"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
GALICIA
Violinista, compositor e director de orquestra. Comezou unha carreira como concertista de violín por diversos países, e en 1895 saíu dende o porto de Vigo cara a Cuba, México e Arxentina. Estableceuse en Bos Aires e exerceu a docencia musical, compaxinada cos concertos por América e Europa, e creou o seu propio conservatorio. En 1925 instalouse en Francia e en 1933 definitivamente en Bos Aires, centrándose no ensino e na composición. Autor de música orquestral, de cámara, cancións, transcricións, himnos, pezas pianísticas e para violín, da súa produción destacan as suites para piano Aires gallegos e Nuevos aires gallegos, a ópera Amor vedado, a sinfonía En las montañas de Galicia, o poema sinfónico Crepúsculo en la Alhambra, a peza para orquestra e corda Impresión nocturna, a canción para piano Rosa de abril, inspirada no poema de Rosalía de Castro, e o Himno al centenario de la Independencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Manuel López Garabal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
enaugadoiro.
-
-
Planta herbácea anual, pubescente, erecta, de 20 a 50 cm de altura, de follas estipuladas, imparipinnadas, cos folíolos ovais e fortemente serrados. As flores son azuladas, purpúreas ou brancas. Os froitos son legumes inchados que conteñen unha ou dúas sementes globosas, os garavanzos. Pouco esixentes en auga, o seu cultivo é apropiado en terreos áridos, especialmente nos pouco compactos. É orixinario da India e das costas do Mediterráneo.
-
Semente desa planta.
-
Pequeno díptero (2 mm de lonxitude) moi semellante á mosca común, pero con reflexos verdosos nas ás, que ataca o garavanzo, e deposita a posta nas súas follas, nas que, ao nacer, as larvas, ápodas e amareladas, constrúen galerías.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manuel Larramendi Garagorri.
-
-
Relativo ou pertencente aos garamantes.
-
Individuo do pobo garamante.
-
Pobo nómade do interior de Libia que se desenvolveu arredor do 400 a C. Segundo as fontes históricas romanas a súa cabalería serviu no exército de Aníbal. No 19 a C foron derrotados polo procónsul romano Lucio Cornelio Balbo, que conquistou a súa capital, Garama, pero os enfrontamentos prolongáronse durante o s I. Introduciron o emprego do camelo e abriron unha ruta a través do Sáhara. O empeoramento climático na rexión ocasionou a súa decadencia e desaparición cara ao 600. Algúns investigadores identificáronos cos antepasados dos tuaregs.
-
-
-
arento.
-
ara de madeira suxeita á cabeza do rodicio que xira sobre a pedra fixa, que se utiliza para detectar os puntos nos que esta non está a nivel.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
agarandar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Embarcación fluvial de carga que se emprega en América do Sur.
-
VER O DETALLE DO TERMO
grañoa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cabalo ou asno semental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa ou cousa que ofrece garantía sobre algo ou alguén.
-
-
Seguridade que se dá para a realización ou o cumprimento de algo.
-
Cousa ou persoa que garante algo.
-
-
Seguro de bo funcionamento, durante un tempo determinado, dalgunha cousa que se mercou, ou dalgún dos seus compoñentes, que se teñen que substituír ou reparar no caso de estar defectuosos ou avariados.
-
Documento que garante o bo funcionamento ou estado de algo.
-
-
Contrato accesorio doutro principal que ten por finalidade asegurarlle ao acredor o cumprimento dunha obriga. Existen dúas clases de contrato de garantía: o persoal, ou contrato de fianza, no que un terceiro queda obrigado a cumprir a obriga principal, no caso de que non o faga o debedor; e o real, mediante o que se asegura a realización do crédito a través da asignación dun ben ou dun dereito. Segundo afecte ao valor ou á cousa distínguese entre contrato de peñor, hipoteca e anticrese.
-
Conxunto de medios que se poñen para asegurar o exercicio dos dereitos recoñecidos pola Constitución. O sistema de garantías constitúe un freo aos abusos de poder.
