"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Tipo de autogamia na que os gametos femininos dun pistilo dunha flor son fecundados por gametos masculinos procedentes do pole doutra flor da mesma planta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que presenta unhas calidades ou características adecuadas para un fin determinado.

    2. Que presenta unhas calidades ou unhas características que resultan de bo agrado.

    3. Que posúe habilidade e destreza para facer ben as cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Astorga. Restaurou o mosteiro de San Pedro de Montes no Bierzo, fundado por san Froitoso. Foi conselleiro de Afonso III. A súa festividade celébrase o 25 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romaría que se celebra o domingo da Trindade en Xende (A Lama) ao redor dunha igrexa construída coas esmolas dos romeiros. Celébrase unha procesión de mortallas baleiras que levan na cabeza os romeiros, que ás veces van acompañados da persoa por quen se fixo a ofrenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo ou empregado de xeneral.

      1. Tempo que dura o cargo de xeneral.

      2. Exercicio do cargo de xeneral.

    2. Conxunto formado polos xenerais dun exército.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘xerado’, ‘procreado’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intervención cirúrxica reparadora dos xenitais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen xera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos órganos xenitais e urinarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inclusión dunha rocha nunha rocha ígnea. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proxecto científico internacional iniciado en 1990 co obxectivo de coñecer a secuencia completa do xenoma humano para estudar a súa estrutura e funcións. Composto por distinos centros de China, Francia, Alemaña, Xapón, Reino Unido e EE UU, en 1994 sumouse á carreira a empresa privada Celera Genomics. Finalmente, en 2000, os dous competidores anunciaron conxuntamente o primeiro borrador do xenoma humano secuenciado, e en abril de 2003, dous anos antes do previsto, completaron o mapa xenético humano. As implicacións éticas e legais deste proxecto levaron á UNESCO a aprobar en 1997 a Declaración universal sobre o xenoma humano e os dereitos humanos, na que se afirma que o xenoma humano é Patrimonio da Humanidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea que conserva só órganos subterráneos durante a estación desfavorable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sección oriental do lago Huron, en Canadá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brazo do Océano Pacífico, en dirección NO-SL, que separa a illa de Vancouver da costa de Columbia Británica, en Canadá, e que se comunica co Pacífico polos estreitos de Queen Charlote ao NO e de Juan de Fucaao SL.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tradución galega da General Estoria (1272-1284) de Afonso X o Sabio, que se realizou no primeiro terzo do s XIV. Consérvase no manuscrito O.I.i. da Biblioteca de El Escorial e está escrita en pergamiño, con 153 folios, a 2 columnas. Non se coñece con certeza o manuscrito castelán do que procede nin quen o traduciu, pero varias notas marxinais informan de que o tradutor ou copista puido ser Nuno Freire. A General Estoria foi concibida como unha magna historia do mundo, confeccionada baixo a perspectiva medieval, que pretendía reflectir o saber enciclopédico da época, especialmente sobre astronomía, filosofía ou as sete artes liberais, combinando a historia bíblica coa profana, ademais do elemento fantástico. O texto divide a historia en idades, segundo santo Agostiño, e a pesar de ficar inacabado (chega soamente ata a época en que viviron os pais da Virxe María), describe a creación do mundo, a invención dos instrumentos e a evolución da humanidade. Inclúe todas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anión de fórmula GeO32- que se pode considerar derivado do ácido xermánico por perda dos hidróxenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado en Moscova (22.8.1939) pola URSS e Hitler, polo que se establecía un compromiso mutuo de non agresión e unha limitación das zonas de influencia de ambos os dous estados. Este pacto deixou as mans libres a Hitler para atacar Polonia, o que desencadeou a Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao vexetal propio dos climas secos. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘vello’, ‘ancián’.

    VER O DETALLE DO TERMO