"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

  • Aparición frecuente de sibilantes nun texto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de doutrinas formuladas basicamente por Nanak (1469-1538) e polos seus sucesores, os gurús, que constitúen a relixión dos sikhs en India. Dun monoteísmo estrito, é unha síntese do movemento bhakti hindú e do sufismo islámico, e nega a autoridade dos Vedas e suprime o sacrificio, o sacerdocio e o sistema de castas. As ensinanzas do gurú Gobind Singh (1666-1708) transformaron o seu carácter pacifista nun espírito militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modalidade de argumentación dedutiva que consiste na afirmación de dúas proposicións, relacionadas entre elas e chamadas premisas, das que resulta outra, chamada conclusión. A relación entre as premisas do siloxismo -chamadas respectivamente maior (P) e menor (S)- establécese mediante o chamado termo medio (M), repetido en ambas as dúas premisas. A diferente disposición de P, S e M nelas determina as catro posibles figuras do siloxismo, e a súa combinación coas catro posibles modalidades de xuízos determina os modos do siloxismo. Entre as diversas formas siloxísticas están os siloxismos hipotéticos, os modais, os abreviados (entimema) e os compostos (polisiloxismo, sorites e dilema).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de simbólico.

    2. Sistema de símbolos que se utiliza para representar algo.

    3. Movemento artístico, esencialmente pitórico, do derradeiro terzo do s XIX, con imaxes opostas á realidade visible ou científica para demostrar que existe unha realidade oculta que, aínda que non é posible coñecer, si é posible intuír. Recibiu a influencia dos artistas idealistas de principios do s XIX e dos prerrafaelistas. Os dous temas constantes que tratou foron a muller, venerada ou temida, ser anxelical (Ofelia) ou maligno (Salomé), e a morte. Foi cultivado por Gustave Moreau, Odilon Redon, Pierre Puvis de Chavannes, os nabís, Aubrey Beardsley, o Círculo do s XX, Gustav Klimt e Edvard Munch.

    4. Movemento literario aparecido en Francia entre 1870 e 1880. Manifestouse primeiramente como unha reacción contra a herdanza romántica e contra a doutrina da escola parnasiana, e acadou a súa plenitude cos poetas decadentes, ao redor de 1880, dos que o máis destacado foi Jules Laforgue. Jean Moréas publicou no suplemento literario de Le Figaro (1886) un manifesto que anunciaba o nacemento desta escola. Dúas publicacións literarias, Le Décadent e Le Symboliste, emprenderon a loita contra a poesía académica. Os poetas desta nova escola, Gustave Kahn, Stuart Merril, Vielé-Griffin e René Ghil, declarábanse herdeiros de Baudelaire, Verlaine e Rimbaud. Co tempo, Mallarmé converteuse no apóstolo dunha poesía profundamente meditada e impenetrable para o profano. A partir de 1862, na revista L’Artiste, explicou a súa doutrina, que consiste no propósito de atrapar na linguaxe o poder irradiante do pensamento puro. Entre os seus discípulos figuran André Gide, Paul...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de simplista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno en que o pole está agrupado en tétradas, polinios ou polinarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación simultánea nun mesmo plano de varios acontecementos ou aspectos dun obxecto sen transición entre eles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cataplasma que se prepara con fariña de mostaza e auga tépeda a partes iguais. Foi empregada como excitante do centro respiratorio e do corazón.

    2. Sinal que queda na pel no lugar onde se aplicou esta cataplasma.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Tendencia a fundir diversos elementos relixiosos e filosóficos, usualmente considerados heteroxéneos, sen un criterio claro de selección.

      2. Síntese de dous elementos culturais ou de dúas culturas diferentes que, ao ser reinterpretadas, dan lugar a unha entidade cultural totalmente nova.

    1. Asunción de diversas funcións por unha soa forma. O ablativo latino, por exemplo, asumiu as funcións dos casos instrumental e locativo indoeuropeos; a desinencia -i latina de DOMINI asume sincreticamente o caso nominativo e o número plural.

    2. Forma de apreciación confusa propia do xeito de pensar dos nenos pequenos que aínda non desenvolveron a facultade de percibir con claridade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Feito de acontecer ao mesmo tempo.

    2. Calidade de síncrono.

    3. Identidade de frecuencia que se produce entre dous fenómenos periódicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento dos traballadores organizados en sindicatos en defensa dunha mellora das súas condicións de vida e de traballo. Os primeiros pasos do movemento sindical organizado déronse en Reino Unido, onde se creou, por influencia de Robert Owen, a Great Consolidated Trade Union (1833), aínda que os seus precedentes atópanse na segunda metade do s XVIII. En Alemaña, a unión dos lassallianos e os marxistas (Congreso de Gotha, 1875) permitiron o inicio dun sindicalismo de orientación socialista que adquiriu unha grande implantación. En Francia desenvolvéronse as asociacións de axuda mutua, sobre todo a partir de 1830, e as cámaras sindicais de oficios (1860), ata chegar á formulación do sindicalismo revolucionario que cristalizou na creación da Confédération Générale du Travail (CGT) en Limoges en 1895. En Italia creouse a Confederazione Generale Italiana del Lavoro (CGIL) en Milán en 1906, de tendencia socialista. En España a súa influencia inicial foi bakuninista coa Federación Rexional Española...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina protestante que afirma que o home, a pesar do pecado orixinal, conserva o libre albedrío na busca da salvación e da graza divina.

