"RL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1468.

  • PERSOEIRO

    Filósofo, psicólogo e musicólogo alemán. Profesor en Praga, Múnic e Berlín, especializouse en psicoloxía da música. Foi autor de Die Anfänge der Musik (Os inicios da música, 1911) e Erkenntnislehre (Teoría do coñecemento, 1939-1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático suízo. Fixo investigacións en óptica, mecánica, ecuacións diferenciais e enunciou un famoso teorema sobre as raíces das ecuacións alxébricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Foi deputado por UCD na lexislatura constituínte (1977-1979) e, na Xunta preautonómica, conselleiro sen carteira adxunto á presidencia, encargado dos temas relativos á emigración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do condado metropolitano de Tyne and Wear, Inglaterra, Reino Unido, situada na desembocadura do Wear, no mar do Norte (280.807 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título inglés concedido en 1643 a Henry Spencer (?1643), terceiro barón Spencer. Foi sucedido polo seu fillo Robert Spencer e este polo seu, Charles Spencer, cuxos descendentes e sucesores foron os Spencer-Churchill, duques de Marlborough.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Islandia (25.214 km2; 20.839 h [estim 1999]). A súa capital é Selfoss (4.470 h [estim 1999]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é moi grande ou que posúe unhas calidades en maior grao.

    2. Que expresa o grao superior dunha calidade.

    3. Grao máximo de significación dun adxectivo. Distínguese entre superlativo absoluto, que atribúe a súa calidade a un obxecto con independencia dos demais obxectos (moi simpático, simpatiquísimo), e superlativo relativo, que atribúe a calidade a un obxecto comparándoa coa mesma calidade deste ou doutros obxectos (está máis guapo ca nunca, o máis listo da aula). Non existe gradación entre o comparativo e o superlativo absoluto, pois na comparación a intensificación non é maior nin menor ca no superlativo, senón distinta: naquela cuantifícase comparativamente de maneira explícita ou implícita, e nesta sen poñer en relación a calidade con outro termo da relación. Morfoloxicamente son diferentes, pois no comparativo inclúense procedementos analíticos (máis/menos grave) e no superlativo só o sintético -ísimo (gravísimo), aínda que xunto con este morfema hai outra intensificación elevada analítica, co adverbio moi (moi grave). Os superlativos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico canadense. Debutou na década de 1960. Destacou a súa interpretación en M.A.S.H (1970), Johnny Got His Gun (1970), Kelly’s Heroes (1970), Fallen (1998), The Art of War (2000), The Italian Job (2003), Cold Mountain (2003) ou American Gun (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo estadounidense. Profesor e director do departamento de farmacoloxía da Western Reserve University (Cleveland) e profesor de fisioloxía da Vanderbilt University, descubriu o monofosfato de adenosina cíclico (AMPc) e demostrou o seu papel no mecanismo de acción química das hormonas (teoría do segundo mensaxeiro). En 1971 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina, polo descubrimento dos mensaxeiros químicos que median a actuación das hormonas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Expresión que dá a viscosidade dinámica ìt dun gas a unha temperatura t (expresada en °C) cando se coñece a viscosidade dinámica ì0 deste gas a 0°C. Escríbese:

