"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • GALICIA

    Pintor. Estudiou na Escola de Artes e Oficios da Coruña e en 1892 ingresou na Escuela Superior de Bellas Artes de Madrid. En 1895 asistiu por primeira vez á Exposición Nacional de Bellas Artes con Retrato e Capricho de Carnaval, e obtivo unha mención honorífica. Obtivo a terceira medalla con A aciñeira (1897) e a segunda medalla con Pastoral (1897) nas exposicións nacionais. En 1900 acadou a Pensión de Roma. En 1913 obtivo a cátedra de Debuxo Artístico e Calígrafía da Escola de Comercio de Barcelona e ao ano seguinte trasladouse a Madrid, onde presidiu a sección de pintura do Círculo de Bellas Artes. En 1915 obtivo a medalla de ouro na Exposición Universal con O val de Samoedo. En 1929 encargáronlle os frisos do pavillón de Galicia na Exposición Iberoamericana de Sevilla. As súas primeiras obras, retratos e cadros figurativos, mostraron o seu interese polo naturalismo e pola luz. Destacan Náufragos (1901) e os retratos realizados para...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, marqués de Astáriz. Participou na Guerra de Independecia e apoiou o levantamento constitucional de 1820. Loitou contra as partidas realistas á fronte da Milicia Nacional Activa de Ferrol, e trala volta do absolutismo tivo que exiliarse (1823-1833). Deputado por Galicia (1834-1835), foi comandante militar e gobernador civil de Lugo (1835). Comandante xeneral da praza de Santiago de Compostela (1836), enfrontouse co arcebispo Vélez e co bispo auxiliar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada no lugar de Pazos (Lobios). Datado na segunda metade do s XVIII, foi remodelado posteriormente. Conserva a planta en escuadra. O muro de peche ao patio ábrese cun portal entre pilastras pseudodóricas e remata nun frontón partido coroado por pináculos. A parte central ten un escudo coroado con ameas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que fala moito ou en exceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada no Barón (O Carballiño). Ten planta en escuadra, aínda que pouco queda da construción orixinal. Ten dous escudos en que se representan as armas dos Reinoso nun, e noutro as dos Suárez de Deza, Gayoso, Camba, Puga e Reinoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e escritor. Colaborou en O Tío Marcos da Portela e O Galiciano, e foi autor de Horas perdidas (1889) e Brisas gallegas (1890), publicada postumamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e historiador da arte. Foi autor do estudo sobre o manierismo Trattato dell’arte della pittura, scultura e architettura (1584). Pintou un Autorretrato e unha Piedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Liáns (Oleiros). Ten planta en forma de L, realizada en cantería e cachotería, e posúe unha gran balconada de ferro sobre ménsulas de cantería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante e conquistador. Concelleiro de Zumárraga (1526), marchou a América en 1528 e desempeñou diversos cargos na Casa de la Moneda en México. Posteriormente foi escribán maior (1551) e alcalde maior de Ciudad de México (1559). En 1564 encargouse da expedición para consolidar o dominio español nas illas. Foi gobernador e capitán xeneral de Filipinas e das Marianas. Introduciu o sistema de encomendas empregado en América e fomentou as relacións comerciais con China.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Maxistrado e político. Foi membro da Audiencia de Cáceres (1833) e deputado por Pontevedra e Tui (1837-1852). Membro do Partido Moderado, foi senador vitalicio e membro do Tribunal Supremo desde 1857. Recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Intérprete, inicialmente de papeis cómicos ou traxicómicos en Novio a la vista (1957), El pisito (1959) o El cochecito (1960), posteriormente deu vida a personaxes máis complexos cos filmes Pippermint frappé (1967), Mi querida señorita (1971), La prima Angélica (1974), La colmena (1982), Esquilache (1989), El largo invierno (1991), Fisterra (1998) e La gran familia... 30 años después (1999). Recibiu a Medalla de Oro de las Bellas Artes, oito Premios Goya e o Premio Nacional de Teatro (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador da arte. Especializouse en arte galega e na obra de Goya. Foi membro da Comisión de Expertos da Bienal de Pontevedra (1982) e comisario de diversas exposicións como Compostela na arte galega (1993), Compostelana Historia: Redescubrimento-rexurdimento (1999) e O espello do mar na arte galega dos ss XIX e XX (2003). Entre as súas obras destacan El Arte del Finisterre gallego (1978), Goya: El programa neoplatónico de las pinturas de la Quinta del Sordo (1981), Los Caprichos de Goya y su significado (1982) e Alfredo Brañas e os artistas (2000). É membro do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe que se dá ou se recibe cun lorcho ou zapato vello e en mal estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo e escritor. Doutor en Filosofía e Letras na Universidade Complutense de Madrid (1966) e catedrático de Filoloxía Románica na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Valladolid (1973-1977), de Gramática Histórica de la Lengua Española (1977-1981) e de Lingüística e Literatura Galegas (desde 1981) na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, dirixiu o Departamento de Lingua Española (1977-1981) e de Filoloxía Galega (1981-1988) da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Dos seus libros destacan Sobre cronologia do vocabulário Galego-Português (Anotações ao ‘Dicionário etimológico’ de José Pedro Machado) (1968),   La tradución Gallega de la Crónica General y de la Crónica de Castilla (2 vol, 1975-1977) e Crónica Troiana (1985, Premio Losada Diéguez 1985 e Premio da Crítica 1986) así como a participación nos métodos Gallego 1 (1971), Gallego 2 (1972) e Gallego 3 (1974). Tamén é autor de 130 artigos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Cerqueda (Malpica de Bergantiños). Ten pranta rectangular e acceso principal por unha escalinata. A capela está adxunta e conserva o escudo de armas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e médico. Licenciado en Medicina e Cirurxía, forma parte do PSOE dende 1979 e exerceu a medicina ata a súa elección como concelleiro do Concello da Coruña en 1983. Durante a súa carreira na corporación municipal xestionou as áreas de Educación, Cultura, Economía, Planificación e Urbanismo. Tras desempeñar os cargos de tenente de alcalde e portavoz do Goberno municipal, é alcalde da Coruña dende marzo do 2006, despois de que Francisco Vázquez fora nomeado embaixador no Vaticano. Losada renovou nas eleccións xerais de marzo do 2008 a súa acta de senador pola provincia da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Coordinou a administración local no Val de Lemos durante a República e, en 1978, foi vicepresidente da comisión mixta de transferencias Xunta-Deputacións e vogal da comisión de toponimia de Galicia. Publicou, en colaboración con Eduardo Seijas, a Guía del camino francés de la provincia de Lugo (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Loureda (Cesuras). Foi construído a finais do s XVII e aínda conserva a capela arrimada ao edificio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso franciscano e arabista. Doutor en Filoloxía Semítica (1968), foi superior dos franciscanos en Marrocos e vigairo xeral do arcebispado de Tánxer. Especializouse na historia marroquí do s XVIII e da súa obra destaca Ensayo historiográfico sobre el sultanato de Sidi Muhammad B. Abd Allah (1757-1790) (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO