"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
GALICIA
Historiador. Redactor da Enciclopedia Galega Universal. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1997), centrou as súas investigacións na Antigüidade mediterránea, con especial interese polo desenvolvemento do dereito e dos sistemas xudiciais da Hélade. Foi colaborador da revista especializada Anabasis.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e cabaleiro de València. Publica un extenso poema cabaleiresco sobre a batalla de Roncesvalles (València 1555, Toledo 1583), e unha tradución castelá, en verso do Orlando Innamorato (València 1555, Alcalá 1577, Toledo 1581).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Foi o introdutor da lóxica formal na universidade española trala Guerra Civil, a través dunha serie de congresos que deron a coñecer a obra de filósofos como P. F. Strawson, W. van O. Quine e D. Davidson. En 1995 ocupou a cátedra Jorge Santayana da Comunidad de Madrid. Destacou polas diferentes interpretacións que lles deu aos procesos de dedución lóxica e á análise das achegas da cibernética e da linguaxe formal e pola súa teoría da realidade, na que combinou o materialismo e o realismo crítico. Fundador da revista Teorema de lóxica e filosofía da ciencia, entre as súas obras destaca Lógica simbólica (1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e crítico da arte. Director artístico da Galería de Arte Pardo Bazán da Coruña. Crítico de arte en Guía dos libros novos, colaborou na elaboración de catálogos e en diferentes publicacións. Participou, entre outras obras, en Artistas Galegos Pintores: rexionalismo III (1999) e Artistas Galegos Pintores: posguerra I figuracións (2000). Escribiu El arquitecto Rafael González Villar (1999), La galería gallega: una tipología tradicional en permanente evolución (1999) e Escultura gallega contemporánea: la cerámica como punto de partida (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Estudiou maxisterio e exerceu como profesor ata que foi encarcerado durante a Guerra Civil por pertencer á Esquerda Republicana. Exiliouse en Bos Aires e Chile, onde foi delegado do Consello de Galicia. Colaborador das publicacións La Hora e Galicia, publicou o poemario Saudade (1953).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar, xornalista e crítico musical. Estudiou ciencias e música en París e Londres. De regreso a España, ingresou na Academia de Caballería de Valladolid (1874) e, posteriormente, foi destinado ao rexemento real do norte. Finalizada a contenda cos carlistas, foi ascendido a tenente e recibiu a cruz vermella do mérito militar. En Madrid traballou no ministerio da Guerra e nos gabinetes de diversos ministros. Como secretario da comisión mixta das Academias de Historia e de San Fernando conseguiu que se catalogase toda a riqueza monumental e artística de España. Cómpre salientar o seu labor na creación da Cruz Vermella Española, o Teatro Nacional e o Círculo de Bellas Artes de Madrid. Colaborou en diversas publicacións, como La Ilustración Española y Americana, da que foi director; foi tamén correspondente de Le Petit Parisien e Le Journal. Escribiu o drama La segunda mujer (1906) e os libros Tratado de geografía, Topografía militar e Notas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e político. En 1845 trasladouse a Madrid onde fundou o xornal La Organización del Trabajo, defensor do fourierismo, e colaborou na sociedade secreta Los Hijos del Pueblo. Exiliado en Londres (1851-1854), entrou en contacto co socialismo internacional. Ao seu regreso publicou o xornal Las Barricadas e un opúsculo no que defendía a República federal, que lle custou un novo desterro, esta vez en Lisboa e Londres. Regresou co Sexenio e foi elixido deputado por Cádiz (1869) e por Sevilla (1872), e nomeado intendente xeral de Filipinas ao proclamarse a República. Coa Restauración exiliouse ata finais de 1879. Entre as súas obras cómpre citar La república democrática federal universal (1856) e Historia de las clases trabajadoras (1870). Baixo o pseudónimo de Alfonso Torres de Castilla publicou a obra en seis volumes Historia de las persecuciones políticas y religiosas (1863-1866).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Francisca González Garrido.