    FORMULA
    se denomina número de Sutherland, que oscila entre 100 e 500.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Bo divulgador do pensamento marxista, publicou traballos sobre o desenvolvemento do modo de produción capitalista e a transición ao socialismo. Das súas obras destaca The Theory of Capitalist Development (Principles of Marxian Political Economy) (1942).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Baixo un romanticismo militante, deu a coñecer The Triumph of Time (1862) e baixo as normas da traxedia grega Poems and Ballads (1871), Songs Before Sunrise (1871) e Tristram of Lyonesse (1882), a súa obra capital. Destacaron tamén as traxedias da triloxía Chastelard (1865), Bothwell (1874) e Mary Stuart (1881), así como as novelas Love’s Cross-Currents (1905) e Lesbia Brandon (1952), e os estudos literarios Essays and Studies (1875) e Miscellanies (1886).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor sueco. Coñecido como Max von Sydow, deuse a coñecer a través dos seus traballos con Ingmar Bergman. Destacaron as súas actuacións en Smultronstället (1957), Säsom i en spegel (1961), The Exorcist (1973), Exorcist II: The Heretic (1977), Conan the Barbarian (1982), Father (1989) e Needful Things. Dirixiu o filme Katinka (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Ältere 1425? - Ulm 1491) Escultor alemán. Foi autor do cadeirado do coro da catedral de Ulm (1469-1474). O seu fillo, Jörg Syrlin , o Novo (Ulm 1455?-1521), tamén traballou a madeira e fixo numerosos retablos e mobiliario relixioso, do que destaca o cadeirado do coro do mosteiro de Blaubeuren.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo e lingüista. Foi profesor de linguas románicas en Holanda (1927-1928), Hungría (1929-1935) e máis tarde en Padua. Das súas obras destacan Grammatica della lingua rumena (1923), Osservazioni sulla diffusione delle parole marinaresche italiane nelle lingue balcaniche (1942), Le origini delle lingue neolatine (1948) e Introduzione alla glotttologia (1949). Tamén escribiu artigos sobre a lingua albanesa e estudos sobre gramáticas comparadas, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor e escritor, irmán de Xosé Ignacio Taibo Arias. Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación, doutor en Ciencias Políticas e profesor na Universidad Autónoma de Madrid, foi membro fundador do Centro de Estudios del Este, tema que foi protagonista nos seus estudos e nas diferentes publicacións posteriores. É columnista de política internacional da BBC de Londres e colaborador de política internacional en xornais como La Vanguardia, El País, La Voz de Galicia e El Correo. Ademais é autor de numerosos traballos relacionados con este tema, como Los mariscales de agosto (1991), La Unión Soviética (1993), Europa sen folgos (1994), Los conflitos yugoslavos (1995), A nova desorden internacional (1998), Un novo Terceiro Mundo? (2000), A desintegración de Iugoslavia (2001), Imperio norteamericano e capitalismo global (2003) e El conflito de Chechenia (2005). Recibiu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político inglés, conde e duque de Shrewsbury. Participou na revolución de 1688, que expulsou aos Stuart e entronizou a Guillerme III de Orange-Nassau. Secretario de Estado en diversas ocasións e gobernador de Irlanda, foi un dos xefes dos whigs, aínda que máis tarde rompeu con eles e, en 1710, pasou ao grupo tory.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e diplomático, príncipe de Benevento e duque de Talleyrand. Foi bispo de Autum en 1788 e deputado aos Estados Xerais un ano máis tarde. Entre 1797 e 1799, foi ministro de Asuntos Exteriores e participou no golpe de estado do 18 brumario. Colaborou inicialmente con Napoleón pero, en 1814, caído este, foi nomeado xefe do goberno provisional que instaurou Luís XVIII. Despois dos Cen Días foi presidente do consello de ministros, pero perdeu as eleccións e tivo que dimitir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soberano da Transoxiana (1370-1405). De nome Tīmūr Lang, pertenceu a unha familia nobre turcomá e conseguiu facerse cargo de toda a Transoxiana, onde encabezou, autoproclamándose herdeiro e continuador do imperio de Xenguis Khan, a dinastía timúrida. O seu dominio estendeuse a Corasmia (toma de Urgueuč, 1379), Persia (1380-1387), Acerbaixán (1385-1386) e ao reino cristián de Xeorxia (1387). Aniquilou aos seus parentes do Imperio da Horda de Oro ao anexarse todo o territorio comprendido entre o Mar Caspio e o Mar Negro. Enfrontado cos mamelucos de Siria, devastou Alepo e Damasco (1400-1401), despois da destrución de Bagdad (1401) e de diversas poboacións de Iraq. Derrotou tamén e aprisionou, preto de Ancara, ao sultan otomán Baiaceto I en 1402. Morreu cando iniciaba a conquista de China. O seu imperio, apoiado na súa forte personalidade, desapareceu pouco despois da súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da illa de Luzón, Filipinas, situada ao NO de Manila (260.000 h [estim 2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO