"Aïr" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 288.

    1. Relativo ou pertencente a unha chaira.

    2. Natural ou habitante dun lugar ou comarca chaira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Terra Chá ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante da Terra Chá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que carece de desniveis ou desigualdades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • René Lucien Chomette.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e astrónomo. Ingresou na Académie des Sciences no ano 1731 polo seu traballo, realizado aos dezaseis anos, sobre liñas de dobre curvatura. En 1736 participou na expedición, dirixida por P. L. de Maupertuis, a Laponia, para medir un grao de meridiano. Defendeu a hipótese do achatamento polar do globo terráqueo, a consecuencia das medidas dos meridianos, e remarcou que a Terra está formada por capas que están máis achatadas canto máis afastadas estean do centro. En 1758 calculou a data de retorno do cometa Halley. Entre as súas obras cómpre destacar Recherches sur les courbes à double courbure (Investigacións sobre as curvas na dobre curvatura, 1731), Théorie de la figure de la terre (Teoría da figura da Terra, 1743) e Théorie de la lune (Teoría da Lúa, 1752).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fórmula que dá o valor da aceleración da gravidade g nun punto de latitude φ. A expresión teórica é g=ge[1+(5ω2a/2ge-e)sen2φ], onde ge é o valor da gravidade no ecuador, a é o semieixe maior ecuatorial da elipsoide de referencia, e é a súa elipticidade e ω é a velocidade angular da Terra. O valor numérico dáse tomando como elipsoide de referencia un achatamento 1/297.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Claire-Josèphe-Hippolyte Léris de la Tule.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro borgoñón, terceira fundación da orde do Císter, situado na diocese de Langres, preto de Troyes. Establecido no 1115 por san Bernaldo, o seu primeiro abade (1115-1153), converteuse na fundación máis fecunda da orde. A igrexa, rematada en 1174, foi destruída en 1819. En 1918 a abadía transformouse en establecemento penitenciario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto coral da zona da Estrada organizado e dirixido por Xosé Filgueira Baltar. O seu repertorio incluía pezas do folclore galego e obras de, entre outros, Pascual Veiga, Mauricio Farto ou Exidio Paz Hermo. Baixo a iniciativa de Manuel García Barros Ken Keirades, constituíuse un cadro de declamación que, entre outras obras, estreou A gavilla, da autoría de Álvaro de Las Casas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pacifista irlandesa. Fundou, en colaboración con Betty Williams, a asociación Community of Peace People, para promover a pacificación en Irlanda do Norte. Ambas recibiron o Premio Nobel da Paz en 1976.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Paleontólogo e teórico da evolución. Logo de licenciarse en Farmacia, iniciou a partir de 1933 unha intensa colaboración con Fernández de Villalta, que o levou a prospectar numerosos xacementos do Mioceno do Vallés-Penedés; froito deses traballos foi a revisión da estratigrafía empregada tradicionalmente e a introdución dos termos Vallesiano e Turoliano para referirse a dous pisos diferentes do Terciario. En 1952 publicou a súa tese de doutoramento, Los jiráfidos fósiles en España, que lle valeu o recoñecemento internacional, polo que entre 1952 e 1958 organizou os Cursillos Internacionales de Paleontología de Sabadell. Foi catedrático de Paleontoloxía nas universidades de Oviedo (1961) e Barcelona (1963-1972). En 1969 fundou o Instituto Provincial de Paleontología (despois Institut Paleontològic “M. Crusafont”), que dirixiu ata 1983. Paralelamente ás súas contribucións ao estudo dos mamíferos fósiles, dende 1948 realizou unha intensa tarefa de investigación e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado, nos EE UU, á rexión máis favorable para a economía leiteira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chaira de Europa Central, ao S de Romanía, que se estende desde os Alpes de Transilvania ata o Mar Negro, pola marxe esquerda do Danubio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor e escritor. Cursou estudios en Verín, Barcelona e Ourense, onde se diplomou por maxisterio en filoloxía galega, española e inglesa. Discípulo de Xesús Taboada, comezou a colaborar dende o ano 1978 na prensa de Galicia (A Nosa Terra, A Peneira, Faro de Ourense, Faro de Vigo, La Región, La Voz de Galicia, Atlántico Diario, Xornal do Támega) con artigos referentes á etnografía, historia, arqueoloxía, patrimonio, pedagoxía e socioloxía, e en revistas especializadas (A Nosa Memoria de ANT, Revista Galega de Educación, A Peneira, O Irmandiño, A Trabe de Ouro, Revista Galega de Teatro, Escaramuza). Publicou, entre outras obras, Os outros vigos. Coruxo (1987), 70 anos de fútbol en Verín (1990), O entroido en terras de Monterrei (1990), Monterrei, 5 séculos de cultura (1994), García Barbón e o colexio de La Salle no centenario da súa fundación (1995),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Siria (95 - 88 a C). Impúxose a Antíoco X coa axuda de Exipto e repartiu o reino co seu irmán Filipo, co que se puxo a mal máis tarde. Morreu en catividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Humillar a alguén ao non tratalo debidamente, non aceptarlle un regalo ou ofrecemento, ou dalgunha outra forma semellante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desairar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desairear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sacar ou eliminar o aire dun depósito, dunha tubería, dun líquido ou dunha materia pastosa.

    VER O DETALLE DO TERMO