-
Programa educativo específico, implantado coa Lei de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (LOXSE, 1990), que se lle oferta ao alumnado que non acada os obxectivos da educación secundaria obrigatoria, co fin de lle proporcionar unha formación básica e profesional que lle permita incorporarse á vida activa ou proseguir os estudios nas distintas ensinanzas reguladas por esta lei e, especialmente, na formación profesional específica de grao medio.
-
-
-
Dar garantía de algo.
-
Ser garantía de algo ou alguén.
-
-
-
Planta herbácea anual, pubescente, erecta, de 20 a 50 cm de altura, de follas estipuladas, imparipinnadas, cos folíolos ovais e fortemente serrados. As flores son azuladas, purpúreas ou brancas. Os froitos son legumes inchados que conteñen unha ou dúas sementes globosas, os garavanzos. Pouco esixentes en auga, o seu cultivo é apropiado en terreos áridos, especialmente nos pouco compactos. É orixinario da India e das costas do Mediterráneo.
-
Semente desa planta.
-
Pequeno díptero (2 mm de lonxitude) moi semellante á mosca común, pero con reflexos verdosos nas ás, que ataca o garavanzo, e deposita a posta nas súas follas, nas que, ao nacer, as larvas, ápodas e amareladas, constrúen galerías.
-
-
PERSOEIRO
Conquistador. Acompañou a C. Colón na segunda viaxe ás Indias (1493) e foi nomeado gobernador da illa de Xamaica (1514), na que realizou unha nova repartición de indios e fundou as vilas de Santiago de la Vega e Oristán. En 1518 recibiu a capitulación para explorar as terras entre Florida e Pánuco, o que o enfrontou a H. Cortés. En 1523 Carlos I recoñeceu a inclusión destas terras na xurisdición de H. Cortés, polo que se retirou á cidade de México.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conquistador. Participou nas campañas de conquista do val de Tarija e na fundación de Santa Cruz de la Sierra (1561), onde recibiu unha encomenda e foi nomeado rexedor do cabido. En 1568 trasladouse a Asunción e obtivo o cargo de alguacil maior das provincias de La Plata. En 1573 fundou Santa Fe de la Vera Cruz no leito do río Paraná e en 1574 San Salvador no leito do Uruguay. Nese mesmo ano recibiu o cargo de tenente gobernador e capitán xeneral de todas as provincias do Río de La Plata. En 1576 foi o encargado da reconstrución no esteiro do Río de La Plata do antigo forte de Nuestra Señora del Buen Aire, fundado en 1536 por Pedro de Mendoza, e que deu lugar á cidade de Bos Aires.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Membro da Arcádia Lusitana, baixo o pseudónimo de Córidon Erimanteu, colaborou na Gazeta de Lisboa. Da súa produción destacan as Obras Poéticas (1778).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. A súa formación pictórica desenvolveuse de maneira autodidacta. As súas paisaxes caracterízanse polas grandes doses de lirismo, que trata de maneira esquemática. Emprega grandes gamas de cores azuis e grises para envolver toda a súa obra. Participou, entre outras mostras, no V Salón de los Trece (1998). Recibiu un premio da Exposición Nacional de Bellas Artes de 1972, o Premio Nacional del Ejército (1972), a Medalla al Mérito en Bellas Artes e o Premio Caja de Ahorros de Toledo (1973). A súa obra está, entre outras coleccións, no Museo de Pontevedra, na Colección Caixanova, no Museo Español de Arte Contemporáneo de Madrid e no Museo Naval de Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta pertencente á escola galego-castelá. Activo aproximadamente entre 1365 e 1400 na corte de Xoán I, perdeu o favor real logo de casar cunha mourisca e renegar do cristianismo para converterse en mahometano. No Cancionero de Baena, recóllense trece poemas da súa autoría; cinco son composicións amorosas -nas que retoma a tradición provenzal máis clásica- e o resto relixiosas, tanto de loanza a Deus como gozos á Virxe María.
VER O DETALLE DO TERMO