"INE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1570.

  • PERSOEIRO

    Poeta francés, señor de Saint-Amant. De nome Marc-Antoine Girard, escribiu, entre outros, os poemas Les “goinfre” e “Le melon”, con influencias de Rabelais, e o poema satírico “Rome ridicule” (1643).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e piloto francés. Piloto civil da sociedade Latécoére (1926), levou a cabo diversas misións, algunhas das cales lle inspiraron as primeiras novelas. Sufriu un grave accidente en 1937. Mobilizado durante a Segunda Guerra Mundial, en 1943 foi destinado a Sardeña. Trasladado a Córsega (1944), saíu en misión, onde morreu. Das súas obras destacan Vol de nuit (1931) e Le petit prince (1943).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Partidario de M. de Robespierre, formou parte do Comité de Salvación Pública (1793-1794). Entregado á Revolución Francesa, reorganizou os exércitos do Rin e do norte e iniciou unha política de reformas sociais. Morreu guillotinado tras a Revolución Termidoriana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante. Autodidacta e admirador do debuxante estadounidense Frank Robbins, especializouse en cómic e humor, e foi un dos primeiros creadores en achegar erotismo ás publicacións españolas con rapazas semiespidas. Colaborador con tiras de política de actualidade en El Correo Gallego, Diario de Ferrol, El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños, os seus traballos foron publicados en diversos países, como España, Portugal, México, Colombia, Polonia, Irán, Rusia, Francia, Holanda, EE UU, Austria e Alemaña. Ademais, traduciuse a súa obra ao inglés, portugués, polaco e persa. Parte da súa obra foi recompilada en nove libros publicados. Para a revista de cómics El Globo creou a súa famosa serie “El Edén”, que sobreviviu á censura. Ademais, realizou diversas exposicións individuais e colectivas en diversos países europeos, Rusia e EE UU, dos que cómpre destacar o celebrado na igrexa Marktkirche de Hannover e o do XXVI Congreso Mundial da Federación Internacional de Xornalistas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Deputado nos Estados Xerais (1789), sostivo a anexión de Córsega a Francia. Membro da Convención, máis tarde fíxose partidario de Napoleón I Bonaparte, que lle confiou varios cargos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Faramontaos (Carballeda de Avia). O seu cumio acada os 712 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á produción de sal.

    2. Persoa que se dedica á industria ou ao comercio de sal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Illes Balears (3.389 h [2001]). A agricultura, esencialmente de secaño, perdeu importancia como recurso económico e deu paso aos sectores da construción e do turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Pastoriza baixo a advocación de san Cosme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lugo baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Marín baixo a advocación de san Tomé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Marín que pertencía á igrexa de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Senador de UCD pola provincia de Lugo (1977), foi cofundador de Coalición Galega (CG) e deputado no Parlamento galego (1985-1993). Presidiu CG en 1990. Publicou diversos traballos de investigación sanitaria como Necesidades de personal médico en Galicia (1972) e Concepto general y puesta en marcha de la Medicina Preventiva en el medio rural gallego (1972). É académico correspondente da Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Mos baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar poboado de sanguiños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Dozón baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao sangue.

      2. Que contén sangue en abundancia.

      3. Que ten a cor do sangue.

      1. Aplícase á persoa ou ao animal que amosa a cara de cor vermella e conxestionada por causa da circulación abundante e activa do sangue.

      2. Aplícase á persoa de temperamento impulsivo ou facilmente irritable.

    1. Aplícase a un dos catro temperamentos descritos por Hipócrates que se caracteriza por unha condición sentimental cambiante. Na caracteoroloxía dos psicólogos holandeses Heymans, Wiersma e Le Senne é un dos oito tipos de caracteres resultantes da combinación das tres compoñentes básicas que se caracteriza por ser non emotivo, activo e primario. Tamén son trazos esenciais deste tipo: a falta de emotividade, o optimismo, a vaidade e a volubilidade.

    2. Aplícase á cor do sangue empregada na heráldica inglesa, que se representa graficamente por un raiado moi fino de liñas horizontais, entrecruzadas con outras liñas diagonais que van da esquina dereita da cabeza ata a esquerda da punta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e crítico. Pertence ao movemento de vangarda Gruppo 63. Das súas obras destacan a recompilación de poesías Catamerone, 1951-71 (1974), as novelas Capricio italiano (1963) e Il gioco dell’oca (1967), a obra teatral Teatro (1969), e os ensaios literarios La missione del critico (1987), Lettura del Decameron (1989), Per musica (1993), Il chierico organico e Scritture e intellettuali (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Membro e deputado do Partido Colorado, despois do golpe de estado de 1973 dedicouse ao xornalismo político e a actividades culturais e deportivas. En 1981 negociou cos militares unha transición pacífica á democracia. Foi o primeiro presidente elixido democraticamente despois da ditadura (1984-1989), cargo que desempeñou de novo entre 1994 e 2000. Escribiu Alcances y aplicaciones de la nueva Constitución uruguaya (1967), La nación, el nacionalismo y otros ismos (1978), El temor y la impaciencia (1991), El año 501 (1992), Un mundo sin Marx (1993) e Meditaciones del milenio (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a San Marino ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de San Marino.

    VER O DETALLE DO TERMO