"Fer" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2007.

  • GALICIA

    Químico e político. Concelleiro e alcalde de Ourense, obtivo representación no Parlamento de Galicia como deputado por Ourense na II lexislatura (1985-1989) por Coalición Popular, e na IV (1993-1997) e V (1997-2001) lexislaturas, polo Partido Popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Licenciado en Belas Artes, foi profesor de debuxo no instituto Salvador de Madariaga e na Escola de Artes e Oficios da Coruña. Cursou estudios de arquitectura. Realizou as reconstrucións artísticas de San Cosme de Maianca e San Xulián de Serantes. Ilustrou Escudos reales, municipales y nobiliarios de La Coruña (1967), de Carlos Martínez-Barbeito, e La Coruña en seis rutas (1975), de Teodoro Santodomingo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Participou nos diversos movementos artísticos da década de 1970 e en 1980 integrouse en Atlántica participando nas súas exposicións. Desde os seus comezos artísticos, nos que realizou paisaxes, mostrou unha inclinación cara á abstracción. Cara   1983 comezou unha etapa artística na que realizou series de pinturas ao redor dun motivo concreto, como Río (1984), Toledo (1986), Figuras (1989) e Sombras (1991), caracterizadas polo expresionismo. O cumio desta etapa sitúase na súa participación na sección Áreas de Silencio da Bienal de Arte de Pontevedra de 1994. A partir de entón, experimentou con novas técnicas e recursos pitóricos. A súa paleta caracterízase pola sobriedade, en ocasións cunhas tonalidades fortes e con contrastes violentos. No eido dos encargos públicos, realizou, entre outras obras, as columnas do Berbés, a cúpula do Centro Comercial Plaza Elíptica e os xardíns de acceso á Estación Marítima de Vigo. Participou, entre outras mostras,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pianista. Exerceu como catedrática de Piano no Conservatorio da Coruña, bibliotecaria-conservadora da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario e académica numeraria da sección de música e membro do Instituto José Cornide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que produce cereais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que produce gran.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador alemán. Residente en Italia a maior parte da súa vida, entre as súas obras destacan Historia do Emperador Adriano (1848) e Geschichte der Stadt Rom im Mettelalter (Historia da cidade de Roma na Idade Media, 1855-1871).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación dunha bolsa serosa, situada nun lugar en que os tendóns pasan por riba das prominencias óseas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Profesor na Escola de Capacitación Agraria de Ribadeo, foi alcalde desta localidade entre 1987-1995. Foi elixido deputado por Lugo no Parlamento de Galicia polo BNG na V e VI lexislaturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • hipericáceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desorde gastrointestinal producida por unha substancia antitiamínica (antivitamina B1), presente nas vísceras dos peixes, relacionado coa inxesta das vísceras ou polo consumo de peixe mal cociñado. Son coñecidos os casos procucidos por unha especie do Báltico e de Canadá (Ictiobus cyprinellus). O máis característico desta enfermidade é a rabdomiólise ou destrución do músculo esquelético. Identificouse en Europa en 1924.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Noruega (885?-933). Despois de herdar tres pequenos dominios na zona central de Noruega, iniciou unha serie de campañas militares que culminaron na Batalla de Hafrsfjord (885) trala que unificou todo o país. O seu reinado caracterizouse pola reorganización do sistema tributario e o aumento da inmigración a Islandia. Á súa morte o reino dividiuse entre os seus fillos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo estadounidense. Estudiou medicina na Universidade de Johns Hopkins, onde se doutorou no 1927. Traballou nas universidades de Leipzig, Múnic, Johns Hopkins e Rockefeller de Nova York. Investigou a neurofisioloxía da visión e a fisioloxía da fotorrecepción. Recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía (1967), xunto con G. Wald e R. A. Granit, polos seus descubrimentos sobre a fisioloxía e a bioquímica da visión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexión do espazo interestelar controlada polo Sol mediante o fluxo do vento solar. Esténdese unhas 50 ou 100 UA máis lonxe da órbita de Plutón. Engloba o Sol, os planetas, os seus aneis e satélites, os asteroides, os cometas e os raios cósmicos, que envolven o sistema solar, e caracterízase por unha densidade de enerxía do vento solar superior á do medio interestelar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización para a Seguridade e a Cooperación Europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á hemiesferoide.

    2. Que ten forma de hemiesferoide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das dúas partes nas que se divide un esferoide por parte dun plano que pasa polo seu centro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a un hemisferio.

    2. Que ten a forma dun hemisferio.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada unha das dúas partes da esfera terrestre separadas polo plano ficticio do ecuador: hemisferio norte ou boreal, entre o ecuador e o polo norte, e hemisferio sur ou austral, entre o ecuador e o polo sur. A maior parte das terras emerxidas da superficie da Terra está no hemisferio norte, aproximadamente o 67%.

      2. hemisferio celeste

        Hemisferio da esfera celeste. Os hemisferios definidos polo ecuador celeste son o hemisferio boreal ou setentrional e o hemisferio austral ou meridional; os definidos polo plano paralelo ao do horizonte son o hemisferio superior e o hemisferio inferior; e os definidos por un plano meridiano son o hemisferio oriental ou ascendente, e o hemisferio occidental ou descendente.

    1. Cada unha das dúas partes nas que divide unha esfera un plano que pasa polo seu centro.

    2. Cada unha das dúas metades simétricas do cerebro ou do cerebelo.

    VER O DETALLE DO TERMO