    2. sinerxía.

    3. Aumento dunha determinada actividade dun composto, que está provocado pola presenza en mestura doutro composto, inactivo no mesmo sentido, denominado axente sinérxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente artística postimpresionista, tamén coñecida como cloisonnisme, que procura a simplificación das formas e o decorativismo empregando grandes superficies planas de cor rodeadas por trazos negros. Orixinouse en 1888 en Bretaña, e aínda que E. Bernard foi o seu creador con Les Bretonnes aux ombrelles, quen destacou foi P. Gauguin con La vision après le sermón. Foron desta corrente os membros da escola de Pont-Aven e os do grupo nabí. Considerouse como a obra sintetista por excelencia Le talisman de P. Sérusier.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relixión nacional dos xaponeses, denominada shinto (camiño dos deuses) en oposición á butsudbō (camiño de Buda). Hai un xintoísmo primitivo que se diferenza de moitas outras formas influídas polo confucianismo, o taoísmo e o budismo. Relixión basicamente animista ou politeísta, non ten fundador, escrituras, nin dogmas, pero si unha rica mitoloxía e un culto importante. A noción central é a pureza ritual e física, non moral. Ser impuro é o pecado (tsumi), que pode ser voluntario ou involuntario. O pecador ou contaminado recupera a pureza a través de diferentes ritos, como o harae (exorcismo), o misogi (ablución con auga e sal), o imi (tipo de profilaxe do pecado que consiste nunha abstinencia) e outros. Os documentos máis antigos, o Kojiki (Arquivos de cousas antigas) e o Nihongi (Anais de Xapón), tratan da historia mítica de Xapón a partir da data lendaria da fundación do imperio (660 a C), onde teñen un papel relevante os kami ou deuses, así como os heroes Izanagi e Izanami, a deusa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento creado na segunda metade do s XIX por rabinos e pensadores xudeus da Europa Oriental encamiñado a reconstruír en Palestina unha patria xudía que acollese os xudeus de todo o mundo que o desexasen. Os pogroms rusos de 1881 provocaron a chegada a Palestina de diversos grupos de xudeus -a primeira alià (subida a Sión)- que estableceron as primeiras colonias agrícolas. Coa obra de Theodor Herzl e a partir do I Congreso Sionista de Basilea (1897) o movemento adquiriu un carácter político. Herzl creou dúas grandes institucións de recadación de fondos para o establecemento de xudeus en Palestina, e entrevistouse cos principais xefes de estado europeos. A Declaración de Balfour e o mandato británico de Palestina favoreceron o movemento, pero pronto provocaron a oposición árabe en xeral e numerosos atentados (1921, 1929, 1933, 1936-1938). Fundáronse máis de 150 aglomeracións cooperativas agrarias (kibbutzim e mošavim) e creouse un sistema de autodefensa,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Distribución dos sismos que se producen no espazo en función da súa frecuencia e intensidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sismos ou a calquera outro tipo de vibracións da Terra que sexan estudadas pola sismoloxía.

    2. Técnica xeofísica que consiste no rexistro e análise dos sismos que están causados por explosións provocadas. Distínguense a prospección sísmica de reflexión, cando as ondas sísmicas son reflectidas, e as prospeccións sísmicas de refracción, cando as ondas son refractadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de ondas de choque xeradas nun punto do interior da Terra, denominado foco ou hipocentro, que se producen como consecuencia dunha liberación de enerxía que resulta da relaxación dun estado de esforzo que se produce por un movemento brusco entre bloques rochosos da codia ou do manto. O punto da superficie da Terra que lle corresponde á vertical do foco ou hipocentro recibe o nome de epicentro. Debido a que as ondas sísmicas non viaxan todas á mesma velocidade, os intervalos de tempo entre a chegada de cada tipo de onda poden ser utilizados para deducir a localización do epicentro, así coma a profundidade do foco. A orixe dos sismos pode ser diversa, algúns poden deberse a fenómenos relacionados coa dinámica superficial da Terra, como os desprendementos por gravidade de masas de rochas; outros poden ir ligados a erupcións volcánicas e polo xeral son de focos pouco profundos e de carácter local, e os máis frecuentes están relacionados coa dinámica global da Terra, e son coñecidos...

    2. Movemento intenso que se produce nas augas do mar por un terremoto que afecta ao fondo mariño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de rexistro das ondas sísmicas que se realiza por medio dun sismógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que rexistra a amplitude, a dirección, a frecuencia e outras características das ondas sísmicas que se manifestan en forma de vibracións na terra. Fundaméntase na inercia dunha gran masa suspendida libremente e que, polo tanto, descansa inmóbil mentres o seu soporte se move solidariamente coas vibracións da terra.

    VER O DETALLE DO TERMO