Lobios, pazo de

Lobios, pazo de

Construción situada no lugar de Pazos (Lobios). Datado na segunda metade do s XVIII, foi remodelado posteriormente. Conserva a planta en escuadra. O muro de peche ao patio ábrese cun portal entre pilastras pseudodóricas e remata nun frontón partido coroado por pináculos. A parte central ten un escudo coroado con ameas.