Clairvaux

Clairvaux

Mosteiro borgoñón, terceira fundación da orde do Císter, situado na diocese de Langres, preto de Troyes. Establecido no 1115 por san Bernaldo, o seu primeiro abade (1115-1153), converteuse na fundación máis fecunda da orde. A igrexa, rematada en 1174, foi destruída en 1819. En 1918 a abadía transformouse en establecemento penitenciario.