"AGN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 267.

      1. Forza de atracción dun imán.

      2. Conxunto de fenómenos de atracción e repulsión que producen os imáns ou as correntes eléctricas.

      3. Parte da física que estudia as propiedades dos campos magnéticos e as interaccións entre os imáns. O seu obxecto de estudo limítase ao dos imáns desde que en 1819 H. C. Ørsted demostrou que existía unha relación entre os fenómenos eléctricos e os magnéticos. M. Faraday e J. Henry concretaron esta relación, e foi J. C. Maxwell quen o expuso, aínda que as súas ecuacións só describen o comportamento macroscópico das substancias eléctricas e magnéticas. En 1852 W. Weber propuxo que o magnetismo tiña relación coa estrutura íntima da materia, o que foi interpretado despois por P. Langevin e P. Weiss, ata que se admitiu que é unha propiedade de natureza atómica ou subatómica, debido a que os átomos ou ións presentan momentos magnéticos non nulos. Segundo a orientación dos momentos magnéticos, fálase de diamagnetismo, paramagnetismo, ferromagnetismo, ferrimagnetismo e antiferromagnetismo.

      4. magnetismo remanente

        Magnetismo que queda nunha substancia magnética ao ser suprimida a excitación magnética.

      5. magnetismo terrestre

        Conxunto de fenómenos relacionados co comportamento magnético do globo terrestre.

      1. Atracción que unha persoa ou cousa exerce sobre outra.

      2. magnetismo animal

        Acción que unha persoa exerce sobre outra nunhas determinadas condicións e que producen fenómenos de suxestión e de hipnotismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óxido ferroso e férrico, de fórmula Fe3O4 que cristaliza no sistema cúbico, xeralmente octaédrico ou rombododecaédrico, pero ás veces preséntase en masas de gran groso ou fino. É opaca, de cor negra e ten unha dureza 5,5-6,5 e unha densidade 5,2. É altamente magnética, un mineral abundante e unha mina importante do ferro. OBS:Tamén se denomina pedra imán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser magnetizado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de magnetizar.

    2. imantación.

    3. Acción e efecto de someter a alguén a magnetismo animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen magnetiza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que magnetiza.

    2. Campo magnético que está destinado a producir unha imantación.

    3. Corrente eléctrica que está destinada a crear un campo magnetizante.

    4. Intensidade de campo dun campo magnético.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. imantar.

      1. Someter a alguén ao proceso do magnetismo animal.

      2. Exercer sobre alguén unha forte atracción ou influencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xerador de corrente alterna que se emprega en motores de combustión interna para producir a chispa de encendido, en que o indutor é un grupo de imáns permanente. Aplícase en motores pequenos, nalgúns automóbiles de competición e nos motores de aviación. OBS: Tamén se denomina prato magnético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘magnetismo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio da circulación dos gases condutores ionizantes a altas temperaturas, que son sometidos á acción de campos magnéticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos fenómenos caloríficos que se producen ao imantar unha substancia ferromagnética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica que estudia os campos magnéticos que crea o corazón.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Aplícase ao aparato cun campo magnético que se produce mediante un imán permanente.

      2. aproximación magnetodinámica

        Situación, no estudo dos plasmas, en que o campo magnético é moi feble.

    1. magnetohidrodinámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da física que estudia a relación entre as propiedades magnéticas e as elásticas dos corpos. Entre os fenómenos que estudia destaca a magnetostrición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á máquina ou aparato eléctrico ou de medida en que o campo magnético é producido por imáns permanentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica que estudia o campo magnético que crea o cerebro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica estratigráfica que estudia o magnetismo restante das rochas sedimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao magnetófono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato de rexistro magnético de sons que se basea na imantación permanente dun soporte axeitado, xeralmente unha cinta magnética. Permite rexistrar e reproducir todo tipo de información acústica e tamén impulsos que non pasen o límite das frecuencias audibles (20 kHz). A base onde se fai o rexistro é unha cinta magnética disposta nunha bobina que, desenrolada adecuadamente, pasa a enrolarse noutra. O elemento activo que realiza o rexistro é o cabezal de rexistro, que aplica un campo magnético sobre a cinta, que se despraza a unha velocidade constante, á vez que se mantén sempre en contacto con ela. O aparato dispón dun motor eléctrico regulado, co fin de manter a velocidade constante, e tamén dun sistema electromecánico que mantén a cinta tensa. Outro cabezal magnético, o cabezal de reprodución, recolle as diferencias de magnetismo remanente da cinta a través do entreferro, e o sinal recollido pasa a un amplificador e ao altofalante, que reproduce a información previamente rexistrada....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da mecánica de fluídos que estudia o movemento dos fluídos electrizados, sometidos á acción de campos magnéticos. Hai dous temas que centran o interese da magnetohidrodinámica: a análise dos movementos de grandes masas de plasma estelar e interestelar, e a investigación de técnicas para almacenar nunha zona reducida de espazo o plasma nuclear. OBS: Tamén se denomina magnetodinámica de fluídos.

    VER O DETALLE DO TERMO