posúe algo ou alguén.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIA

    Praia protexida como Espazo Natural situada no concello de Cambados.

    CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 150 metros ANCHURA MEDIA: 1 metros GRAO OCUPACIÓN: Baixo GRAO URBANIZACIÓN: Aillada PASEO MARÍTIMO: Non
    TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Branca CONDICIÓNS BAÑO: Augas tranquilas ZONA DE FONDEO: Non NUDISTA: Non
    ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Si ZONA PROTEXIDA: Si Tipo: Espazo Natural/Prop. Red Natura 2000 BANDEIRA AZUL: Non
    SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Non
    HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital do Salnés DIRECCIÓN: Estromil-Ande-Rubianes. Vilagarcía de Arousa TELÉFONO:...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Peza de metal ou dunha materia dura, de forma curvada que acaba en punta e que serve para coller cousas ou para agarrar algo.

      2. Instrumento empregado en cirurxía e en prácticas anatómicas que consta dun mango, unha variña e unha extremidade curvada, e que serve para exercer unha tracción sobre unha parte do corpo.

      3. agulla de gancho TÉXT

        Agulla de labor de metal, de óso, de madeira, etc, coa punta dobrada formando un pequeno gancho ou garfo, que serve para facer á man traballos de punto e malla.

    1. Labor de punto que se fai coa agulla de gancho.

      1. Golpe que un boxeador dá co brazo dobrado en ángulo recto.

      2. Lanzamento, en baloncesto, que se adoita facer á canastra arqueando o brazo por enriba da cabeza.

    2. Persoa ou cousa que atrae a outras para algún fin, normalmente nunha trampa ou engano.

    3. Engado ou capacidade de atraer que posúe algo ou alguén.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de gancho.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo ganda.

    2. Individuo do pobo ganda.

    3. Pobo africano que habita ao N do lago Vic22toria. Procedente de África central, estendeuse polo seu territorio actual cara ao s X e organizou un sistema de goberno centralizado e complexo, cunha estrutura administrativa e xudicial, ademais dun exército. Os colonizadores británicos empregáronos para dominar e administrar as rexións centrais e orientais de Uganda, a cambio dunha grande autonomía. Trala independencia de Uganda (1962) conservaron unha importante capacidade de manobra e, dende 1993, acadaron a autonomía para a súa rexión. A súa economía baséase na agricultura e conserva aínda unha organización social de base feudal. A pesar da introdución do Islam a comezos do s XIX e do Cristianismo a finais do s XIX, deuse un proceso de sincretismo coa súa relixión tradicional.

    4. Lingua da familia bantú do phylum níxer-congo que se fala en Uganda e Tanzania. Utiliza o alfabeto latino e a súa primeira gramática data de 1882. OBS: Tamén se denomina luganda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de animais dunha explotación.

    2. Grupo de persoas que se comportan de xeito desprezable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ida que leva a persoa que non traballa e que anda sempre de festa.

    2. Feito que se fai para divertir ou divertirse.

    3. Ruído que provoca un grupo de persoas que se divirten.

    4. Persoa á que non lle gusta traballar.

    VER O DETALLE DO TERMO