"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calzado de coiro, feltro ou doutros materiais que cobre o pé ata o nocello. A sola pode ser de coiro ou goma. O zapato baixo está constituído, especialmente os feitos a man, polas seguintes pezas: a sola, a biqueira, a empeña, a lingüeta e o calcañar; porén o zapato alto ten dúas pezas máis: o tirante e a cana. É unha das pezas fundamentais do traxe tradicional de gala tanto masculino como feminino, especialmente das vilas. O zapato feminino ten o tacón baixo e adoita levar unha fibela sobre a amalloeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calzado de goma alto e forte que protexe da chuvia e da humidade.
-
PERSOEIRO
Político checo. Foi un dos fundadores do partido comunista de Checoslovaquia (1921). Presidente dos sindicatos (1945-1948), foi primeiro ministro (1948-1953) e presidente da república (1953-1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ou quen pronuncia o s como z. SIN: zarapelo.
-
Que ou quen tatexa. SIN: zarapelo, zarapeto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pacto asinado en 1529 polo que Carlos I vendeu aos portugueses os seus dereitos sobre unha ruta das Molucas que partía da Coruña e que supuxo a desaparición da Casa de Contratación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
zarabeto.
-
PERSOEIRO
Atleta checo. Coñecido como “a locomotora humana”, especializouse en carreiras de gran fondo. Foi campión olímpico de 10.000 m e medalla de prata en 5.000 m en Londres 1948. En Helsinqui 1952 conseguiu o ouro nas probas de 5.000, 10.000 e maratón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Desdobramento de cada unha das liñas dun espectro atómico en diversas novas liñas dispostas simetricamente respecto ás iniciais, cando os átomos produtores do espectro son sometidos a un campo magnético. A separación das liñas desdobradas é proporcional á intensidade do campo magnético aplicado. Descuberto por Zeeman en 1896, significou, no caso do hidróxeno, unha confirmación da teoría clásica do átomo de Bohr.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno en virtude do que o individuo tende a lembrar máis facilmente as tarefas inacabadas, interrompidas un certo tempo, que as xa acabadas.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo. Instalado en Moscova (1921), traballou na axencia Russ-foto (1923-1947) para a que foi correspondente en Asia central. Os seus traballos publicáronse en Pravda, USSR in Constrution e Izvestia. Pioneiro do documental fotográfico moderno, cubriu as batallas de Odessa, Donbass e Moldavia, e acadou sona coas fotografías do cerco de Stalingrado (1942), que publicou en Stalingrad: July 1942-February 1943 (1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno que nun díodo de xunción consistente nun aumento repentino da corrente inversa sobrepasando a tensión inversa un certo valor denominado tensión Zener. Foi establecido polo físico estadounidense Clarence Melvin Zener.
-
PERSOEIRO
Gramático alexandrino. Discípulo de Filetas de Cos, foi o primeiro bibliotecario de Alexandría (290-270). Realizou a edición crítica da Ilíada e da Odisea, que dividiu en 24 libros, e inaugurou así o método científico baseado na colación dos manuscritos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento artístico europeo nacido en Alemaña en 1957 que, concibido como un proxecto vital novo, partiu do ambiente artístico dos anos de posguerra, crítico cos valores do pasado. Nel confluíron as tendencias artísticas máis innovadoras da época: desde o monocromatismo de I. Klein e de P. Manzoni e as teorías sobre a cor de Jef Verheyen, pasando pola op art de J. Tinguely e o espacialismo de Lucio Fontana. Tivo a súa máxima actividade a partir da década de 1960, en que se celebraron numerosas exposicións e se editaron publicacións como Zero e Azimuth.
-
MUNICIPIOS
Municipio de Gipuzkoa, Euskadi, situada no val do Urola (3.100 h [2001]). Centro agrícola e gandeiro, ten industria metalúrxica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor italiano. Formado no conservatorio de Nápoles, destacou como autor de cantatas e de óperas, como Montesuma (1781) e Giulletta e Romeo (1796). Escribiu máis de 500 obras relixiosas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Žytomyr.
-
PERSOEIRO
Político. Foi elexido secretario xeral do partido comunista (1954), primeiro ministro (1962-1971) e presidente da república (1971-1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da oblast’ de Čel’abinsk, Rusia (205.800 h [estim 1994]). Situada na ribeira do río Aj, afluente do Kama, ten industria diversificada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Trasladouse a España en 1961 e creou en Cuenca o Museo de Arte Abstracta, o primeiro destas características. Cultivou a pintura, o debuxo, o gravado e a fotografía. A súa obra pictórica de madurez é afín á dos artistas abstractos españois da década de 1960.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Zobra (Lalín). O seu cumio acada os 847 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO