Xenoma Humano, proxecto
Xenoma Humano, proxecto
Proxecto científico internacional iniciado en 1990 co obxectivo de coñecer a secuencia completa do xenoma humano para estudar a súa estrutura e funcións. Composto por distinos centros de China, Francia, Alemaña, Xapón, Reino Unido e EE UU, en 1994 sumouse á carreira a empresa privada Celera Genomics. Finalmente, en 2000, os dous competidores anunciaron conxuntamente o primeiro borrador do xenoma humano secuenciado, e en abril de 2003, dous anos antes do previsto, completaron o mapa xenético humano. As implicacións éticas e legais deste proxecto levaron á UNESCO a aprobar en 1997 a Declaración universal sobre o xenoma humano e os dereitos humanos, na que se afirma que o xenoma humano é Patrimonio da Humanidade.