"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Peroxa baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de sementes miúdas dalgunhas plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pianista. Discípulo de F. Busoni, destacou como intérprete de música contemporánea. Da súa produción destacan as pezas Molly on the Shore (1921) e Händel in the Strand (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de leguminosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Covas (Viveiro). Foi construído por Juan Dutton e Aguiar en 1597. Ten planta rectangular con dúas alturas: na parte baixa hai dúas portas, de arco de medio punto e arco rebaixado respectivamente, e na superior consérvanse dous escudos. Ten solaina e unha gran cheminea. En 1666 construíuse unha capela dedicada a Nosa Señora da Concepción no lado N, que se reconstruíu en 1867.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cantar ou berrar as grallas ou aves semellantes.

    2. Choromicar ou emitir sons o neno que aínda non fala.

    3. Berrar moito unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Páramo baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no Páramo. De orixe románica (s XII), reformouse en épocas posteriores. Ten nave única, capela maior de planta cuadrangular e unha sancristía pegada no N. A porta principal é de arco de medio punto con dúas arquivoltas baquetonadas e tímpano con dúas estrelas incisas. No muro S consérvase outra porta de arco de medio punto con dúas arquivoltas, a exterior baquetonada e erixida sobre columnas con fustes lisos e capiteis vexetais, e a interior de sección recta. No tímpano hai dous pequenos arcos cegos con motivos cruciformes incisos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar onde as grallas fan os niños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira setentrional da ría de Corme e Laxe, no litoral sudoccidental da parroquia de Corme-Porto, no concello de Ponteceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que fala moito e desatinadamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dados n vectores, x1,..., xn, dun espazo vectorial dado, dun produto escalar <,>, determinante da matriz de Gram destes vectores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bacteriólogo. En 1884 deu a coñecer un método de coloración diferencial, que se denomina tinguidura de Gram.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dados n vectores, x1,...,xn, dun espazo vectorial dado, dun produto escalar <,>, matriz cadrada G ou termo xeral da que é Gij = <x i, x j >, i,j = 1,...,n.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de coloración descrita por H. C. J. Gram, que se emprega para diferenciar distintos tipos de bacterias. Baséase na diferente afinidade aos colorantes básicos das bacterias. En primeiro lugar fíxanse as mostras bacterianas por medio de calor, tínxense cunha solución de colorante básico (violeta cristal) e despois retírase con auga; a continuación colócanse nunha solución iódica, faise outro lavado con auga e despois trátanse con alcohol-acetona (un decolorante), e finalmente contratínxense cun colorante vermello. As bacterias Gram-positivas conservan a cor do primeiro colorante e aparecen de cor azul escura ou violeta, mentres que as Gram--negativas se tinxen co segundo colorante e aparecen con cor vermella. O distinto comportamento das bacterias Gram--positivas e Gram-negativas atribúese á distinta estrutura química dos peptidoglicanos que constitúen as paredes bacterianas. A clasificación das bacterias patóxenas en Gram-positivas e Gram-negativas é de grande importancia clínica,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á bacteria que na tinguidura de Gram se decolora, e se tingue co colorante de contraste (colorante vermello). Exemplos de bacterias Gram-negativas son: Escherichia, Salmonella ou as Pseudomonas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á bacteria que na tinguidura de Gram non se decolora e se tingue co primeiro colorante (colorante violeta) e aparecen de cor azul escura. Exemplos de bacterias Gram-positivas son: Staphylococcus, Streptococcus ou Clostridium.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nun espazo vectorial de dimensión finita n e dotado dun produto interno <,>, proceso que permite obter unha base ortogonal {w1,...,wn} a partir dunha base calquera {v1,...,vn} do espacio. O proceso que determina esta base denomínase ortonormalización de Gram-Schmidt.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. [Cynodo

    2. [Agropyro

    VER O DETALLE DO TERMO