Gatti, Armand
Gatti, Armand
Poeta, cineasta e dramaturgo francés. A súa primeira obra, Le Crapaud-Buffle, na que incorporou técnicas cinematográficas, foi levada á escena polo Teatro Nacional Popular de Jean Vilar en 1959. A súa obra, marcada por unha orientación política libertaria, tamén explorou a dimensión formal da escrita e da creación teatral. Despois da publicación en 1970 do seu Petit manuel de guérilla urbaine iniciou unha etapa na que organizou traballos de creación colectiva nos que introduciu elementos fílmicos, consonte o desenvolvemento da súa carreira como director de cine.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Mónaco