-
GALICIA
Pintor. Formouse na Escola de Artes e Oficios da Coruña e, cunha bolsa da deputación coruñesa, na Escuela de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1932-1935). Cultivou a paisaxe e o retrato.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Formación lacustre do Cretáceo final e do Paleóxeno definida ao SO de Francia e nos Pireneos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Garumniano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico para designar diferentes aditivos alimentarios que cando se mesturan cun determinado produto producen un desprendemento de dióxido de carbono ao quentarse ou ao entrar en contacto con auga, de maneira que contribúen a conferirlle ao conxunto unha textura adecuada. Os gasificantes empréganse en produtos de confeitería, repostería, panadería, galletas e masas fritas. Os que máis se empregan son os bicarbonatos (de amonio e de sodio), os carbonatos (de amonio, de calcio, de magnesio, de potasio e de sodio), o cloruro e o fosfato de amonio, o ortofosfato de potasio e de sodio, o polifosfato de sodio, o sulfato de amonio e tamén, directamente, o dióxido de carbono.
-
PERSOEIRO
Compositor italiano. Autor de óperas, intermezzi, motetes, cantatas, oratorios e obras didácticas, como o tratado L’armonico practico al cimbalo (1708).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico e teatral italiano. En 1943 debutou como actor de teatro. Fixo varias obras da man de Luchino Visconti antes de iniciar a súa carreira cinematográfica, como Troilo e Cresida ou Un tranvía chamado desexo. En 1952 creou, con Luigi Squarzina, a compañía Teatro de Arte, coa que presentou Hamlet. En 1960 iniciou unha nova andaina co Teatro Popular Italiano, onde contou coa colaboración de Luciano Lucignani. Con esta compañía ofreceu en 1962 no teatro grego de Siracusa unha versión completa da Orestía de Esquilo, na que colaborou Pier Paolo Pasolini como tradutor e adaptador. A finais dos setenta e principios dos oitenta volveu realizar espectáculos como Gassman en subasta (1976) ou Una noche con Vittorio Gassman (1983). O seu primeiro éxito no cine foi co filme Riso amaro (1949), ao que seguiron moitos outros títulos, como Anna (1951), La tratta delle bianche (1952), Cry of the Hunted (1953), The Glass Wall (1953), Rhapsody...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe francés. Duque de Anjou (1608-1626), de Orléans (1626-1660) e de Valois, fillo de Enrique IV de Francia. Conspirou sen éxito contra o cardeal Richelieu e trala morte deste reconciliouse co seu irmán Luís XIII. Lugartenente xeral do reino durante a minoría de idade de Luís XIV, conspirou durante a Fronda, polo que o cardeal Mazzarino o recluíu no castelo de Blois (1652).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre e político. Militante do PSdeG-PSOE desde 1977, foi deputado por Lugo no Parlamento de Galicia na I, II, III e IV lexislaturas (1981-1997). Alcalde de Monterroso desde xullo de 1999. Publicou O entroido de Casa de Naia (1992) e Os muíños de auga na Ulloa (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico alemán. Profesor da Universidade de Friburgo, fixo valiosas achegas á síntese aromática de aldehidos e de cetonas. No 1897, xuntamente con Koch, ideou un procedemento de formilación, que se denomina de Gattermann-Koch e no 1907 unha variante deste que se coñece como síntese de Gattermann.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de obtención de aldehidos, fenois, fenois éteres e outros compostos heterocíclicos por tratamento de substratos aromáticos, con HCN e HCl, en presenza ou non dun catalizador ácido. A reacción é: ArOr + HCN + HCl... RoArCHO + NH4 Cl.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de síntese de aldehidos aromáticos que consiste na formilación de compostos aromáticos policíclicos mediante HCl e CO en presenza de ALCl3 e Cu2Cl2: ArH+CO... ArCHO.
-
PERSOEIRO
Poeta, cineasta e dramaturgo francés. A súa primeira obra, Le Crapaud-Buffle, na que incorporou técnicas cinematográficas, foi levada á escena polo Teatro Nacional Popular de Jean Vilar en 1959. A súa obra, marcada por unha orientación política libertaria, tamén explorou a dimensión formal da escrita e da creación teatral. Despois da publicación en 1970 do seu Petit manuel de guérilla urbaine iniciou unha etapa na que organizou traballos de creación colectiva nos que introduciu elementos fílmicos, consonte o desenvolvemento da súa carreira como director de cine.
VER O DETALLE DO TERMO